Vitoria do Ribeira e empate do Acasti Reformas ante rivais da parte alta

Pouco movemento esta fin de semana na feminina, xa que foron aprazados os dous derbis, Monterroso-Ribeira e Al Metro-Burela. Si xogou o Castro, que goleou ao Parrulo

O Acasti Reformas falou de ti a ti co Galicia Gaiteira, un dos aspirantes ao título, empatando 4-4 no duelo do domingo. Os brancos foron por diante no marcador na primeira pero sempre moi igualados. Na segunda foi ao revés e tres minutos antes do final foi o Acasti Reformas o que empatou o duelo para levarse un punto, que non lle permite manter a sexta praza e cae á sétima.

O Ribeira tamén puntuou e cun rival tamén da parte alta, xa que venceu 2-1 ao Parrulo A. Tardaron os goles en chegar e non foi ata a segunda parte que o equipo local marcou o primeiro, que sería contestado rapidamente polo rival. Catro minutos despois entraba o da vitoria, xa que o marcador non se moveou máis.

Non houbo máis puntos para os da provincia. O Meigallos perdeu moi axustado co Alto de Vento (3-2) ante o que levantou un resultado en contra de 2-0, chegando a empatar no inicio da segunda parte. Porén, non durou moito a ledicia porque a falta de 8 minutos o local marcou o gol da vitoria.

Rivais mois superiores para o Casás e o Concello de Begonte. Os amarelos caeron ante o Betanzos por 7-1 despois de manter a cero a portería durante14 minutos. Ao final, o rival fixo valer a calidade dalgúns dos seus xogadores para poñer o marcador en 4 minutos co 4-1. O resto de goles entraron tamén no tramo final da segunda parte.

Para o Concello de Begonte a sangría foi maior xa que foi goleado polo Esteo, un dos equipos da parte alta (12-0). Foi constante o rival, que marcou seis goles en cada tempo e que amosou a súa superioridade na cancha.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS  4 - 4 GALICIA GAITEIRA

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Miguel, Antón, Samuel, Martín, Gabriel, Lucas, Xoel, Yeray e Mateo.
Galicia Gaiteira: Martín, Iago, José, Pablo, Daniel, Ángel, José Manuel e Rodrigo.
Cancha: Municipal de Lugo.

ALTO DO VENTO 3 - 2 MEIGALLOS

Alto do Vento FS-Fink Orfebres: Mateo, Alejandro de la C, Tomás, Hugo, Alejandro B, Eduardo, Anxo, Tiago, Andrés e Albertoi.
Os Meigallos FS: Joel, Luis, Izan V, Luca, Yago, Diego, Xoel, Izan L e Alejandro.
Cancha: Santa Isabel.

BETANZOS 7 - 1 CASÁS

Troula Betanzos FS A: Javier, Hugo, Julián, Jaime, Antón, Lucas, Samuel, Aarón, Mateo e Nikolay.
Club Polideportivo Casás: David A, Pepe, Diego, David L, Pablo, Hernán, Érik e Israel.
Cancha: Municipal de Betanzos.

RIBEIRA 2 - 1 PARRULO A

Ribeira FS: Erik, Mario, Andrés, Pablo, José Ángel, Aarón, Ignacio, Hugo e Antón.
Prink-O Parrulo A: Lucas, Xavier, Hugpo, Héctor, Adrián, Daniel, Ian, André, Gorka, Antonio, Iago e Nicolás.
Cancha: O Palomar.

O ESTEO 12 - 0 BEGONTE

O Esteo FS: Roger, Fabio, David O, Daniel, Martín, Yago, Pablo, Iker, Diego, Nario e David V.
Concello de Begonte FS: Aleixo, Víctor, Hugo F, Aarón, Rodrigo, Hugo P, Álex e Daniel.
Cancha: Municipal das Pontes.

 

Resultados xornada 18

Ribeira 2 1 O Parrulo A
Alto do Vento 3 2 Os Meigallos
La Salle 3 8 Academia 5 Coruña
O Esteo 12 0 Begonte
Hércules A 2 10 Stellae
Betanzos 7 1 Casás
Acasti Reformas 4 4 Galicia Gaiteira

Próxima xornada 

Galicia Gaiteira - - Ribeira
O Parrulo A - - Alto do Vento
Os Meigallos - - La Salle
5 Coruña - - O Esteo
Begonte - - Hércules A
Stellae - - Betanzos
Casás - - Acasti Reformas

 

Liga Infantil Feminina

Pouco movemento esta fin de semana na categoría, xa que foron aprazados os dous derbis, Monterroso-Ribeira e Al Metro-Burela. Si xogou o Castro, que goleou de forma inclemente ao Parrulo A. As chairegas abriron pronto a conta, nas primeiras xogadas, e no intermedio xa levaban 5 goles no peto.

Os conxuntos da provincia están liderados precisamente polo Castro, que é cuarto na xeral, con Ribeira e Al Metro xusto por debaixo. Máis descolgado está o Monterroso e pecha a táboa o Burela.

Consulta a clasificación aquí

CASTRO 9 - 0 PARRULO A

FSF Castro Carnemax: María, Marta, Ainara, Emma, Lucía, Ruth, Aldara, Xiana e Ainhoa.
Biquiños Doces-Gadesport/O Parrulo A: Celia, Noa A, Noa G, Ainhoa, Paula, Sara, Mayte, Alma, Alicia, Candela e Mariana.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.

 

Resultados xornada 15 (25/02)

Monterroso A Ribeira
Castro 9 9 Parrulo
Viaxes Amarelle 3 2 Narón
Lago 2 7 5 Coruña
Al Metro A Burela
Próxima xornada
Parrulo - - Ribeira
Narón - - Castro
5 Coruña - - Viaxes Amarelle
Burela - - Lago
Al Metro - - Monterroso