A provincia queda sen representación nas competicións copeiras masculina a feminina

No primeiro caso, o Concello de Begonte seguiu os pasos do Casás e perdeu ante o Alto do Vento. Ademais, o Al Metro foi eliminado polo Viaxes Amarelle

Copa Masculina

Os equipos da provincia din adeus á competición copeira na fase de oitavos. O Casás, que xogou adiantado a pasada fin de semana, xa se despediu cunha derrota ante o Stellae. Esta fin de semana foi a vez do Concello de Begonte, que caeu por 2-4 ante o Alto do Vento. Foi un partido moi igualado, que se decidiu no tramo final. Produciuse un único gol na primeira parte, por parte dos visitantes e á volta de vestiarios foi o chairego o que lle deu a volta ao marcador con dous tantos en dous minutos. Non deixou descansar o Alto do Vento, que, deseguido, remontou para completar a vitoria cun 2-4.

 BEGONTE 2 - 4 ALTO DO VENTO

Concello de Begonte FS: Aleixo, Víctor, Samuel, Hugo F, Vicente, Hugo P, Daniel, Aarón, Álex e Rodrigo.
Alto do Vento FS Fink Orfebres: Rubén, Antón, Tomás, Guillermo, Pablo, Andrés, Pedro e Hugo.
Cancha: Municipal de Baamonde.

Resultados Oitavos 

Galicia Gaiteira 10 0 Hércules A
O Parrulo A 3 3 5 Coruña
Saraiba do Mar 2 3 Coruxo A
Pecheces 6 0 Celanova
Tui 1 1 Redondela
Cios Vigo 3 5 Coles
Stellae 7 3 Casás
Begonte 2 4 Alto do Vento

Próxima xornada: cuartos (19/05)

Galicia Gaiteira - - O Parrulo A
Coruxo A - - Pecheces
Tui - - Coles
Stellae - - Alto do Vento

 

Copa Infantil Feminina

O Al Metro tamén se despediu esta fin de semana da competición de Copa, neste caso na fase de cuartos. Caeu ante o poderoso Viaxes Amarelle por un axustado 1-2 o que deixa á provincia sen representación.

Partido extremadamente igualado que se mantivo co marcador a cero ata un minuto antes do intermedio, cando entraron dous goles seguidos, o primeiro do local e o segundo do visitante. Estiveron sen cambios ata o último minuto, cando o Amarelle evitou os penaltis marcando xusto antes do final.

 AL METRO 1 - 2 AMARELLE

ADC Lugo Sala Al Metro: Natalia, Andrea, Alexia, Candela, Marina, Sheila, Uxía e Nadia.
Viaxes Amarelle: Rocío, Martina, Antía, Alma, Maira e Ariana.
Cancha: O Palomar.

Resultados Cuartos 

Narón  S 5 Coruña
Al Metro 1 2 Amarelle
Poio A Carballiño
La Peña 6 0 Chapela