O Ribeira FS cóase na Final Four do Campionato de España cadete

Disputouse a fase clasificatoria en Valladolid esta fin de semana. As finais de Copa, nas que o Burela na masculina, e o Castro, na feminina, buscan o título, serán o próximo domingo

Campionato de España

O Ribeira FS cadete masculino logrou inscribir os seu nome entre os mellores de España. Certificou o billete esta fin de semana para a Fase Final do Campionato de España de Clubs de Base de fútbol sala nas distintas fases previas que se disputaron ao longo do país. Agora espera a Final Four para loitar polo título, unha cita que se celebrará os días 17 e 18 de xuño.

O Ribeira FS fixo os deberes nesta fase previa e xa ten o billete para loitar polo título nacional. O conxunto galego disputou a previa en Valladolid e fixo pleno ao sumar 9 puntos de 9 posibles

Os galegos derrotaron al Valladolid Tierno Galván (3-5), á AD San Juan (1-9) e ao Otxartabe (5-1) e pasan como primeiros do seu grupo.

Copa

O Burela xa están na final de Copa, que se disputará o 11 de xuño no Vista Alegre. O club laranxa necesita quitarse a espiña da Liga, que perderon no último partido.

 
COPA CADETE

               Xornada de oitavos

Compañía de María 1-1 Parrulo A
Hércules 5-3 Noia
Narón O Freixo 3-3 Ventorrillo
Burela 7-2 5 Coruña
La Peña 2-4 Colegio SEK
Paz A 2-6 Carballiño
Sala Ourense 2-5 Campito
Celanova 9-1 Vigo 2015

Cuartos 

Parrulo A 3-2 Hércules
Narón O Freixo 2-6 Burela
Colegio SEKA 2-6 Carballiño
Campito 5-3 Celanova

Semifinais 

Parrulo A 3-7 Burela
Carballiño 6-3 Campito

Final (11/06)

Burela  - Carballiño

 

Feminina

O Castro feminino cadete tamén xogará a final da Copa o 11 de xuño logo de vencer ao gran inimigo da Liga, o Amarelle. O partido será contra o Poio.

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA - FASE FINAL

              Cuartos

Amarelle 4-1 Burela
Moaña 6-3 Chapela
Poio 8-2 La Peña
  D Castro

               Semifinais

Castro 4-2 Amarelle
Moaña 2-4 Poio

 Final (11/6)

Castro - Poio