Un punto para o Meigallos foi a única renda dos infantís no inicio da segunda fase tras dous aprazamentos

Derrota por duplicado na categoría feminina ante dous dos equipos máis fortes da categoría

Subgrupo 1

Comezo a medio gas da categoría co Casás aprazando o partido inaugural contra o Parrulo A para este venres.

Si xogou o Acasti Reformas, que foi superado amplamente polo 5 Coruña. O equipo lugués, que viña de quedar campión na primeira fase con só unha derrota, sufriu o primeiro revés importante da tempada ante o 5 Coruña, o campión incuestionable do grupo A, que estaba invicto.

Foi un duro rival para o equipo lugués, que non foi quen de marcar as moitas ocasións que tivo. Aos dez minutos levaba dous goles en contra e foi cando entrou no partido e no intermedio xa tiña acurtado distancias ata o 2-1, resultado que non reflectía o que pasaba na pista.

Na segunda o trama final foi fatal para os brancos, momento non que encaixaron os catro goles restantes, un deles protestado polo Acasti.

Consulta aquí a clasificación

5 CORUÑA 6 - 1 ACASTI REFORMAS

Academia 5 Coruña FS: Brais, Sabino (2), Diego (1), Nico (2), Sergio, Adrián, Miguel, Eder, Tinet, Guillermo e Mauro (1).
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián F, Pablo (1), Yago, Adrián S, Sergio S, Sergio V, Brais, Manuel, Manuel José e Dani.
Cancha: Barrio das Flores.
 
LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 1º

           Resultados xornada 1

5 Coruña 6-1 Acasti Reformas
Casás A Parrulo A
  D Hércules

            Próxima xornada  

Parrulo A - 5 Coruña
Hércules - Casás
  D Acasti Reformas

        

Subgrupo 2

Tamén aprazou o seu partido o Ribeira, ante o Narón, que se disputará este mércores en Lugo. No outro duelo, empate e reparto de puntos para empezar.

Consulta aquí a clasificación

 
LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 2º

           Resultados xornada 1

Club del Mar 2-2 Stellae
Ribeira A Narón
  D Fisober

            Próxima xornada  

Narón - Club del Mar
Fisober - Ribeira
  D Stellae

     

Subgrupo 3

Un punto sacou de renda o Meigallos do seu primeiro partido nesta segunda fase. O rival foi o Colegio Liceo ante o que mostrou unha gran igualdade. Abriron a conta os sarriaos con dous goles moi madrugadores (3' e 7') pero o local logrou o empate no tramo final, tras achegarse no marcador xusto antes do descanso.

O Meigallos busca nesta segunda fase no grupo baixo mellorar unha tempada que se puxo costa abaixo na primeira fase.

Consulta aquí a clasificación

COLEGIO LICEO 2 - 2 MEIGALLOS

Colegio Liceo: Diego, Alexandre, Pablo, Hugo, Mario, Fernando (1), Miguel, Adrián e Christian (1).
Os Meigallos FS: Francisco, Víctor, Alonso (1), Gael (1), Álex, Yago, Pablo, José Armando, Julio José e Rubén.
Cancha: Liceo La Paz.
 
LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 3º

           Resultados xornada 1

Colegio Liceo 2-2 Meigallos
Alto do Vento 2-3 Lago
  D Ventorrillo

            Próxima xornada  

Lago - Colegio Liceo
Ventorrillo - Alto do Vento
  D Meigallos

        

  

Liga Feminina

Dobre derrota para os equipos da provincia na infantil feminina. O Ribeira caeu ante o líder que aínda escaso de banco foi quen de comportarse como unha apisonadora. Cinco tantos marcou, o primeiro xa na xogada inicial e os dous seguintes antes dos dez minutos.

Controlaron as luguesas ao rival ata o tramo final, cando entraron os outros dous para completar o 0-5 final.

Diferenza tamén importante para o Dental Arias, que se enfrontou esta fin de semana ante o 5 Coruña e caeu derrotado. Foi máis igualado que o que reflicte o marcador debido a que este avultouse hacia o final.

As locais marcaron rápido, no primeiro minuto, pero contestaron as brancas rapidamente. Antes da pausa o 5 Coruña metou dous goles máis e no tramo final, a vantaxe local chegou ata o 5-1 pero Anthea no último minuto maquillou o resultado ao 5-2 final.

Consulta aquí a clasificación

RIBEIRA 0 - 5 AMARELLE

Ribeira FS Lieders: Saínza, Alma, María, Xenia, Paula, Shaila, Malena, Jimena e Carla.
Viaxes Amarelle FS: Ruth, Claudia (1), Alma (2), Antía, Alexandra (1), Rocío (1) e Valentina.
Cancha: O Palomar.

5 CORUÑA 5  - 2 DENTAL ARIAS

Academia 5 Coruña FS: Valentina, Celia, Sara (1), Noa (2), Jimena, Valeria, Marta (2) e Xiana.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía (1), Uxía, Candela, Marina, Alexia, Goya, Nadia, Xela e Anthea (1).
Cancha: San Francisco Javier.
 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE

           Resultado pendente

Lago DVSport 2-4 Narón
Ribeira 0-5 Amarelle
5 Coruña 5-2 Dental Arias
  D Castro

            Próxima xornada  

Amarelle - Lago DVSport
Dental Arias - Castro
Narón - 5 Coruña
  D Ribeira