O Casás loitará polo título na segunda fase xunto ao Acasti Reformas, campión de grupo

Venceron os dous no último partido desta quenda, ao igual que o fixo tamén o Ribeira na feminina

Remata a primeira volta da competición sen moitas sorpresas. O Acasti Reformas, que venceu de novo, entra no grupo que pelexará polo título na segunda fase ao rematar como campión de grupo. Tamén entra neste grupo o Casás, que remata como mellor terceiro dos dous grupos, se a Federación así o respalda. Ambos venceron esta fin de semana

O Acasti Reformas, líder absoluto por cinco puntos, pechou unha gran primeira fase con nove vitorias, dous empates e unha derrota en 12 encontros. Neste último, contra o Narón a domicilio, venceu 0-4. O equipo do Lugo Sala estivo sólido en defensa e fixo un gran traballo o porteiro Adrián. Faltou contundencia nos últimos metros polo que ao descanso só levaban un gol de vantaxe.

Na segunda, un pouco máis do mesmo pero lograron subir nos últimos minutos os dous goles que deron tranquilidade.

O Casás, pola súa conta, venceu ao Lago por 6-4. Moi boa primeira parte para os de Nino, que foron 5-1 ao descanso tras un hat trick de Samuel. Na segunda tiveron un baixón físico e desconcentración ao inicio e o rival achegouse no marcador ata o 5-4. Pero acabaron metendo o sexto os locais para conseguir, por unha pequena marxa entrar no grupo alto na segunda fase.

Na segunda fase ambos os dos terán como rivais ao 5 Coruña e o Hércules, do grupo A e ao Parrulo A, tamén do B.

Consulta aquí a clasificación

Na outra cara da moeda, o Meigallos xa rematou a semana pasada e fíxoo como último de grupo polo que loitará no grupo 3 pola permanencia.

No 2 da permanencia estará o Ribeira, que remata en sexto lugar tras perder esta fin de semana co Parrulo A, o outro equipo clasificado directamente para loitar polo título. O conxunto visitante foi moi contundente e con 6 minutos xa tiña 2 goles a favor, que foron tres antes do intermedio. No tramo final o Ribeira meteuse na pelexa co 1-4 pero o Parrulo aínda tivo tempo de marcar o quinto.

CASÁS 6 - 4 LAGO

Club Polideportivo Casás: Álvaro, Reda (1), Samuel (3), Pepe (1), Bruno, Ian (1), Jacobo e Alonso.
Ensino Lago DVSport: Lucas, Felipe, Zaira, Íker (2), Naul (1), Eduardo e Yago (1).
Cancha: O Palomar.

RIBEIRA 1 - 5 PARRULO A

Ribeira FS: Érik, Daniel, Aarón, Mateo, Miguel (1), Iago, Héctor, Joaquín, Álvaro, Marco e Íker.
Aringal O Parrulo A: Pablo C, Rubén, Lucas (2), Hugo L, Antón (3), Diego, Rodrigo, Pablo R e Hugo R.
Cancha: Municipal de Lugo.

 NARÓN 0 - 4 ACASTI REFORMAS

SDCyR Narón O Freixo: Samuel, Adahy, Raúl, Adrián, Cristian, José, Xavier, Samuel, Yago, Diego e Bruno.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián F, Adrián S, Sergio (1), Manuel, Manuel José, Brais, Samuel, Martín (1), Yago (1) e Dani (1).
Cancha: As Lagoas.

 

LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO B

          Resultados xornada 14

Casás 6-4 Lago DVSport
Narón 0-4 Acasti Reformas
Ribeira 1-5 Parrulo A
  D Meigallos

                   

Liga Feminina

Co duelo do Castro e o Amarelle polo título aprazado ata o martes, o Ribeira trouxo tres puntos máis para a provincia, na que é a cuarta vitoria da tempada. As luguesas venceron ao Lago DVSport por 2-4 nun partido que levaron de cara malia que tardaron en abrir a caixa dos goles, xa que o primeiro entrou xusto antes do descanso. O equipo lugués levou o marcador ata o 1-4 pero a falta de dous minutos meteron en propia porta nun rexeite e quedou o resultado no 2-4.

Consulta aquí a clasificación

O Dental Arias disputou un duelo co Narón igualado na primeira parte, na que a diferenza marcouna o acerto e a contundencia nas áreas, polo que o resultado no descanso era 0-2.

Na segunda, o Dental Arias intentaba xerar posesión e o rival aproveitaba os erros para facer os goles. Nos minutos finais empezaron a entrar e o marcador púxose 3-4 con opcións para as brancas, pero os erros volveron decantar a vitoria por 4-6 para o visitante.

LAGO DVSPORT 2 - 4 RIBEIRA

Marble Lago DVSport: Daniela F, Noa, Aitana (1), Daniela C, Sheyla, Carla, Candela, Antía e Paula. Un en propia do rival.
Ribeira FS Lieders: Sainza, Xenia (1), María (1), Paula, Shaila (1), Leire, Malena, Alma (1), Miriam e Carla.
Cancha: Monte Caxado.

DENTAL ARIAS 3 - 6 NARÓN

ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Goya, Uxía (3), Xela, Alexia, Nadia, Marina, Ainara, Sheila e Anthea.
SDCyR Narón O Freixo: Alba, Antía (2), Noa (1), Sara, Julia (2), Emma, Naiala, Adriana e Sofía. Un en propia porta do local.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE

           Resultados xornada 12

Lago DVSport 2-4 Ribeira
Amarelle A Castro
Dental Arias 3-6 Narón
  D 5 Coruña

            Próxima xornada  

Lago DVSport - Narón
Ribeira - Amarelle
5 Coruña - Dental Arias
  D Castro