Arranca a Copa feminina coa única vitoria do Castro, no duelo co Ribeira

Triunfo claro do Casás sobre o Meigallos no derbi da xornada na masculina e máis apertada do Ribeira sobre o Betazos

Liga Galega Masculina

A falta de dúas xornadas para o fin da Liga, celebrouse unha nova sesión esta fin de semana na que destacou o derbi Casás-Meigallos, no que a vitoria foi clara do lado amarelo (6-1). Foron os sarriaos os que estrearon o marcador pero aos cinco minutos empataron os locais e puxeron o marcador do seu lado antes de facer o descanso. Na segunda parte foron superiores para abrir fenda nos minutos finais.

Vitoria moi axustada do Ribeira, co Troula Betanzos, ao que gañou por 2-3 nun partido no que os lugueses estiveron a punto de botar pola borda todo o traballo feito na primeira parte. Abriron os visitantes unha fenda de 0-3, dous na primeira parte e o terceiro no minuto 35. Dous minutos despois marcou dous goles seguidos o local que puxeron en perigo a vitoria.

Derrota para o equipo do Lugo Sala, o Acasti Reformas, que foi superado amplamente polo Parrulo A. Un contundente 0-6 marcou o partido. A superioridade quedou manifesta ao completar un avultado marcador sen dar opcións de gol aos locais.

Consulta a clasificación aquí

BETANZOS 2 - 3 RIBEIRA

Troula Betanzos: Javier, Julián, Pablo, Jaime, Mateo, Hugo, Lucas, Samule, Arón e Jorge.
Ribeira FS: Juan, Aarón, Mario, Andrés, Pablo A, Érik, Jorge, Saúl, Pablo M, Adrián e Antón.
Cancha: Miño.

ACASTI REFORMAS 0 - 6 PARRULO A

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Alan, Lucas, Samuel, Martín, Gabriel, Xoel, Pablo, Yeray e Mateo.
Prink-O Parrulo A: Lucas, Xavier, Antonio, Mikel, Héctor, Ian, Hugo, Gorka, Daniel e Nicolás.
Cancha: O Palomar.

CASÁS 6 - 1 MEIGALLOS 

Club Polideportivo Casás: David A, Diego, Israel, Pablo, Hernán, Erik, Enrique e Telmo.
Os Meigallos FS: Joel, Izan L, Luca, Yago, Alejandro, Luis, Rubén, Diego e Izan V.
Cancha: O Palomar.

 

Resultados xornada 24

O Esteo 12 3 La Salle
Hércules A 1 3 Alto do Vento
Betanzos 2 3 Ribeira
Acasti Reformas 0 6 O Parrulo A
Casás 6 1 Os Meigallos
Stellae 0 6 5 Coruña
Begonte A Galicia Gaiteira

Próxima xornada 

O Esteo - - Galicia Gaiteira
La Salle - - Hércules A
Alto do Vento - - Betanzos
Ribeira - - Acasti Reformas
O Parrulo A - - Casás
Os Meigallos - - Stellae
5 Coruña - - Begonte

 

 

Copa Infantil Feminina

Comeza a Copa Infantil cos equipos da categoría divididos en tres grupos, dous deles con representación luguesa. No 2, o Monterroso caeu ante no 5 Coruña cun axustado marcador, mentres que o Al Metro descansou. O equipo da Ulloa abriu o marcador moi cedo pero o local non tardou en empatar. Estiveron así ata o tramo final, cando o coruñés marcou o gol da vitoria.

No grupo 3, única vitoria para o Castro, que se coloca na segunda parza detrás dun Viaxes Amarelle que foi implacable co Burela.

O equipo chairego venceu ao Ribeira por un axustado 0-2, cun gol en cada tempo e cunha importante igualdade en pista.

Derrota avultada do Burela ante o Viaxes Amarelle, que as envía á última posición da táboa. 2-10 perderon as laranxas, que encaixaron desde a primeira xogada. O visitante abriu un parcial de 0-5 no intermedio. Na segunda parte tiveron que chegar ata o 0-8 para que o Burela puidese inaugurar o marcador con dous tantos case seguidos. O coruñés completou a goleada sobre a bucina.

GRUPO 2

Consulta a clasificación aquí

5 CORUÑA 2 - 1 MONTERROSO

5 Coruña FS Duacode-CD Seguridade Galega: Valentina, Sara Blanco, Celia, Noa, Xiana, Carlota e Teresa.
Monterroso SD: Cecilia, Antía, Letizia, Ariadne, Neusa, Sara, Lucía, Aroa, Sofía e Esmenia.
Cancha: Novo Mesoiro.
 

Resultados xornada 1

5 Coruña 2 1 Monterroso
  D Al Metro

Próxima xornada

Al Metro - - Monterroso
  D 5 Coruña
 

GRUPO 3

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 0 - 2 CASTRO

Ribeira FS-Lieders: Saínza, Alma, María, Xenia, Nerea, Leire, Shaila, Jimena, Antía e Sara.
FSF Castro Carnemax María, Marta, Ainara, Emma, Lucía, Ruth, Aldara, Ainhoa e Xiana.
Cancha: Municipal de Lugo.

BURELA 2 - 10 AMARELLE

Pescados Rubén Burela FS: Elsa, Ikram, Adriana, Nayra, Lucía, Cintya, Andrea, Irene, Alba, Lola e Ainara.
Viaxes Amarelle FS: María, Marta, Carolina, Antía, Rocío e Paula.
Cancha: Vista Alegre.
 

Resultados xornada 1

Burela 2 10 Viaxes Amarelle
Ribeira 0 2 Castro

Próxima xornada

Ribeira - - Viaxes Amarelle
Castro - - Burela