Acasti Reformas, Ribeira e Casás volverán xogar na Galega o próximo curso

Al Metro e Monterroso disputaron o derbi pendente da Primeira con vitoria para o equipo local por un avultado 8-2

Liga Galega Masculina

 

O Acasti Reformas segue sendo o mellor da provincia pero tamén é certo que non logra entrar no grupo de cabeza. Non axudou nas súas intencións o feito de caer derrotado ante o 5 Coruña por 2-6. O rival foi consistente para abrir vantaxe, xa que antes do intermedio estaba 0-3. O equipo lugués reaccionou despois da pausa e achegouse cun gol, que foi contestado con outros dous polos rivais. De cara ao final achegáronse ata o 2-6 pero marcaron a falta de dous minutos os rivais o sexto.

Na zona media da táboa está o Ribeira, que tamén ten asegurada a permanencia na categoría para o próximo ano. Esta fin de semana sumou un punto no duelo co Esteo cun único gol nos intres finais do partido e cando parecía que ía quedar en táboas.

O Casás completa tamén a súa xesta particular asegurando a permanencia como os outros dous equipos. Para iso asolou ao Begonte no Palomar cun 10-0 no marcador. Con esta abrumadora goleada asegura o seu regreso á categoría. 

Moita superioridade para os de Nino, que marcaron desde o inicio e en 8 minutos xa tiñan catro tantos no peto. Na segunda non cambiou o conto e cinco minutos lles bastaron para facer o 7-0. O equipo amarelo aproveitou para probar cousas novas e dar cambios mentres que o Begonte dille adeus á salvación como último de grupo.

O Meigallos tamén deberá despedirse da Galega ao final de curso. Ocupa a primeira praza do descenso e xa non ten opción para pechar a fenda, precisamente co Casás. Esta fin de semana foi goleado polo Betanzos, que foi moi superior, como indica a súa posición na clasificación, entre o grupo de cabeza. O único gol do equipo sarriao foi en propia porta do rival e cando o local ofrecía posibilidades, na primeira parte. Na segunda, cambiou o conto e o local marchou moi por diante.

Consulta a clasificación aquí

O ESTEO 0 - 1 RIBEIRA

O Esteo FS: Roger, Fabio, Iker, Martín, David, Yago, Daniel e Mario.
Ribeira FS: Juan, Álex, Andrés, Mario, Hugo A, Érik, Saúl, Iago, Adrián e Hugo R.
Cancha: Municipal das Pontes.

CASÁS 10 - 0 BEGONTE

Club Polideportivo Casás: David A, Hermán, Diego, David L, Israel, Pablo, Enrique e Erik.
Concello de Begonte FS: Aleixo, Víctor, Rodrigo, Samuel, Hugo F, Hugo P , Álex e Rodrigo.
Cancha: O Palomar.

BETANZOS 9 - 1 MEIGALLOS

Troula Betanzos FS: Javier, Juián, Pablo, Jaime, Antón, Lucas, Samuel, Abel, Arón e Mateo.
Os Meigallos FS: Joel, Izan L, Izan V, Yago, Alejandro, Luis, Rubén e Luca.
Cancha: Municipal de Betanzos.

ACASTI REFORMAS 2 - 6 5 CORUÑA

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Miguel, Lucas, Samuel, Martín, Gabriel, Mario, Yeray e Mateo.
Academia 5 Coruña FS A: Ariel, Pablo, Miguel, Luis Adrián, Eder, David, Thiago, Alejandro e Hugo.
Cancha: Casa do Deporte.

 

Resultados xornada 22

La Salle 1 3 Alto do Vento
O Esteo 0 1 Ribeira
Hércules A 0 9 O Parrulo A
Betanzos 9 1 Os Meigallos
Acasti Reformas 2 6 5 Coruña
Casás 10 0 Begonte
Stellae 0 8 Galicia Gaiteira

Próxima xornada 

Galicia Gaiteira - - La Salle
Alto do Vento - - O Esteo
Ribeira - - Hércules A
O Parrulo A - - Betanzos
Os Meigallos - - Acasti Reformas
5 Coruña - - Casás
Begonte - - Stellae

 

 

Liga Infantil Feminina

Na categoría feminina houbo parón e aproveitaron o Al Metro e o Monterroso para xogar o derbi pendente e así deixar todo listo para a última sesión, que será a próxima fin de semana. Venceu o equipo local por un avultado 8-2. O partido estivo máis igualado do que di o marcador e non foi ata a segunda parte que o Lugo Sala abriu vantaxe con varios goles seguidos, sendo cruciais os primeiros cinco minutos da segunda parte, cando pasaron de 3-1 a 6-2.

Consulta a clasificación aquí

AL METRO 8 - 2 MONTERROSO

ADC Lugo Sala al Metro: Natalia, Alexia, Uxía, Nadia, Candela, Andrea, Sheila e Marina.
Monterroso SD: Cecilia, Sara, Esmenia, Neusa, Letizia, Sofía, Aroa, Ariadne, Lucía e Antía.
Cancha: O Palomar.
 

 

Resultados xornada 16 adiado

Al Metro 8 2 Monterroso

Próxima xornada

Narón - - Parrulo
5 Coruña - - Ribeira
Burela - - Castro
Al Metro - - Viaxes Amarelle
Monterroso - - Lago