O Burela faise co derbi do grupo alto ante o Meigallos nun emocionante partido

O Casás recupera a senda da vitoria tras superar ao Guitiriz mentres o Vilalba ponse líder do grupo 2º

Grupo 1º

Xa se prometía que se sería un duelo emocionante o que ían disputar os dous lugueses que pelexan polo título, o Burela e o Meigallos que se disputaron no Vista Alegre o liderado do grupo que queda agora nas mans do equipo laranxa.

Partido moi igualado e emocionante onde calquera dos dous equipos puido gañar pero que se decantou do lado do Burela. A primeira parte rematou 2-2 xa que os laranxas adiantáronse en dúas ocasións pero o Meigallos non se quedou atrás. Na segunda parte foron os sarriaos supereiores pero o Burela tivo máis efectividade con dous goles de balón parado. O Meigallos tivo ocasións pero non as aproveitou e o resultado final foi 4-3.

Consulta aquí a clasificación

BURELA 4 - 3 MEIGALLOS

Pescados Rubén Burela FS: Roi, Hugo (1), Rafael (3), Saúl, Fernando, Javier, Bruno, Diego, Lucas, Luis e Isaias.
Os Meigallos FS: Saúl T, Brais (1), Gonzalo (1), Pablo (1), Borja, Álex, Adrián, Iago, Xoel e Saúl F.
Cancha: Vista Alegre.

 

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 1º 

                Resultados xornada 3

Bueu A Carballiño
Burela 4-3 Meigallos
Hércules 7-0 Redondela

Próxima xornada

Hércules - Carballiño
Meigallos - Bueu
Redondela - Burela

 

      

Grupo 2º

O Vilalba ponse en cabeza do seu grupo co permiso do Begonte, que descansou esta fin de semana e polo tanto ten un partido menos. O conxunto chairego bateu ao Marín por 6-3 tras dez minutos iniciais nos que foi claramente superior, cun parcipal de 4-0. Baixou un pouco o pistón a patir de aí pero aínda fixo na primeira parte dous goles máis por dous do rival. 

A segunda foi máis de seca e só quedou un último tanto para completar o 6-3 co que se rematou.

VILALBA 6 - 3 MARÍN

Grupo Forma-T Vilalba FS: Dilan, Diego A, Javier (1), David (1), Pablo (1), José, Diego M, Michael (1), Mario (1), Pablo e Brais (1).
Aceites Abril Marín Futsal: Antón, Cristian, Edgar (3), Marcos, Hugo, Joel, Manuel e Mateo.
Cancha: Municipal de Vilalba.

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 3

Vilalba 6-3 Marín
Begonte D Pecheches

        Próxima xornada  

Begonte - Pecheches
Marín D Vilalba

 

Grupo 3º

O Casás logrou a primeira vitoria desta segunda fase ás costas do Guitiriz polo que os dous equipos quedan empatados no centro da clasificación.

Dominaron os de Nino o duelo e contaron, esta vez si, cunha gran porcentaxe de acerto e finalización, algo do que adoleceron nos últimos partidos malia xogar ben. Os dous goles nos primeiros cinco minutos non lles sentaron ben aos locais que reaccionaron pero non foi suficiente. No descanso o Casás xa estaba 2-4 e xusto á volta volveron coller o camiño da portería rival para levantar o resultado ata o 2-9 final.

Consulta aquí a clasificación

GUITIRIZ 2 - 9 CASÁS

EDM Concello Guitiriz FS: Yanira, Xoel (1), Aitor, Sergio (1), Anxo, Iago, Lois e Bruno.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Sami (1), Iván, Alberto, Diego (4), Alonso (3), Pablo, Jorge e Manuel (1).
Cancha: Jonathan Carro.

               

LIGA GALEGA XUVENIL GRUPO 2º 

                Resultados xornada 3

La Peña 6-3 Sala Ourense
Guitiriz 2-9 Casás
Ventorrillo 7-4 Campito

        Próxima xornada 

Ventorrillo - Sala Ourense
Casás - La Peña
Campito - Guitiriz

  

Liga Feminina

O Burela disputará o 1 de maior as semifinais do campionato de Liga na súa Fase Final. Será o único representante da provincia.               

LIGA GALEGA FEMININA - FASE FINAL

         Semifinais (1/05)

Bembrive - Narón 
Burela - Poio