O Castro perde no último minuto o duelo co Amarelle e queda fóra da Copa

A provincia xa non ten representación na categoría, xa que non haberá lucenses nas finais

Feminino

O Castro feminino, único supervivente da categoría infantil na Copa, queda fóra da competición logo de perder co Amarelle por 2-3 no último minuto.

O conxunto chairego tiña gañas de facerse coa Copa tras deixar ir a Liga, pero o Amarelle volveu acabar coas opcións do Castro. Malia a derrota foron as vermelas as primeiras en marcar, de feito foron ao descanso 2-0, resultado que se mantivo ata que faltaban 3 minutos para o final. As visitantes marcaron tres goles en tres minutos para facerse coa vitoria e a praza da final deixan ao equipo local devastado tras verse na final durante todo o duelo pola vantaxe no marcador.

CASTRO 2 - 3 AMARELLE

FSF Castro: Noa, Nerea (1), Marta, Carla (1), Emma, María, Lucía, Aroa, Ainara e Aldara.
Viaxes Amarelle FS: Rocío (1), Claudia, Alma, Antía, Sofía (2), Ruth, Raquel, Valentina e Alexandra.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea. 

 

                           

CAMPIONATO DE COPA 

              Cuartos 

Castro 3-2 Ribeira
Amarelle 3-2 5 Coruña
Poio 4-1 Carballiño
La Peña 4-4 Marín

Semifinal 

Castro 2-3 Amarelle
Poio 4-1 La Peña

Final (11/6)

Amarelle - Poio