O Casás elimina ao Acasti Reformas e estará en oitavos xunto ao Begonte como únicos lugueses

O Al Metro cóase en cuartos na feminina despois de golear ao Lago, sesión que terá lugar en dúas semanas

Copa Masculina

O único supervivente da provincia da fase previa foi o Casás, que derrotou ao Acasti Reformas para entrar na fase de oitavos, onde xa estaba clasificado ao Concello de Begonte.

O equipo amarelo, venceu nun duelo apertado ao Acasti Reformas (7-6). O equipo do Lugo Sala comezou dominando o partido, que no intermedio firmaba un 1-3. Na segunda parte comezou a remontada do Casás, que puxo as táboas o 3-3 e logo se adiantou ata o 5-3. Igualou o rival no último tramo e despois o Casás tamén o fixo. Co 6-6 no marcador o gol da vitoria foi obra do equipo local nos últimos segundos foi por dobre penalti, o que trouxo as queixas de tres xogadores do Acasti Reformas, que foron sancionados.

Cun marcador axustado tamén perdeu o Ribeira ante o Stellae (5-4). Moita igualdade durante todo o partido e intercambio de dominio no marcador aínda que na pausa gañaba o local por 4-2. No regreso chegaron a poñerse 4-4, resultado co que xogaron dez minutos, ata que o rival marcou o gol da vitoria, apeando ao Ribeira da competición.

Tamén cun resultado máis que xusto o Meigallos quedou fóra da Copa. 3-2 caeu ante o 5 Coruña logo de abrir o marcador e marchar ao descanso así por diante. Tres goles seguidos no reinicio deixaron o marcador en 2-2 e non tardou en volver meter gol o local e o resultado non se moveu máis.

CASÁS 7 - 6 ACASTI REFORMAS

Club Polideportivo Casás: David A, Érik, Diego, Israel, David L, Martín, Hernán, Enrique e Telmo.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Alan, Lucas, Antón, Samuel, Gabriel, Xoel, Pablo, Yeray e Mateo.
Cancha: Municipal de Lugo.

 STELLAE 5 - 4 RIBEIRA

Stellae FS-Men: Xavi, Aldán, Martín, Iván B, Manuel, Mateo, Pablo e Iván de la I.
Ribeira FS: Juan, Mario, Adrián, Pablo A, Hugo, Érik, Aarón, Iago, Andrés e Antón.
Cancha: Grupo Escolar.

5 CORUÑA 3 - 2 MEIGALLOS

Academia 5 Coruña FS A: David, Leonardo, Alejandro, Iago, Hugo, Ariel, Thiago, gonzalo, Pablo del P, Leo e Pablo G.
Os Meigallos FS: Joel, Izan, Luca, Yago, Alejandro, José Armando, Rubén e Diego.
Cancha: Novo Mesoiro.

 

Resultados Dezaseisavos

Galicia Gaiteira 9 0 O Esteo
Hércules A 7 3 La Salle
O Parrulo A A Betanzos
5 Coruña 3 2 Os Meigallos
Saraiba do mar A Campito
Coruxo A 5 2 Futbol en 40x20
Tui 5 1 Basalo
Redondela A La Peña
Carballiño 0 12 Cios Vigo
Bueu A Coles
Stellae 5 4 Ribeira
Casás 7 6 Acasti Reformas

Próxima xornada: Semifinal Liga

5 Coruña - - Coruxo
Pecheches - - Galicia Gaiteira

 

Copa Infantil Feminina

O Al Metro será o único equipo da provincia e coarse en cuartos de final de Copa na categoría. Para iso goleou de forma inclemente ao Lago (12-0) no Palomar. O equipo do Lugo Sala foi moi superior e abriu nos dez primeiros minutos unha fenda de 3-0, que foi de 6-0 ao descanso. Na segunda seguiu a superioridade local ata acadar os doce goles. 

O Monterroso, que tiña que xogar co Amarelle, retirouse da competición polas condicións complicadas que lle correspondían a este equipo xogando fóra continuamente.

Así, o Ribeira e o Castro quedaron fóra por derrota. O primeiro caeu ante o Narón por 5-1. Un gol en propia porta deu o primeiro ao equipo local, que sumou o segundo ao minuto seguinte, resultado co que foron ao descanso. Na segunda parte seguiron cun terceiro tanto, antes de que o equipo azul intentara achegarse co único que marcou, pero o local seguiu abrindo fenda. 

O Castro perdeu por pouco pero tamén queda fóra. O 5 Coruña foi o que se clasificou tras abrir o marcador no primeiro minuto. Aos dez xa estaba con dous no peto e non foi ata o 24 que o Castro aproximouse, pero non puido pasar de aí.

AL METRO 12 - 0 LAGO

ADC Lugo Sala Al Metro: Natalia, Alexia, Nadia, Candela, Marina, Andrea, Sheila e Uxía.
Marble Lago DVSport: Daniela F, Laura, Paula, Daniela C, Sheyla, Emma, Carla, Noa, Ainara, Candela, Andrea e Sabela.
Cancha: O Palomar.

NARÓN 5 - 1 RIBEIRA

SDCyR Narón O Freixo: Icía B, Carla, Laura, Carmela, Aurora, Jimena, Icía R e Alicia.
Ribeira FS Lieders: Saínza, Alma, Xenia, Nerea, Antía, Shaila, María e Jimena.
Cancha: As Lagoas.

5 CORUÑA 2 - 1 CASTRO

5 Coruña FS Duacode-CE Seguridade Galega A: Valentina, Olivia, Celia, Noa, Sara Barros, Carlota, Sara Blanco e Xiana.
FSF Castro Carnemax María, Marta, Ainara, Emma, Lucía, Ruth, Aldara, Ainhoa e Xiana.
Cancha: Ventorrillo.

 

Resultados Oitavos de Copa

Narón  5 1 Ribeira
5 Coruña 2 1 Castro
Al Metro 12 0 Lago
Amarelle S Monterroso
Carballiño 2 0 Marín
La Peña 16 0 La Peña B
Ourense 2 3 Chapela

Cuartos (12/05)

Narón  5 1 5 Coruña
Al Metro 12 0 Amarelle
Poio 2 0 Carballiño
La Peña 16 0 Chapela
 

Próxima xornada: Semifinal Liga

Amarelle - - Poio
La Peña - - Narón