O Castro feminino queda apeado da Copa tras perder en semifinais por segunda vez ante o Poio

O Acasti Reformas masculino ten pendente o duelo co 5 Coruña para entrar en cuartos como o único representante da provincia
INF FEM_Ribeira-Castro_Noe-8
photo_camera INF FEM_Ribeira-Castro_Noe-8

Copa Masculina 

O Acasti Reformas ten pendente aínda o duelo co 5 Coruña para clasificarse para os cuartos de final da Copa. O Ribeira caeu en cuartos e quedaría a opción do outro equipo lugués para ter representación na seguinte fase da Copa, que se disputará a fin de semana do 20 e 21 de maio.

            

COPA INFANTIL MASCULINA

           Resultados Oitavos

Narón 5-4 Ribeira
Club del Mar 2-4 Ventorrillo
Alto do Vento 4-2 Fisober
Acasti Reformas A 5 Coruña
Carballiño 5-0 Saraiba do Mar
Ourense 9-1 Marín
Celanova A Coruxo
Fútbol en 40x20 A Pecheches

 

Liga masculina

Sen representación da provincia tiveron lugar as semifinais de Liga, que deixaron como finalistas ao 5 Coruña e o Parrulo A, que competirán a fin de semana próxima polo título nun único duelo en Betanzos.

 
LIGA GALEGA INFANTIL - FASE FINAL

           Semifinais

5 Coruña 6-1 Carballiño
Fútbol 40x20 4-5 Parrulo A

Final (14/05)

5 Coruña - Parrulo A

 

Copa Feminina Grupo A

O Castro apeouse da Copa feminina logo de perder por segunda vez ante o Poio, nesta segunda ocasión a domicilio.

O equipo local volveu ser superior e abriu o marcador no minuto 1 para chegar ao descanso cun parcial de 3-0. Malia que na segunda o Castro marcou un tanto non tivo opcións de máis.

Fóra da Copa, ao Castro só lle queda a oportunidade da Liga, xa que venceu en cuartos ao Ribeira e o día 28 xogará as semifinais contra o equipo gañador do duelo Amarelle-5 Coruña.

POIO 3 - 1 CASTRO

Milongas ED Poio Pescamar FS: María (1), Olalla, Ángela, Celia, Lía (2), Antía, Iria e María G.
FSF Castro Carnemax: Noa, Nerea, Marta, Carla T, Emma, María, Aroa, Ainara, Aldara, Carla R e Lucía (1).
Cancha: A Seca.

 

 

CAMPIONATO DE LIGA - FASE FINAL

              Semifinais ida 

Marín 4-1 Amarelle
Castro 0-4 Poio

Semifinais volta 

Amarelle 6-1 Marín
Poio 3-1 Castro

Final volta  (14/05)

Amarelle - Poio