O Castro feminino pincha e aínda que mantén o liderado, aperta a táboa da Copa

O esperado derbi dos lugueses no grupo alto masculino non se puido celebrar por condensación no pavillón. O resto de equipos da provincia perderon
CAD FEM CASTRO-RIBEIRA7
photo_camera CAD FEM CASTRO-RIBEIRA7

Subgrupo 1

Partido suspendido por condensación no Palomar entre o Acasti Reformas e o Casás. Os dous equipos están separados por un punto no medio da táboa polo que o enfrontamento prometíase interesante.

Consulta aquí a clasificación

 
LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 1º

           Resultados xornada 5

Parrulo A 8-2 Hércules
Acasti Reformas S Casás
  D 5 Coruña

 Próxima xornada 

Acasti Reformas - 5 Coruña
Parrulo A - Casás
  D Hércules

 

Subgrupo 2

Si xogou o Ribeira, que caeu ante o líder, o Stellae, que pon distancia na táboa e deixa aos lugueses no segundo posto pero a 4 puntos de distancia. Segunda vitoria para os azuis, que tamén contan con dúas derrotas nesta segunda fase.

Os lugueses encaixaron o primeiro tanto na primeira xogada pero logo pecháronse en banda e non deixaron pasar ao rival polo que foron así ao descanso.

Na segunda comezaron cun novo gol en contra ao que contestaron pronto polo que co 2-1 achegáronse ao final. Nos tres minutos finais o conto cambiou e pasaron do 2-1 ao 6-1 do final.

Consulta aquí a clasificación

STELLAE 6 - 1 RIBEIRA

Stellae FS Karymo Peluqueros: Mateo, Íker, Diego (1), Juan, Izan (1), Lucas, Uxío, Hugo (1) e Aarón (3).
Ribeira FS: Joaquín, Álvaro (1), Mateo, Brais, Miguel, Érik, Mario, Marco, Íker e Iago.
Cancha: Grupo Escolar.

 

LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 2º

           Resultados xornada 5

Narón A Fisober
Stellae 6-1 Ribeira
  D Club del Mar

Próxima xornada 

Stellae - Club del Mar
Narón - Ribeira
  D Fisober

                 

Subgrupo 3

Primeira derrota do Meigallos nesta segunda fase, que no medio da táboa conta cunha vitoria e dous empates. Caeu ante o Alto do Vento, que está na segunda praza, por 1-4. Aguantaron mellor a primeira parte, moi igualada, xa que foron ao descanso cun gol para cada un de renda. Foi no tramo final cando o Alto do Vento, que xa tiña un gol de vantaxe, ampliou o resultado ata o 1-4 do final.

Consulta aquí a clasificación

MEIGALLOS 1 - 4 ALTO DO VENTO

Os Meigallos FS: Francisco, Pablo, Nicolás, Alonso (1), Gael, Rubén, Yago, Víctor, Milin, José Armando, Julio e Álex.
Atlético Fátima. P Alto do Vento FS: Juan, Carlos, Daniel (2), Enrique, Hugo (2), Íker, Anxo, Antonio e Xoel.
Cancha: O Chanto.

 

LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 3º

           Resultados xornada 5

Lago 5-0 Ventorrillo
Meigallos 1-4 Alto do Vento
  D Colegio Liceo

Próxima xornada        

Meigallos - Colegio Liceo
Lago - Alto do Vento
  D Ventorrillo

              

Copa Feminina Grupo A

O empate do Castro esta fin de semana aperta un pouco máis a clasificación do primeiro grupo. O líder, o equipo chairego, pinchou contra o pechacancelas, o Narón, nun partido do que sacou un punto pero que deixa ao 5 Coruña pegado por un punto.

Aínda que o Castro abriu o marcador no primeiro tempo e tras o empate púxose por diante encaixou un último gol dous minutos antes de acabar tras un segundo tempo de sequía goleadora.

Consulta aquí a clasificación

O Dental Arias volveu da súa visita a Coruña coas mans baleiras tras caer 5-2 co equipo local. Malia o resultado o duelo estivo moi igualado na primera parte, na que as defensas impuxéronse. As brancas non lograron materializar as ocasións como fixeron as locais polo que foron 2-0 ao descanso.

Na segunda o Dental Arias facíase co empate tras mudar a un xogo máis impositivo. Finalmente un tiro exterior volveu poñer ao 5 Coruña por diante, o que afectou ao Dental Arias, que encaixou dous goles máis.

NARÓN 2 - 2 CASTRO

SDCyR Narón O Freixo: Alba, Noa (1), Sara, Antía, Sofía, Adriana, Naiala, Emma (1) e Julia.
FSF Castro Carnemax: Noa, Nerea (1), Marta (1), Carla T, Emma,  María, Lucía, Aroa, Ainara (1), Aldara e Carla R.
Cancha: As Lagoas.

5 CORUÑA 5 - 2 DENTAL ARIAS

Academia 5 Coruña FS: Valentina, Celia (2), Noa, Jimena (3) e Xiana.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Uxía (2), Candela, Marina, Alexia, Goya, Ainara e Xela.
Cancha: Novo Mesoiro.
 
 GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE COPA 1º FASE GRUPO A

           Resultados xornada 3

Narón 2-2 Castro
5 Coruña 5-2 Dental Arias

Próxima xornada      

Narón - 5 Coruña
Castro - Dental Arias

    

Copa Feminina Grupo B

Descanso para Ribeira esta fin de semana, na que o líder volveu arrasar. Un punto teñen as de Lugo dun empate co Lago.

Consulta aquí a clasificación

 GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE COPA 1º FASE GRUPO B

           Resultados xornada 3

Amarelle 8-0 Lago
  D Ribeira

       Próxima xornada 

Ribeira - Lago
  D Amarelle