Vitoria clara do Castro feminino sobre o Ribeira no único partido da infantil no inicio do curso

A categoría masculina enfronta as últimas dos xornadas con case todo decidido, agás o Casás, que pelexa no límite por entrar no grupo de cabeza

O grupo B da infantil masculina retomará a competición a próxima fin de semana para xogar as dúas últimas antes da seguda fase. Xa está case todo decidido porque o Acasti Reformas, líder do grupo, irá ao grupo que loitará polo título mentres Ribeira e Meigallos estarán dos dous que decidirán os equipos que descenden.

O Casás aínda podería coarse no grupo de cabeza, pero para iso terá que vencer na próxima sesión ao líder para quitarse a segunda praza ao Parrullo ou conseguir ser o mellor terceiro.

Consulta aquí a clasificación                         

 
LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO B

          Próxima xornada 

Acasti Reformas - Casás
Parrulo A - Narón
Meigallos - Ribeira
  - Lago DVSport

                         

Liga Feminina

Nova vitoria do Castro no Palomar ante o Ribeira, nesta ocasión por 0-4, o que permite ás chairegas ser líderes por un punto aínda que o Amarelle ten dos duelos menos disputados polo que o liderado sería provisional. O equipo coruñés aprazou o partido co Dental Arias de Lugo para o venres.

Vitoria clara do Castro no derbi provincial cunha gran actuación de Carla Teijeiro, que se marcou un hat trick, o primeiro dos goles madrugador, tras o de Emma, que abriu a conta no minuto 3. Completou o triplete no segundo tempo, o primeiro ao pouco tempo do regreso e o segundo contra a bucina do final.

Consulta aquí a clasificación

RIBEIRA 0 - 4 CASTRO

Ribeira FS Lieders: Sainza, Shaila, María, Xenia, Carla, Alma, Malena, Paula, Natalia e Miriam.
FSF Castro Carnemax: Noa, Nerea, Marta, Carla T (3), Emma (1), María, Lucía, Aroa, Ainara, Aldara e Carla R.
Cancha: O Palomar.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE

           Resultados xornada 10

Ribeira 0-4 Castro
Lago DVSport 0-9 5 Coruña
Amarelle A Dental Arias
  D Narón

            Próxima xornada   

Narón - Ribeira
Castro - Lago DVSport
5 Coruña - Amarelle
  D Dental Arias