Goleada contundente do Casás, que accede a segunda praza aproveitando a derrota do Parrulo

Os do Ribeira sacaron un punto do duelo masculino do Narón mentres na feminina, vitoria de Castro e Dental Arias

Co Reformas Acasti descanso dende o máis alto da táboa, o Casás accede á segunda praza trala derrota do Parrulo e a goleada dos amarelos ao Meigallos. Os de Nino tiveron unha xornada exitosa na que todo saíu lucindo como fixeron unha gran presenza na pista e cun gran acerto. 0-14 foi o resultado que lles valeu a segunda posición. Destacan os 6 goles que marcou Samuel e os 4 de Bruno.

Consulta aquí a clasificación                         

O outro partido da xornada foi o Ribeira-Narón, no que os locais sumaron 1 punto pero seguen na parte baixa, por riba do Meigallos. Todos os goles entraron na primeira metade. Nada máis empezar, o Narón fixo o primeiro, que foi contestado inmediatamente polo Ribeira. Case dez minutos despois, os ribeiraos adiantáronse pero de seguido foron empatados e o marcador non se moveu máis.

RIBEIRA 2 - 2 NARÓN

Ribeira FS: José, Álvaro (1), Mateo, Brais (1), Miguel, Joaquín, Daniel, Íker, Pedro, Marco e Héctor.
SDCyR Narón O Freixo: Samuel Castro, Xavier (1), Raúl, Adrián (1), Diego, Samuel Calvo e Yago.
Cancha: Municipal de Lugo.

MEIGALLOS 0 - 14 CASÁS

Os Meigallos FS: Francisco, Alonso, Milin, Julio, Rubén, Yago, Alejandro, Víctor, José, Álex e Pablo.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Reda (1), Samuel (6), Pepe, Bruno (4), Ian, Jacobo (2) e Alonso (1).
Cancha: O Chanto.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO B

          Resultados xornada 11

Parrulo A 3-7 Lago DVSport
Meigallos 0-14 Casás
Ribeira 2-2 Narón
  D Acasti Reformas

           Próxima xornada

Lago DVSpor - Acasti Reformas
Casás - Parrulo A
Narón - Meigallos
  D Ribeira

                

Liga Feminina

O Castro sumou de novo os tres puntos e fíxoo ante o 5 Coruña, ao que derrotou pola mínima diferenza. 2-1 foi o resultado tras un partido tenso no que as coruñesas foron as primeiras en marcar, no minuto 3. O Castro reaccionou preto do descanso para facer o dobrete de Marta deixando o marcador así ata o final. O Castro segue segundo a dous puntos do líder, que ten un partido menos e segue invicto. Ata o de agora as chairegas só perderon un partido e empataron outro.

Na zona baixa e empatadas a puntos están as do Ribeira e o Dental Arias, que se enfrontaron en derbi local con vitoria das brancas por 1-4. Primeira parte controlada polo Lugo Sala, cun Ribeira que non se achegaba a portería. 0-3 foron ao descanso e na segunda o partido seguiría igual. Só a falta de efectividade mantivo o marcador parado.

Consulta aquí a clasificación

CASTRO 2 - 1 5 CORUÑA

FSF Castro Carnemax: Noa, Marta (2), Carla T, Emma, Ainara, María, Nerea, Lucía, Aldara e Carla R.
Academia 5 Coruña FS: Xiana, Celia, Sara (1), Noa, Rocío, Valeria e Andrea.
Cancha: Castro Ribeiras de Lea.

RIBEIRA 1 - 4 DENTAL ARIAS

Ribeira FS Lieders: Sainza, Alma, María (1), Xenia, Paula, Shaila, Malena, Jimena, Miriam e Carla.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Goya, Uxía (1), Candela (2), Xela, Nadia, Marina, Ainara, Alexia (1) e Anthea. 
Cancha: Seminario.
 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE

           Resultados xornada 8

Castro 2-1 5 Coruña
Ribeira 1-4 Dental Arias
Amarelle A Narón
  D Lago DVSport

     Próxima xornada 

Narón - Castro
5 Coruña - Ribeira
Dental Arias - Lago DVSport
  D Amarelle