O Acasti Reformas e o Casás perden opcións de loitar polo título con senllas derrotas

Mellores resultados para os equipos dos outros grupos. O Ribeira foi claramente superior e o Meigallos goleou 

Subgrupo 1

Derrota para os dous equipos do grupo alto, que pouco a pouco vén escaparse as súas opcións. O Acasti Reformas, situado na terceira praza da xeral, caeu ante o 5 Coruña, un líder incuestionable que aínda non perdeu. Primeira parte igualada, onde ambos equipos xeraron ocasiós, sendo diferencial a contundencia ofensiva.

A segunda parte caracterizouse por unha gran competitividade e superioridade do rival que se levou a vitoria merecidamente.

Partido moi igualado o que xogou o Casás co Parrulo a domicilio. A clave volveu estar nas transicións e na efectividade de cara á porta, onde foron claramente superiores os coruñeses. Un tempo para cada equipo, o primeiro para o Casás, que aínda que foi en desvantaxe no marcador xogou mellor e dispuxo de moitas ocasións. A segunda foi para o local, que asegurou a vitoria.

ACASTI REFORMAS 0 - 5 5 CORUÑA

ADC Lugo Sala Acasti Refomas: Adrián F, Pablo, Yago, Adrián S, Sergio S, Sergio V, Brais, Martín, Manuel e Manuel José.
Academia 5 Coruña FS: Adrián, Sabino, Nico (1), Sergio, Guillermo (2) e Miguel (1). Un en propia do Acasti.
Cancha: Municipal de Lugo.

PARRULO 6 - 4 CASÁS

Aringal O Parrulo A: Diego, Lucas, Rodrigo (4), Hugo (1), Antón, Pablo C, Pablo V, Adrián M, Adrián S, Pablo R e Martín (1).
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Samuel (3), Rubén, Bruno, Jacobo, Rodrigo, Reda, David e Hugo. Un en propia do Parrulo.
Cancha: A Malata.

 

Consulta aquí a clasificación

 
LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 1º

           Resultados xornada 6

Acasti Reformas 0-5 5 Coruña
Parrulo A 6-4 Casás
  D Hércules

 Próxima xornada

5 Coruña - Parrulo A
Casás - Hércules
  D Acasti Reformas

  

Subgrupo 2

Nova vitoria do Ribeira, a terceira nesta segunda fase, vencendo ao Narón, un equipo co que competía por posición. Os lugueses abriron a caixa dos goles pero non conseguiron afastarse no marcador ata o final da primeira parte. Á volta de vestiarios marcaron de novo e co 1-4 serenouse algo o xogo pero o gol do Narón volveu activar ao equipo lugués, que nun último empurrón marcou dous goles máis.

Consulta aquí a clasificación

NARÓN 2 - 6 RIBEIRA

SDCYR Narón O Freixo: Samuel Castro, Xavier, Adrián, Cristian (1), Matías, Adahy (1), Raúl, Samuel Calvo, Yago, Diego e Bruno.
Ribeira FS: Érik, Pedro, Daniel, Álvaro (2), Miguel, Joaquín, Mario (1), Mateo, Íker (3) e Iago.
Cancha: As Lagoas.

 

LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 2º

           Resultados xornada 6

Stellae 6-2 Club del Mar
Narón 2-6 Ribeira
  D Fisober

          Próxima xornada      

Club del Mar - Narón
Ribeira - Fisober
  D Stellae

 

Subgrupo 3

O Meigallos goleou esta fin de semana ao colista cun 7-1 contundente que puso ao equipo no medio da táboa mirando máis hacia arriba que hacia abaixo, xa que só dous puntos o separan do líder.

O dominio sarriao tardou en transformase en goles xa que chegaron a un minuto do descanso cun 2-0 que foi 4-0 ao minuto seguinte grazas a un dobrete de Alonso. Na segunda parte foi o Colegio Liceo o que abriu a conta pero o Meigallos non deixou de marcar ata o 7-1 do final, con dobretes tamén de Nicolás e Julio.

Consulta aquí a clasificación

MEIGALLOS 7 - 1 COLEGIO LICEO

Os Meigallos FS: Francisco, Nicolás (2), Alonso (2), Milin, Gael (1), Yago, Rubén, Víctor, José Armando e Julio (2).
Colegio Liceo: Diego, Mario (1), Alexandre, Pablo, Fernando, Miguel, Ian e Javier.
Cancha: O Chanto.

 

LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 3º

           Resultados xornada 6

Meigallos 7-1 Colegio Liceo
Lago 2-3 Alto do Vento
  D Ventorrillo

              Próxima xornada

Colegio Liceo - Lago
Alto do Vento - Ventorrillo
  D Meigallos

        

Copa Feminina Grupo A

Xornada de descanso coincidindo coa primeira volta nos dous grupos. Non se adiantou ningún partido.

Consulta aquí a clasificación

 
 GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE COPA 1º FASE GRUPO A

           Próxima xornada      

Narón - 5 Coruña
Castro - Dental Arias

    

Copa Feminina Grupo B

Consulta aquí a clasificación

 GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE COPA 1º FASE GRUPO B

                  Próxima xornada 

Ribeira - Lago
  D Amarelle