O Castro remata na cuarta praza na Liga feminina, que disputou a última xornada

Ribeira e Acasti Reformas vencen os seus duelos, mentres que o resto de equipos da provincia sumaron derrotas

Liga Galega Masculina

A falta de tres xornadas, o Acasti Reformas perfila as súas opcións. Situado na quinta praza pode optar á cuarta pero ten por detrás tres equipos que están á espera do fallo para mellorar na xeral.

Esta fin de semana disputou o derbi co Meigallos, equipo xa descendido á liga provincial, con vitoria para o de Lugo por 1-4. Comezaron fortes os do Lugo Sala, que marcaron de penalti nos primeiros compases e na pausa xa tiñan dos gole no peto. Na segunda parte ampliou a vantaxe o Acasti Reformas antes de que o Meigallos se achegase. O cuarto do visitante entrou no último minuto.

Na oitava praza está o Ribeira, que esta fin de semana foi moi superior ao Hércules, ao que derrotou cun marcador de 9-3. Os dous primeiros goles, un para equipo, subiron ao marcador antes do primeiro minuto de xogo, pero se repetiu a situación. A partir do minuto 14 o Ribeira mostrou a súa superioridade con catro goles seguidos para deixar o marcador en 5-2 no intermedio. Seguiron abrindo fenda nos minutos finais. Matematicamente ten o equipo posibilidades de alcanzar ao Acasti Reformas.

Algo máis descolgado pero coa permanencia asegurada está o Casás, que esta fin de semana foi derrotado por un dos aspirantes ao título de Liga, o 5 Coruña. Caeu derrotado por 6-1 e co obxectivo cumprido da permanencia, o adestrador optou por centrar a sesión na aprendizaxe para o próximo curso. Na primeira metade o rival xa tiña o 4-0 no marcador, que foi 5 xusto á volta de vestiarios. Achegouse o lugués pero o 5 Coruña quixo manter a vantaxe cun gol máis.

Na última praza da táboa está o Begonte, que novamente foi goleado, nesta ocasión polo Stellae, un dos de arriba, que dominou o electrónico cun contundente 1-10. O rival abriu fenda cun 0-5 antes do intermedio e na segunda parte, puido estrearse o chairego, pero non o deixou pasar de aí. O equipo, que conta cunha única vitoria, non volverá, en principio, á Galega o ano que vén.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 9 - 3 HÉRCULES

Ribeira FS: Juan, Mario, Iago, Andrés, Antón, Érik, Álex, Saúl, Andrés, Ignacio, Adrián e Hugo.
AJ. Pombo Hércules FS A: Mateo P, Luis, Mateo R, Hugo, Cristian, Mateo A, Miguel, Jorge e Ian.
Cancha: Somos Fútbol.

BEGONTE 1 - 10 STELLAE

Concello de Begonte FS: Aleixo, Víctor, Samuel, Aarón, Vicente, Hugo F, Hugo P , Álex e Rodrigo.
Stellae FS-Men: Mateo, Pablo G, Martín, Iván, Sabela, Xavi, Pablo O, Manuel, Iván, Alén e Xoel.
Cancha: Municipal de Baamonde.

MEIGALLOS 1 - 4 ACASTI REFORMAS

Os Meigallos FS: Joel, Luis, Izan L, Luca, Alejandro, Rubén, Ignacio, Izan V e Yago.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Alan, Lucas, Gabriel, Yeray, Samuel, Mateo, Enzo, Pablo e Álex.
Cancha: O Chanto.

5 CORUÑA 6 - 1 CASÁS

Academia 5 Coruña FS A: Ariel, Anxo, Pablo, Miguel, Eder, David, Thiago, Iago, Luis Adrián, Brais e Hugo.
Club Polideportivo Casás: David A, Hermán, Diego, Israel, David L, Erik, Enrique e Pablo.
Cancha: San Francisco Javier.

 

Resultados xornada 23

Galicia Gaiteira 17 0 La Salle
Alto do Vento 3 0 O Esteo
Ribeira 9 3 Hércules A
O Parrulo A 5 0 Betanzos
Os Meigallos 1 4 Acasti Reformas
5 Coruña 6 1 Casás
Begonte 1 10 Stellae

Próxima xornada 

O Esteo - - La Salle
Hércules A - - Alto do Vento
Betanzos - - Ribeira
Acasti Reformas - - O Parrulo A
Casás - - Os Meigallos
Stellae - - 5 Coruña
Begonte - - Galicia Gaiteira

 

 

Liga Infantil Feminina

Fin de festa para a Liga feminina, que celebrou a última sesión con poucos puntos para os equipos da provincia, que, agás o Burela, quedan na parte media da táboa.

O Castro quedou na cuarta praza da xeral. Para iso venceu esta fin de semana ao Burela, que remata sen puntos e como último clasificado.

O derbi da última sesión foi desigual. O equipo vermello marcou os tres primeiros goles na primeira metade e os outros dos na segunda.

A dous puntos do Castro quedou o Al Metro, que caeu esta fin de semana ante o campión de Liga, o Viaxes Amarelle. A derrota impide puntuar ao equipo lugués pero deixa unha boa actuación, xa que bloqueou ao coruñés para que non golease como ten por costume. O primeiro gol foi no primeiro tempo e o segundo despois da pausa, en propia porta por un rexeite.

Na sexta praza remata o Ribeira que tampouco puido puntuar na última sesión, xa que foi derrotado polo 5 Coruña por 7-3.

Dominio do equipo coruñés, que na primeira parte tivo problemas para facerse co partido, xa que, aínda que marcou rápido, non foi ata a segunda parte que puido ampliar o resultado. No minuto 35' estaban 4-1 e o resto de goles chegaron en 5 minutos. O Ribeira achegouse pero finalmente o rival abriu fenda nos intres finais.

O debutante Monterroso rematou esta primeira Liga ocupando a sétima praza da competición e con táboas co Lago, rival directo na táboa. Empataron 2-2 nesta última sesión logo de poñerse por diante nas primeiras xogadas o equipo das Pontes, o segundo gol en propia porta das locais. Antes do intermedio marcaron os outros dous as monterrosinas e logo o marcador non se moveu máis.

Consulta a clasificación aquí

5 CORUÑA 7 - 3 RIBEIRA

5 Coruña FS Duacode-CD Seguridade Galega: Valentina, Carlota, Sara Blanco, Celia, Xiana, Olivia, Noa e Sara Barros.
Ribeira FS-Lieders: Saínza, Alma, María, Xenia, Nerea, Shaila, Cira, Jimena, Paula e Antía.
Cancha: Novo Mesoiro.

BURELA 0 - 6 CASTRO

Pescados Rubén Burela FS: Elsa, Sara, Nayra, Lucía, Ainara, Cintya, Ángela, Andrea, Irene, Alba e Lola.
FSF Castro Carnemax María, Marta, Ainara, Emma, Lucía, Ruth, Aldara, Ainhoa, Xiana e Valeria.
Cancha: Vista Alegre.

AL METRO 0 - 2 AMARELLE

ADC Lugo Sala al Metro: Natalia, Andrea, Uxía, Nadia, Marina, Sheila e Alexia.
Viaxes Amarelle FS: Raquel, Valentina, Antía, Rocío, Alexandra e Yulia.
Cancha: Municipal de Lugo.

MONTERROSO 2 - 2 LAGO

Monterroso SD: Cecilia, Letizia, Ariadne, Neusa, Antía, Sara, Aroa, Esmenia e Lucía.
Marble Lago DVSport: Daniela F, Laura, Antía, Daniela C, Sheyla, Ainara, Aroa, Candela, Paula, Andrea, Beatriz e Sabela.
Cancha: Pavillón Taboada.
 

Próxima xornada

Narón 9 2 Parrulo
5 Coruña 7 3 Ribeira
Burela 0 6 Castro
Al Metro 0 2 Viaxes Amarelle
Monterroso 2 2 Lago