O Acasti Reformas vence ao Ribeira e adiántao na clasificación infantil masculina

Na feminina, o Castro golea con rotundidade ás ribeirás mentres o Monterroso, debutante este ano, segue progresando na táboa

A xornada infantil masculina estivo marcada polo derbi lugués Acasti Reformas-Ribeira, no que a vitoria foi para o equipo branco, que ademais se levou un cambio de posición na táboa ao arrebatarlle a sétima praza aos ribeiraos.

Comezaron os brancos xerando ocasións e convertendo dous goles antes de que se pecharan os cinco minutos de duelo. O Ribeira tardou en reaccionar pero xusto antes do intermedio logrou recuperar o tempo perdido para irse en táboas ao descanso.

Á volta, o Acasti Reformas volveu coller camiño e foi ampliando a vantaxe ata o 5-2 do final.

O Casás non puido que Parrulo A, un dos equipos que se disputa o título na parte alta. Malia a diferenza de posicións, o xogo estivo moi igualado pero aos amarelos volveulles penalizar o acerto de cara a portería e iso que abriron o partido cun gol que o Parrulo non logrou contestar ata o intermedio, cando lle deu a volta ao marcador.

Na segunda, o rival foise afastando pero nos últimos segundos o Casás achegouse aínda que sen tino na porta contraria e non tivo máis opcións.

Tampouco tivo moito que facer o Meigallos, que foi superado polo Stellae con todos os goles concentrados en cinco minutos. Na primeira parte só o local marcou un gol pero foi na segunda cando nun breve lapso de tempo entraron os catro seguidos para non volver o marcador a moverse.

O Begonte, que está de pechacancelas, fixo fronte ao 5 Coruña, segundo de grupo. Aínda que o rival foi superior, ofreceron espectáculo. O 5 Coruña abriu o tempo de xogo un gol e sumou o segundo dez minutos despois. Malia que reaccionaron los locais, marcharían ao descanso 1-4. Á volta o rival seguiu abrindo fenda pero o Begonte logrou marcar dous goles para maquillar o resultado.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 5 - 2 RIBEIRA

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Miguel, Lucas, Antón, Samuel, Martín O, Alan, Marín L, Xoe, Gabriel e Mateo.
Ribeira FS: Erik, Mario, Andrés V, Hugo, Antón, Andrés H, Jorge, Juan e Ignacio.
Cancha: O Palomar.

CASÁS 2 - 4 PARRULO A

Club Polideportivo Casás: David A, Pepe, Diego, David L, Pablo, Hernán, Érik e Israel.
Pink-O Parrulo A: Lucas, Xavier, Gorka, Mikel, Héctor, Ian, André, Hugo, Antonio, Daniel e Nicolás.
Cancha: Casa do Deporte.

STELLAE  5 - 0 MEIGALLOS

Stellae FS - Men: Pablo, Aldán, Martín, Iván De la I, Iván b, Abel e Xoel.
Os Meigallos FS: Joel, Luis, Izan L, Luca, Yago, Rubén, Izan V e Alejandro.
Cancha: Beiro.

BEGONTE 3 - 7 5 CORUÑA

Concello de Begonte FS: Aleixo, Samuel, Hugo, Rodrigo, Vicente, Víctor e Álex.
Academia 5 Coruña FS A: David, Alejandro, Pablo, Iago, Eder, Leonardo, Thiago, Rui, Leo, Martín e Hugo.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

Resultados xornada 12

Galicia Gaiteira 10 1 O Esteo
Hércules A 1 3 La Salle
Betanzos 11 0 Alto do Vento
Acasti Reformas 5 2 Ribeira
Casás 2 4 O Parrulo A
Stellae 5 0 Os Meigallos
Begonte 3 7 Academia 5 Coruña

Próxima xornada

O Esteo - - Hércules A
La Salle - - Troula Betanzos
Alto do Vento - - Acasti Reformas
Ribeira - - Casás
O Parrulo A - - Stellae
Os Meigallos - - Begonte
Academia 5 Coruña - - Galicia Gaiteira

  

Liga Infantil Feminina

O Castro púxose cuarto logo de golear de forma inclemente ao Burela, pechacancelas da categoría que aínda non puntuou.

O equipo chairego foi claramente superior no seu afán de recuperar a parte alta da táboa. Abriu unha marxe importante de goles na primeira metade, que rematou 5-0 e no tramo final volveu ser imbatible avultando o resultado.

O progreso do Castro estivo tamén motivado pola derrota do Al Metro do Lugo Sala a cargo do líder do grupo, o viaxes Amarelle, un equipo que está moi por riba dos seus rivais. Foron as coruñesas as que se adiantaron e tamén as que seguiron por diante o resto do duelo. As brancas tiveron poucas opcións e só lograron marcar xusto antes do intermedio e no último minuto do duelo.

O que segue mellorando é o Monterroso, que debutou este ano e que, despois duns tímidos comezos, colleu folgos para sementar as primeiras vitorias, como a que logrou esta fin de semana co Lago, ao que adianta na táboa.

Tardouse en abrir a caixa dos goles xa que non foi ata o ecuador do partido que o Monterroso marcou dous seguidos. Á volta de vestiarios o equipo das Pontes recuperou ata as táboas pero as monterrosinas volveron traballar para afastarse con tres tantos máis.

Derrota iso si para o Ribeira, que non puido ante un 5 Coruña que non deu moitas opcións. As ribeirás encaixaron o primeiro tanto aos seis minutos e non foi ata despois do intermedio que o rival abriu a vantaxe ata o 0-3. Marcaron as locais pero nos últimos minutos o 5 Coruña tivo dous acertos máis.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 1 - 5 5 CORUÑA

Ribeira FS - Lieders: Saínza, María, Xenia, Nerea, Antía, Shaila, Jimena, Paula, Sara, Natalia e Alma.
5 Coruña FS Duacode-CD Seguridade Galega: Valentina, Celia, Noa, Sara Barros, Jimena, Carlota, Sara Blanco, Aintana e Sabela.
Cancha: O Palomar.

CASTRO 13 - 0 BURELA

FSF Castro Carnemax: María, Ainara, Lucía, Jessica, Ainhoa, Marta, Emma, Aldara e Xiana.
Pescados Rubén Burela FS: Elsa, Sara, Paula, Irene, Alba, Cintya, Valeria, Andrea, Naura, Lucía, Lola e Ainara.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.

 AMARELLE 6 - 2 AL METRO

Viaxes Amarelle FS: Rocío, Martina, Carolina, Antía, Alma, Marta, Valentina, Raquel e Alexandra.
ADC Lugo Sala Al Metro: Uxía, Andrea, Alexia, Nadia, Candela, Sheila e Ainara.
Cancha: San Francisco Javier.

LAGO 2 - 5 MONTERROSO

Marble Lago DVSport: Daniela, Laura, Antía, Paula, Sheyla, Carla, Ainara, Aroa, Lola, Andrea, Beatriz e Sabela.
Monterroso SD: Cecilia, Sofía, Ariadne, Neusa, Letizia, Sara, Esmenia, Lucía e Antía.
Cancha: Municipal As Pontes.

 

Resultados xornada 9

Parrulo 0 9 Narón
Ribeira 1 5 5 Coruña
Castro 13 0 Burela
Viaxes Amarelle 6 2 Al Metro
Lago 2 5 Monterroso
Próxima xornada
Viaxes Amarelle - - Lago
Castro - - Al Metro
Ribeira - - Burela
Parrulo - - 5 Coruña
Narón - - Monterroso