Campionato de España
O Ribeira FS cadete masculino fixo historia para o seu club esta fin de semana logo de facerse co título de campión de España da categoría vencendo ao Barça por 5-6 na gran final dun torneo que converte ao equipo no mellor cadete da tempada.
Os lugueses enfrontáronse o sábado ao El Pozo na semifinal, na que venceron tamén de forma axustada por 2-3.
Os de César aguantaron ben o arreón inicial do rival e despois dos 8 minutos de xogo, conseguiron atopar o seu lugar na pista. Os lugueses defenderon ben e de cara ao final tiveron tamén opcións de ampliar a vantaxe pero conservar a vitoria era importante. O rival intentouno con porteiro xogador pero non foi quen de romper a barreira luguesa.
Co Barcelona as cousas foron moi diferentes. Alternaron o dominio e incluso houbo un momento no que o rival adiantouse ata o 3-5 pero o Ribeira logrou empatar e nunha contra espectacular a falta de dous minutos para o final marcou o gol da vitoria. Con medo a que o cansazo pasase factura, defenderon con unllas e dentes o porteiro xogador do rival para que se desatase a loucura de felicidade co son da bucina.