O Casás pon fin á imbatibilidade do Acasti Reformas nun dos dous derbis da xornada

Para a masculina rematará a próxima fin de semana a primeira fase cos amarelos aínda sen saber se loitarán polo título cos brancos

Penúltima xornada da primeira fase con dobre derbi entre os equipos da provincia con resultados moi axustados e a primeira derrota do líder.

O Acasti Reformas, que lidera o grupo e xa está matematicamente clasificado para a loita polo título desde antes de Nadal caeu ante o tamén lugués Casás, cun marcador moi axustado pero que lle permite ao equipo de Nino soñar coa clasificación na última xornada como mellor terceiro, ou poñerse segundo se o Parrulo pincha na última sesión.

Partido igualado que podería ter terminado con vitoria para calquera dos dous pero que finalmente foi para os amarelos, que rematan así coa imbatibilidade dos brancos.

Abriu o Acasti Reformas o marcador pero o Casás cambiou pronto as tornas dándolle a volta á situación para poñer o 1-3 antes da pausa. Na segunda mantívose o equipo amarelo por riba en todo momento aínda que perigou a súa vitoria polo empuxe do local.

Consulta aquí a clasificación

Na pelexa da parte baixa, entre Meigallos e Ribeira, moita igualdade tamén, aínda que finalmente os puntos foron para o equipo visitante. Tardaron ambos en abrir a caixa dos goles pero antes da pausa xa tiñan un tanto cada un. Na segunda, o local púxose por diante, e malia que empatou o Ribeira polo camiño o Meigallos contaba coa vantaxe. Finalmente, no último minuto, o marcador cambiou de 4-3 a 4-5 cun último empuxe do Ribeira.

Ambos os dous irán a dous grupos diferentes na segunda fase se a situación se mantén para o Ribeira, xa que ten opcións de adiantar ao DVSport e mesmo ao Narón se gaña ao Parrulo na última sesión e perden os demais. O Meigallos rematou xa esta fin de semana.

ACASTI REFORMAS 3 - 5 CASÁS

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Miguel, Brais (1), Pablo, Adrián S (1), Sergio S, Sergio V, Samuel, Martín (1), Manuel, Manuel José e Antón.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Reda, Samuel (2), Pepe, Bruno (1), Ian, Iago, Jacobo (2) e Alonso.
Cancha: Municipal de Lugo.

MEIGALLOS 4 - 5 RIBEIRA

Os Meigallos FS: Francisco, Pablo, Alonso (3), Milin, Gael (1), Víctor, José, Julio, Álex e Rubén.
Ribeira FS: Érik, Daniel (1), Álvaro, Mateo (1), Miguel (2), Joaquín (1), Aarón, Marco e Íker.
Cancha: O Chanto.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO B

          Resultados xornada 13

Acasti Reformas 3-5 Casás
Parrulo A 4-1 Narón
Meigallos 4-5 Ribeira
  D Lago DVSport

      Próxima xornada 

Casás - Lago DVSport
Narón - Acasti Reformas
Ribeira - Parrulo A
  D Meigallos

                   

Liga Feminina

Todo por decidir aínda na feminina na que o Dental Arias descansou e venceron os outros dous equipos lugueses.

O Castro non deixou a ocasión de golear ao pechacancelas, o Lago DVSport. 9-0 foi o resultado final dun partido desigual no que as chairegas seguen posicionadas na pelexa polo título. No intermedio, xa estaban as do Castro tres goles por riba pero foi no reinicio cando o marcador se descontrolou cos hat tricks de Ainara e Nerea e o dobrete de Marta.

Con menos vantaxe venceu o Ribeira ao Narón, que quedan empatados na táboa a puntos (xunto ao Dental Arias) aínda que as luguesas teñen un partido menos. 

Só houbo movemento no marcador na primeira parte e foi o Ribeira o que abriu a conta e tralo empate, xusto antes do descanso, meteu o gol da vitoria.

Consulta aquí a clasificación

NARÓN 1 - 2 RIBEIRA

SDCyR Narón O Freixo: Alba, Emma, Noa, Sara, Julia, Antía (1), Naiala, Adriana e Sofía.
Ribeira FS Lieders: Sainza, Shaila, María, Xenia (1), Carla, Alma (1), Malena, Jimena e Miriam.
Cancha: Campo da Serra.

CASTRO 9 - 0 LAGO DVSPORT

FSF Castro Carnemax: Noa, Marta (2), Carla T (1), Emma, Ainara (3), María, Nerea (3), Lucía, Aroa, Aldara e Carla R.
Marble Lago DVSport: Paula, Aitana, Antía, Daniela, Sheyla, Carla e Noa.
Cancha: Municipal de Ribeiras de Lea.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE

           Resultados xornada 11

Narón 1-2 Ribeira
Castro 9-0 Lago DVSport
5 Coruña 1-5 Amarelle
  D Dental Arias

         Próxima xornada   

Lago DVSport - Ribeira
Amarelle - Castro
Dental Arias - Narón
  D 5 Coruña