O Acasti Reformas e o Ribeira clasifícanse para as semifinais de Copa

Buscarán unha praza na final con outros rivais polo que podería haber un último partido totalmente lugués
CAD MAS-Os Meigallos-Ribeira-FER (8)
photo_camera Imaxe de arquivo

Copa Galicia

Os dous equipos presentes nos cuartos da Copa Deputación saíron con aprobado da fin de semana, xa que lograron clasificarse para as semifinais, nas que ámbolos dous terán outros rivais polo que de gañar podería producirse unha final totalmente luguesa.

O Acasti Reformas desfíxose do 5 Coruña cunha importante superioridade no marcador, xa que venceu 0-5. O partido púxose de cara para os do Lugo Sala ao sumar o primeiro gol en propia porta dos rivais e marcar o segundo e o terceiro antes da pausa. Volveron con forza os de Christian Costoya, que sumaron dous máis e conseguiron manter a portería a cero.

Moi diferente foi o duelo do Ribeira co Fisober, que estivo máis igualado e no que os goles precipitáronse no tramo final. Abriron a caixa os de César López pero o rival deulle a volta ao marcador xusto despois da pausa. Con esta situación chegaron ata o minuto 39, cando marcaron o gol do empate os visitantes. Os últimos catro minutos foron de tolería, pasando do 2-2 ao 4-5. 

Foi o Fisober o que rompeu as táboas primeiro grazas a un gol en propia porta do Ribeira, quen empatou de novo deseguido e púxose por diante. Axudou á vitoria un gol en propia do local para facer o 3-5 xa que marcarían sobre a bucina o 4-5, pero a vitoria quedou para os de Lugo.

5 CORUÑA 0 - 5 ACASTI REFORMAS 

Academia 5 Coruña: Xoel, Hugo, Nico, Anxo, Lucas, Sergio V, Sergio R, Aitor e Jacobo.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio, Javier, Álex, David, Marcos, Adrián, Pablo, Hugo, Manuel, Iago e Brais.
Cancha: San Francisco Javier.

 FISOBER 4 - 5 RIBEIRA

Fisober FSF: David, Adrián, Pablo C, Juan, Pablo T, Iago, Mario, Rubén e Francisco.
Ribeira FS: Pablo D, Jonás, Andrés, Sergio, Uriel, Iago, Samuel, Martín, Roi e Marco.
Cancha: O Conco.

 

Resultados Cuartos

5 Coruña A 0 5 Acasti Reformas
Coruxo 2 2 Baíña
Maceda 4 3 Chapela
Fisober 4 5 Ribeira

Semifinais

Acasti Reformas - - Coruxo
Maceda - - Ribeira
 
 
 

Copa Feminina

Descanso na Copa feminina, que terá a súa sesión de semifinais a próxima fin de semana. O Castro enfrontarase ao Marín nun campo aínda sen determinar por unha praza na final.

 
Próxima xornada: Semifinal (26/05)
Viaxes Amarelle - - Poio
Castro - - Marín