O benxamín do Ribeira caeu na fase clasificatoria da cita nacional e regresa con moi boas senasións

O conxunto lugués foi segundo de grupo, goleou en dous encontros e foi superado amplamente polo Gijón

O equipo benxamín do Ribeira fixo historia de novo e participou esta fin de semana na fase previa do Campionato de España de Clubs de Base de fútbol sala. Non tiveron tanta fortuna como o cadete, e malia xogar moi ben e facer un gran papel, non lograron quedar como primeiros de grupo, tendo de conformarse coa segunda praza.

O equipo foi moi superior ante o Benavente (7-1) e o Enmedio (3-13) pero caeu aplastado ante o líder do grupo, o Gijón, por 0-14.