O Acasti Reformas faise co derbi na masculina mentres golean Al Metro e Ribeira, na feminina

O equipo branco ponse na terceira praza da liga das mulleres aproveitando a derrota do Castro ante o Narón

O derbi entre o Acasti Reformas e o Meigallos marcou a xornada deportiva na categoría deixando ao equipo branco como vencedor do duelo por 7-3. Os locais foron superiores e máis rápidos como reflectiu o marcador, que se puxo en 2-0 nos primeiros 3 minutos. Aínda que os sarrios reaccionaron antes do descanso logrando empatar, o equipo branco amosou o seu dominio con tres goles máis.

O segundo tempo comezou con máis igualdade, de feito o Meigallos acurtou distancias, pero nos últimos minutos o equipo local ampliou o marcador ata o 7-3 do final.

O Ribeira segue liderando aos equipos lugueses desde o medio da táboa, onde esta fin de semana venceu ao Hércules por 1-5 para manter ferreamente a sétima praza.

O equipo lugués tardou en abrir a caixa dos goles, dous minutos antes do descanso e, á volta, o local empatou pero nos últimos catro minutos o Ribeira marcou os catro goles que avultaron o resultado.

O Casás tampouco puido sumar esta fin de semana os tres puntos, xa que caeu co 5 Coruña, por 3-4. Partido moi igualado no que se chegou ao empate 3-3. Aínda que a vitoria podería ter caído para calquera dos dous, foi o equipo coruñés o que se levou a vitoria por un gol marcado a 8 minutos do final.

Un problema co marcador provocou unha parada do xogo no medio do duelo, o que non axudou aos rapaces a centrarse na sesión.

Tampouco houbo sorte para o Begonte, que foi superado amplamente polo Stellae cunha goleada en contra de 9-1. Clara superioridade do rival, que no minuto 10 tiña xa un parcial de 4-0, que no intermedio foi de 8-0.

Consulta a clasificación aquí

HÉRCULES 1 - 5 RIBEIRA

AJ Pombo Hércules FS A: Duarte, Luis, Mateo, Hugo, Cristian, Lorenzo, Luis e Iraide.
Ribeira FS: Érik, Joaquín, Mario, Iago, Andrés Jorge, Saúl, Pablo, José Ángel, Hugo e José.
Cancha: Barrio de las Flores.

ACASTI REFORMAS 7 - 3 MEIGALLOS

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Miguel, Martín L, Samuel, Martín O, Gabriel, Alan, Lucas, Mario, Xoel, Roi e Mateo.
Os Meigallos FS: Joel, Luis, Izan L, Luca, Yago, Rubén, Izan V e Alejandro.
Cancha: Municipal de Lugo.

CASÁS 3 - 4 5 CORUÑA

Club Polideportivo Casás: David A, Pepe, Diego, David L, Pablo Hernán e Israel.
Academia 5 Coruña FS A: Ariel, Leonardo, Pablo, Miguel, Eder, Brais, Gaspar, Luis, Hugo e Martín.
Cancha: O Palomar.

STELLAE 9 - 1 BEGONTE

Stellae FS - Men: Pablo, Aldán, Martín, Alén, Iván B, Pablo G, Iván de la I e Hugo.
Concello de Begonte FS: Aleixo, Hugo, Aarón, Rodrigo, Vicente, Víctor, Samuel e Álex.
Cancha: Grupo Escolar.

 

Resultados xornada 10

La Salle 0 15 Galicia Gaiteira
O Esteo 5 3 Alto do Vento
Hércules A 1 5 Ribeira
Betanzos 2 3 O Parrulo A
Acasti Reformas 7 3 Os Meigallos
Casás 3 4 Academia 5 Coruña
Stellae 9 1 Begonte

 Próxima xornada

La Salle - - O Esteo
Alto do Vento - - Hércules A
Ribeira - - Troula Betanzos
O Parrulo A - - Acasti Reformas
Os Meigallos - - Casás
Academia 5 Coruña - - Stellae
Galicia Gaiteira - - Begonte

 

Liga Infantil Feminina

O Al Metro colocouse na terceira praza da táboa logo da goleada ante o Monterroso no derbi da xornada. Clara superioridade do equipo branco que tardou en romper, pero que chegou ao intermedio cun parcial de 1-5. Na segunda parte ampliou o marcador xusto no tramo final.

A outra goleada da sesión foi a do Ribeira co Parrulo, ao que venceu por 9-1. Foron moi superiores as locais que, desde os minutos iniciais sucederon os goles. Chegaron ao intermedio con 6 ao seu favor e o penúltimo tanto foi o do rival.

O Castro perdeu o seu lugar de privilexio logo de caer derrotado ante o Narón, equipo da súa zona, que venceu por 1-3. Moita igualdade para os dous equipos, que mantiveron o marcador a cero ata dez minutos antes do final. Foi o Castro o que abriu a conta pero o Narón reaccionou nos minutos finais para levarse a vitoria con tres goles seguidos.

Goleada en contra para o pechacancelas, o Burela, que foi superado polo Lago nun partido desigual no que o  local marcou dous goles de inicio. No intermedio ampliou a vantaxe a 5 e nos últimos minutos marcou o Burela e completou o 7-1 o Lago.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 9 - 1 PARRULO

Ribeira FS - Lieders: Saínza, Natalia, Shaila, Xenia, Nerea, Sara, Alma, Malena, Jimena e Aroa.
Gadesport-O Parrulo: Candela, Noa, Ainhoa, Paula, Alicia, Sara, Noa, Celia e Ariadna.
Cancha: Ensanche.

CASTRO 1 - 3 NARÓN

FSF Castro Carnemax: María, Marta, Emma, Lucía, Jessica, Ainara, Aldara e Ainhoa.
SDCyR Narón O Freixo: Alba, Carla, Carmela, Jimena, Icía, Noa, Aurora e Alicia.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.

LAGO 7 - 1 BURELA

Marble Lago DCVSpot: Daniela F, Laura, Antía, Daniela C, Sheyla, Carla, Ainara, Aroa, Candela, Paula, Emma e Sabela.
Pescados Rubén Burela FS: Elsa, Cintya, Sara, Paula, Andrea, Ikram, Lucía, Alba, Lola e Ainara.
Cancha: Monte Caxado.

MONTERROSO 1 - 10 AL METRO

Monterroso SD: Cecilia, Sofía, Neusa, Antía, Letizia, Sara, Aroa, Ariadne e Lucía.
ADC Lugo Sala Al Metro: Alexia, Andrea, Uxía, Nadia, Candela, Sheila e Ainara.
Cancha: A Cúpula.

 

Resultados xornada 7

Ribeira 9 1 Parrulo
Castro 1 3 Narón
Viaxes Amarelle 4 1 5 Coruña
Lago 7 1 Burela
Monterroso 1 10 Al Metro
Próxima xornada
Monterroso - - Parrulo
Narón - - Ribeira
5 Coruña - - Castro
Burela - - Viaxes Amarelle
Al Metro - - Lago