Goleada do Acasti Reformas, que segue líder, ao Meigallos e superioridade do Casás

Suspenderon o partido do Ribeira pola condensación da pista durante o primeiro tempo e derrota dos dous equipos da feminina

O Acasti Reformas segue liderando a clasificación en solitario e aínda invicto tras golear esta fin de semana ao Meigallos ante o seu público. Foron contundentes os brancos, que abriron rápido a lata dos goles con dous antes dos dez minutos e outros tantos no intermedio.

Co 0-4 o partido quedaba listo para sentenza e máis cando, na reanudación, caeron outros dous goles en menos de dez minutos.

O partido infantil do Ribeira contra o Lago foi suspendido na primeira parte, cando o equipo local perdía 1-2 pola condensación da pista, que provocaba moitas caída dos xogadores.

Consulta aquí a clasificación                         

Vitoria tamén do Casás sobre o Narón por 0-4. Partido moi completo no que os rapaces estiveron moi implicados, cunha importante defensa que impediu o gol do rival. Partido cómodo para os amarelos, que tardaron en inaugurar o marcador pero que unha vez coñecido o camiño meteron tres tantos en tres minutos xusto antes da pausa.

O último gol entraría sobre a bucina.

MEIGALLOS 0 - 7 ACASTI REFORMAS

Os Meigallos FS: Francisco, Víctor, Alonso, Milin, Gael, José, Julio, Dérek e Yago.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio V, Brais (1), Pablo (1), Álex, Adrián S (2), Adrián F, Yago (1), Sergio S (1), Manuel, Manuel José (1) e Samuel.
Ribeira FS: Érik. Álvaro, Marco D, Mateo, Pedro, Joaquín, Ignacio, Mario, Iago, Marco C e Miguel.
Cancha: José Mario González.

NARÓN 0 - 4 CASÁS

SDCyR Narón O Freixo: Samuel, Xavier, Adahy, Adrián, Cristian, José, Raúl, Samuel, Yago e Bruno.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Pepe (1), Samuel (1), Reda, Bruno (1), Ian (1), Alonso, David e Jacobo.
Cancha: As Lagoas.
 
LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO B

          Resultados xornada 9

Meigallos 0-7 Acasti Reformas
Ribeira S Lago DVSport
Narón 0-4 Casás
  D Parrulo A

 Próxima xornada

Acasti Reformas - Parrulo A
Lago DVSpor - Meigallos
Casás - Ribeira
  D Narón

                           

Liga Feminina

Mala xornada para os equipos de Lugo con dúas derrotas. O Ribeira foi superado de forma abrumadora ante o Amarelle, líder invicto do grupo, por 8-0. A metade dos goles caéronlle ás azuis no primeiro tempo os dous primeiros nos seis minutos iniciais. O equipo local dominou o duelo.

Consulta aquí a clasificación

Mentres, o Dental Arias caeu co 5 Coruña por 2-4. A eficacia pasou factura ás brancas, que foron superiores en xogo e nas áreas aínda que perdían 1-2 ao descanso. Na segunda, o Lugo Sala marcaba o ritmo e o 5 Coruña tentaba adaptarse sucedéndose as ocasións das locais, que non atopaban a senda do gol. As rivais, pola contra, lograban con dous disparos exteriores, levarse o partido.

AMARELLE 8 - 0 RIBEIRA

Viaxes Amarelle: Rocío, Claudia (3), Sara (1), Alma (2), Antía, Raquel (1), Valentina e Alexandra (1).
Ribeira FS Lieders: Saínza, María, Xenia, Paula, Carla, Alma, Shaila, Malena e Miriam.
Cancha: Barrio das Flores.

DENTAL ARIAS 2 - 4 5 CORUÑA

ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Goya, Uxía (1), Candela, Alexia (1), Nadia, Marina e Anthea. 
Academia 5 Coruña FS: Valentina, Celia (1), Sara Barros (1), Noa, Jimena (2), Sara Baroso, Valeria, Xiana, Andrea e Rocío.
Cancha: As Lagoas.
 
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA NORTE

           Resultados xornada 6

Narón 12-1 Lago DVSport
Amarelle 8-0 Ribeira
Dental Arias 2-4 5 Coruña
  D Castro

                   Próxima xornada 

Lago DVSport - Amarelle
Castro - Dental Arias
5 Coruña - Narón
  D Ribeira