Catro equipos da provincia clasificados provisionalmente para os oitavos de Copa na feminina

O Ribeira vence no derbi ao Casás e o Acasti Reformas gaña no último partido de Liga, no que conservan a categoría para o próximo ano e fóra da loita polo título

Liga Galega Masculina

Fin de festa na categoría infantil masculina, pero cun partido pendente, entre o o Meigallos e o Begonte, os dous xa descendidos, que terá lugar o domingo próximo. No resto, vitoria do Acasti Reformas e do Ribeira, este último no duelo co Casás.

Os tres equipos seguirán na categoría o ano próximo pero ao quedar por medio da táboa non xogarán a fase polo título.

O Acasti Reformas finaliza na cuarta praza logo de vencer ao Alto do Vento por un contundente 5-0 nun partido no que tardou en abrirse a caixa dos goles, pero cando se fixo entraron tres rápidos antes do intermedio. Na segunda parte completaron con dous goles máis.

O derbi entre Casás e Ribeira foi para o equipo azul, que abriu unha ampla vantaxe de 3-8. Comezou marcando o equipo amarelo cedo pero o ribeirao remontou rapidamente ata poñerse 1-5 no intermedio, aproveitando tamén a falta de finalización dos de Nino. Na segunda parte o Casás achegouse con dous goles máis que foron contestados polo Ribeira.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 5 - 0 ALTO DO VENTO

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Miguel, Lucas, Samuel, Martín, Gabriel, Antón, Pablo e Mateo.
Alto do Vento FS-Fink Orfebres: Mateo, Antón, Tomás, Hugo, Guillermo, Eduardo, Andrés, Alejandro e Breixo.
Cancha: O Palomar.

 CASÁS 3 - 8 RIBEIRA

Club Polideportivo Casás: David A, Érik, Diego, Israel, David L, Hernán e Enrique.
Ribeira FS: Erik, Mario, Andrés, Pablo A, Hugo, Juan, Daniel, Saúl, Aarón, Iago, Ignacio e Antón.
Cancha: O Palomar.

 

Resultados xornada 26

Hércules A 0 3 O Esteo
Betanzos 7 1 La Salle
Acasti Reformas 5 0 Alto do Vento
Casás 3 8 Ribeira
Stellae 3 8 O Parrulo A
Begonte A Os Meigallos
Galicia Gaiteira 1 2 5 Coruña

 

 

Copa Infantil Feminina

O Al Metro, equipo o Lugo Sala, logra a clasificación para oitavos de Copa ao vencer por partida dobre aos seus rivais, ao Monterroso en partido adiado e ao 5 Coruña na última sesión. Ante o coruñés as de Lugo axustaron o resultado, cun 1-2, que chegou nos intres finais, despois de ter empatado o rival na segunda parte.

No duelo adiado venceu con rotundidade ao Monterroso (7-3), equipo ao que despraza á última praza da clasificación, aínda que se clasifica como segundo mellor terceiro de grupo. Neste segundo partido foi o equipo da Ulloa o que abriu a conta pero en poucos minutos o local deulle a volta ao marcador para afastarse ata o 3-1 no intermedio. Na segunda achegouse o Monterroso pero o local seguiu abrindo fenda. 

GRUPO 2

AL METRO 7 - 3 MONTERROSO

ADC Lugo Sala Al Metro: Natalia, Andrea, Alexia, Nadia, Candela, Sheila e Marina.
Monterroso SD: Cecilia, Ariadne, Neusa, Antía, Letizia, Sara, Sofía, Aroa, Esmenia e Lucía.
Cancha: O Palomar.

5 CORUÑA 1 - 2 AL METRO

5 Coruña FS Duacode-CD Seguridade Galega A: Valentina, Carlota, Celia, Noa, Sara Barros, Teresa, Sara Blanco e Xiana.
ADC Lugo Sala Al Metro: Natalia, Alexia, Nadia, Candela, Marina, Andrea, Sheila e Uxía.
Cancha: O Palomar.

Consulta a clasificación aquí

 

Resultados xornada 2 e 3

Al Metro 7 3 Monterroso
5 Coruña 1 2 Al Metro
  D Monterroso

 

 

GRUPO 3

No grupo 3 tamén houbo un partido que recuperar, o do Ribeira co Amarelle. Perdeu o equipo lugués por pouco (2-3) e venceu posteriormente, de forma avultada ao Burela (0-7) polo que ocupa nesta última sesión a terceira praza da xeral. 

No primeiro partido, o Ribeira abriu o marcador, a sete minutos do intermedio e xusto á volta púxose por diante o Amarelle con dous goles seguidos. No tramo final empatou o Ribeira e o equipo coruñés contestou ao minuto seguinte co tanto da vitoria. 

No segundo partido o equipo azul foi superior desde o principio e xa tiña un parcial de 0-4 no intermedio, cun quinto gol que entrou xusto despois da pausa.

Con este resultado queda terceiro e se clasifica como o mellor terceiro para a fase final da Copa, a falta de confirmación por parte da Federación Galega.

Pola súa banda, o Castro, que se clasifica como segundo de grupo, caeu ante o líder, o Amarelle, por 5-1. Novamente o equipo da Coruña foi claramente superior marcando tres goles xa na primeira metade. O Castro maquillou o resultado a cinco minutos do final.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 2 - 3 AMARELLE

Ribeira FS Lieders: Saínza, Sara, Alma, María, Xenia, Nerea, Sara, Shaila, Jimena, Paula e Antía
Viaxes Amarelle FS: Rocío, Martina, Carolina, Alma, Alexandra, Icía e Lorena.
Cancha: Somos Fútbol.

AMARELLE 5 - 1 CASTRO

Viaxes Amarelle FS: Rocío, Martina, Claudia, Alma, Alexandra, Marta, Valentina, Antía e Lorena.
FSF Castro Carnemax María, Marta, Ainara, Emma, Lucía, Ruth, Aldara, Xiana e Ainhoa.
Cancha: Ventorrillo.

BURELA 0 - 7 RIBEIRA

Pescados Rubén Burela FS: Lola, Sara, Paula, Lucía, Ainara, Elsa, Cintya, Andrea, Irene, Nayra e Alba.
Ribeira FS Lieders: Saínza, Sara, Alma, María, Antía, Jimena e Nerea.
Cancha: Monte Castelo.

 

Resultados xornada 2 e 3

Viaxes Amarelle 5 1 Castro
Burela 0 7 Ribeira
Ribeira 2 3 Viaxes Amarelle

A falta de conformación oficial da Federación de Fútbol, os oitavos de Copa xogaranse segundo esta táboa:

Oitavos de Copa (20/21)

Narón  - - Ribeira
5 Coruña - - Castro
Al Metro - - Lago
Amarelle - - Monterroso