O Ribeira e o Acasti Reformas pasan a oitavos de Copa tras vencer a eliminatoria da fin de semana

A próxima xornada terá lugar a primeira sesión da seguinte fase da liga feminina, na que as da provincia estarán divididas en dous grupos

COPA INFANTIL

Na sesión de eliminatorias da categoría infantil, o Ribeira e o Acasti Reformas obtiveron o seu pase a oitavos de final de Copa, que terá lugar a finais do mes de abril.

O Ribeira foi totalmente superior ao seu rival, o Lago, ao que asoballou cun 8-1 no marcador. O equipo lugués foi de menos a máis e no descanso tiña marcados dous goles. O primeiro tanto ao regreso de vestiarios foi o do Lago, ao que contestou con catro goles máis en catro minutos e xa non quedaron dúbidas.

O Acasti Reformas pasou tamén á seguinte fase cunha vitoria sobre o Stellae por 3-1. Os brancos comezaron perdendo cun gol madrugador do rival pero no intermedio xa estaban por diante (2-1) e remataron o resultado a tres minutos do final.

O Casás caeu co Alto do Vento lastrado por unha primeira parte na que non competiron ben. Na segunda intentaron remontar pero chegaron tarde ao partido xa que ademais regalaron o terceiro do rival, antes de poder abrir o marcador propio.

Tamén caeu o Meigallos ante o Ventorrillo por 2-4 malia que o equipo local foi o dominador do primeiro tempo, que finalizou cos sarriaos por riba cun 2-0. Na segunda comezaron pronto a remontada e co empate no marcador estiveron ata dous minutos antes de terminar, cando o Ventorrillo marcou seguidos os dous goles que deixaban marchar os tres puntos para os de Sarria.

CASÁS 2 - 3 ALTO DO VENTO

Club Polideportivo Casás: Álvaro, Reda, Samuel (1), Pepe, Bruno (1), David A, David P, Ian, Jacobo e Alonso.
Atlético Fámita - Alto do Vento FS A: Juan, Carlos (1), Ramón, Daniel, Antonio, Martín, Íker, Enrique e Hugo (1). E un en propia porta.
Cancha: Municipal de Lugo.

RIBEIRA 8 - 1 LAGO

Ribeira FS: Érik, Daniel (1), Álvaro (2), Brais (1), Miguel, Joaquín, Iago, Marco, Aarón, Mateo (1), Marco e Íker (3). 
Ensino Lago SVSport: Lucas, Yago, Felipe (1), Naúl, Álex, Eduardo e Brais.
Cancha: Casa do Deporte.

ACASTI REFORMAS 3 - 1 STELLAE

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Miguel, Brais, Yago, Adrián S, Sergio, Adrián F, Pablo (3), Martín, Manuel, Manuel José e Dani.
Stellae FS-Karymo Peluqueros: Mateo, Íker, Juan (1), Izan, Hugo, Alen, Diego e Aarón.
Cancha: O Palomar.

MEIGALLOS 2 - 4 VENTORRILLO 

Os Meigallos FS: Francisco, Yago, Pablo, Alonso, Gael (2), Alejandro, Víctor, Milin, José Armando, Julio José e Álex.  
Distrito Ventorrillos FS: Izan, Nicolás (1), Hugo F, Álvaro (1), Borja (1), Daniel, Hugo R, Aarón e Gonzalo (1).
Cancha: O Chanto.

 

COPA GALICIA INFANTIL - ELIMINATORIAS

           Resultados previa

Ribeira 8-1 Ensino
Club del Mar 4-1 Colegio Liceo
Os Meigallos 2-4 Ventorrillo
Casás 2-3 Alto do Vento
Hércules 1-3 Fisober
Acasti Reformas 3-1 Stellae
Parrulo A 2-9 5 Coruña
Secundino Basalo 4-8 Ourense
La Peña 2-5 Marín
Celanova 8-1 Tui
Coruxo A A Campito
Vigo 2-4 Fútbol en 40x20
Pecheches 9-1 Redondela

          

  

Liga Feminina

Todo está preparado para a Primeira Fase da Galega Infantil, que se disputará en dous grupos a partir da próxima fin de semana. No primeiro competirán o Dental Arias e O Castro, que se enfrontarán entre eles na primeira sesión. No segundo estará o Ribeira que xogarán neste primeiro día ante o Lago.

Consulta aquí a clasificación

 
 GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE COPA 1º FASE GRUPO A

           Primeira xornada

5 Coruña - Narón
Dental Arias - Castro

        

 
 GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE COPA 1º FASE GRUPO B

           Primeira xornada

Lago - Ribeira
  D Amarelle