Na xornada de Copa, clasificación do Castro feminino para semifinais e derrota do Ribeira masculino

O equipo lugués caeu en cuartos, onde o Acasti Reformas aprazou o seu partido

Copa Masculina Grupo A

A Liga regular parouse para xogar os oitavos de Copa, que trouxeron a derrota do Ribeira ante o Narón por un resultado moi axustado. O equipo lugués inaugurou rápido o marcador, nos primeiros compases, pero pronto remataría empatando o local ata en dúas ocasións. Chegaron ao descanso 2-3 cun gol de vantaxe dos azuis que foi en propia do Narón.

Na segunda parte mantívose a igualdade pero foi o Narón o que foi por diante no marcador. A dez minutos do final o partido xa non evolucionou desde o 5-4.

O Acasti Reformas, que tiña que xogar co 5 Coruña na casa, aprazou o duelo polo que é polo momento o único supervivinte da Copa masculina.

NARÓN 5 - 4 RIBEIRA

SDCyR Narón O Freixo: Samuel, Adrián (2), Raúl, Matías, Cristian (1), Xavier, Adahy (2), Samuel, Diego e Bruno.
Ribeira FS: Érik, Héctor, Daniel (1), Brais, Marco C, Marco D, Álvaro (2), Mateo, Íker, Miguel e Iago. Un en propia do Narón.
Cancha: As Lagoas.

            

COPA INFANTIL MASCULINA

           Oitavos

Narón 5-4 Ribeira
Club del Mar 2-4 Ventorrillo
Alto do Vento A Fisober
Acasti Reformas A 5 Coruña
Carballiño S Saraiba do Mar
Ourense 9-1 Marín
Celanova A Coruxo
Fútbol en 40x20 S Pecheches

 

Subgrupo 1

A competición infantil, á que lle resta unha xornada, parou esta fin de semana para celebrar a sesión de oitavos Copa. Só se celebrou un partido do grupo 1, o Parrulo venceu ao Hércules sen repercusións para os dous lugueses, que rematarán terceiro e cuarto. En duelo directo a fin de semana próxima decidirán quen ocupa cada posición.

Consulta aquí a clasificación

 
LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 1º

           Resultados adiantado da xornada 10

Hércules 3-9 Parrulo A

Próxima xornada

Casás - Acasti Reformas
  D 5 Coruña

   

Subgrupo 2

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 2º

         Próxima xornada 

Fisober - Narón
Ribeira - Stellae
  D Club del Mar

                

Subgrupo 3

Consulta aquí a clasificación

LIGA GALEGA INFANTIL SUBGRUPO 3º

         Próxima xornada

Ventorrillo - Lago
Alto do Vento - Meigallos
  D Colegio Liceo


 

Copa Feminina Grupo A

O Castro venceu apurado ao Ribeira e pasa á fase de semifinais da Copa, que terán lugar a finais de maio xa que esta fin de semana próxima será a final de Liga.

O conxunto lugués foi o primeiro en marcar, xa nas primeira xogadas, e non tardía en empatar o Castro, resultado co que se foi ao descanso. 

Á volta de vestiarios puxéronse por diante de novo as visitantes e o local volveu a empatar. Finalmente, a cinco minutos do final meteu o Castro o gol da vitoria.

CASTRO  3 - 2 RIBEIRA

FSF Castro Carnemax: Noa, Marta (1), Carla T, Emma, Ainara, María, Nerea (1), Lucía (1), Aroa, Aldara e Carla R.
Ribeira FS-Lieders: Saínza, Alma. (1), María, Xenia, Carla, Shaila, Malena, Jimena, Paula, Miriam e Natalia (1).
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.

 

CAMPIONATO DE COPA - FASE FINAL

              Cuartos

Castro 3-2 Ribeira
Amarelle S 5 Coruña
Poio 4-1 Carballiño
La Peña S Marín

 

CAMPIONATO DE LIGA - FASE FINAL

              Semifinais ida (30/04) 

Marín - Amarelle
Castro - Poio