O Casás, novo líder da xuvenil tras golear ao Burela e perder o Meigallos en casa

O Vilalba sumou os tres puntos ante o Ventorrillo e abandona a última praza da clasificación mentres o Guitiriz aprazou o duelo para o xoves

O Casás é o novo líder do grupo nesta segunda xornada de liga tras superar con claridade ao Concello de Begonte, ao que venceu por 10-5. Na primeira parte o Casás tardou máis en coller ritmo ante un rival que estaba forte fisicamente. Os amarelos puxéronse por diante cedo subindo o 2-0 aos seus minutos.

O Begonte non deixou pasar a ocasión para empatar cun final de primeira parte de infarto no que chegaron a estar empatados a 3 para irse finalmente 4-3 con moitas ocasións para os dous.

Na segunda volveron as ocasións para marcar do Begonte aínda que se quedaron en ocasións e o Casás si sumou goles. Co 5 para catro os chairegos encaixaron un par de tantos nas transicións e a conta foise das mans. Malia que o Casás xogou mellor un resultado tan avultado non reflicte o que pasou na cancha.

O Vilalba tamén venceu na xornada do domingo ao Ventorrillo nun partido con poucos goles. Os locais tiveron que levantar o 0-1 en contra que lucían aos 6 minutos de duelo e antes do descanso xa estaban por diante. Na segunda parte o marcador non se moveu.

Consulta aquí a clasificación

Pola contra, derrota do Meigallos na casa ante o Hércules pola mínima diferenza. Os sarriaos tiñan dous goles en contra no minuto 11 e refixéronse antes da pausa marcando o primeiro. Na segunda metade, o Meigallos logrou un empate que daba moitas opcións pero no último minuto o Hércules marcou o tanto da vitoria.

MEIGALLOS 2 - 3 HÉRCULES

Os Meigallos FS: Álex, Rubén, Gonzalo, Pablo, Borja (1), Saúl Tourón, Adrián, Brais (1), Iago e Saúl Fernández.
Sport Sala Hércules FS: Daniel, Fernando Conchado, Rodrigo, Darío (2), Fernando Codesal, Martín, Matías (1) e Sergio.
Cancha: Municipal José Mario González.

 VILALBA 2 - 1 VENTORRILLO

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Diego M, Brais, Michael (1), Pablo L, Pablo D, Pedro, David e Javier (1).
Transricard Distrito Ventorrillo FS: Rubén; David, Diego, Xoel (1), Noé, Alejandro P, Aarón, Nicolás e Alejandro A.
Cancha: Municipal de Vilalba.

CASÁS 10 - 5 BEGONTE

Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel, Sami (3), Alberto, Diego (3), Jorge, Uxío, Alejandro, Alonso (4) e Pablo.
Concello de Begonte FS: Daniel C, Martín (2), Rodrigo, Pablo (1), José María (1), Daniel F, Anxo (1), Manuel, Antonio e Ramón.
Cancha: Casa do Deporte.
                                                       
 
LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO A

                       Resultados xornada 2    

Meigallos 2-3 Hércules
Vilalba 2-1 Ventorrillo
Casás 10-5 Begonte 
5 Coruña A Guitiriz 
  D Burela 

                       Próxima xornada                                                         

Burela - Meigallos
Hércules - Vilalba
Ventorrillo - Casás
Begonte - 5 Coruña
  D Guitiriz