Só o Meigallos logrou traer puntos para a provincia na masculina, dun empate co Compañía de María

O Castro supera ao Burela en partido adiado da fase de Copa feminina e se mantén colíder

Todo por decidir aínda na categoría cando faltan catro xornadas para finalizar e tras unha mala xornada na que o único que puntuou foi o Meigallos, grazas a un empate.

O Casás caceu ante o Colegio Liceo, cun avultado marcador (7-2) que o adianta na xeral. Partido durísimo con moito contacto. Dominou o local na primeira parte e tamén na segunda polo que foi xusta a vitoria. O equipo lugués segue tendo opcións aínda para facerse coa segunda praza de ascenso xa que a primeira, que ocupa o Noia, está fóra do radar. O que si, ten asegurada a permanencia

O punto da xornada foi para o Meigallos, que se atopa en zona de descenso e coa salvación a só catro puntos polo que aínda pode cambiar o curso da situación.

Esta fin de semana perdeu o equipo unha ocasión de ouro, xa que perdeu a posibilidade da vitoria pola falta de efectividade e de sorte empatamos xa que xogaron para a vitoria.

Empezaron o partido tendo ocasións e anulando ao rival, pero eles conseguiron adiantarse nunha das poucas ocasións que tiveron. Aínda sí empataron antes do descanso. Na segunda parte foron moi superiores tendo moitas ocasións para marcar pero o porteiro rival e os paus frenáronos.

Consulta aquí a clasificación

O Begonte, que loita tamén por alonxarse do pozo, foi derrotado por goleada por un dos de arriba, o 5 Coruña B. Pouco puideron facer os chairegos, que tiñan ao descanso un 7-0 en contra e que explicaba as dificultades que pasaron. Marcaron os de Begonte xusto á volta pero agás un gol do rival o marcador non se moveu máis.

COLEGIO LICEO 7 - 2 CASÁS

Colegio Liceo: Alejandro, Adrián, Roi (3), Asier (1), Joel (1), Enzo, Pablo, Iago, Fernando (1) e Brais (1).
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Héctor (2), Manuel, Pablo Carballo, Jorge, Cabaleiro, Marcos e Unay.
Cancha: Liceo La Paz.

5 CORUÑA B 8 - 1 BEGONTE

Academia 5 Coruña FS B: Sergio, Mateo (1), Anxo (3), Brais, Javier (1), Xoel, Bruno (1), Pablo e Daniel. (2).
Concello de Begonte FS: Yerai, Xabier, Antón M, Mario (1), Antón L, Álvaro e Sául.
Cancha: San Francisco Javier.

MEIGALLOS 1 - 1 COMPAÑÍA DE MARÍA

Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Xoel, Tomás, Íker, Alonso, Rubén, Gael, Sergio e Raúl (1).
CD Compañía de María: Pedro, Iago (1), Manuel, José, Hugo, Lucas, Jorge e Mateo.
Cancha: O Chanto.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 22

Colegio Liceo 7-2 Casás
5 Coruña B 8-1 Begonte
Narón 4-4 Parrulo B
Noia 6-2 Hércules
Betanzos 2-3 Fisober
Meigallos 1-1 Compañía María
  D Lago DVSport

Próxima xornada 

Compañía María - Colegio Liceo
Casás - Lago DVSport
Begonte - Narón
Parrulo B - Noia
Hércules - Betanzos
Fisober - Meigallos
  D 5 Coruña B

                       

Copa Feminina

O Burela e o Castro aproveitaron a xornada de descanso para disputar o duelo da pasada fin de semana. O Castro colidera co Amarelle a fase de Copa e só os goles teñen ao equipo da Coruña por riba.

Esta fin de semana as chairegas derrotaron ao Burela, que aínda non puntuou. Deron opcións ás mariñás na primeira metade pero na segunda foron superiores e abriron fenda.

BURELA 1 - 5 CASTRO

Pesados Rubén Burela FS: Lola, Claudia R, Nerea (1), María, Laura, Iria, Claudia P, Fátima, Cayetana e Martina.
FSF Castro Carnemax: María, Mara (2), Antía (2), Mencía (1), Zoe, Aroa, Marta, Emma, Lucía e Irene.
Cancha: Castro Ribeiras de Lea.

Consulta aquí a clasificación

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE

              Resultados xornada 3

Burela 1-5 Castro
  D Amarelle

 Próxima xornada

Burela - Amarelle
  D Castro