Acasti Reformas e Casás súmanse a Burela e Ribeira na fase copeira de oitavos

Venceron nos seus duelos ante outros dous lugueses, o Begonte e o Meigallos, e tamén xogarán entre eles na próxima sesión

Eliminatorias Copa Galicia

Entre a fin de semana e o festivo disputáronse os partidos da fase previa da Copa na que houbo dous derbis dentro da provincia de Lugo. Nun deles, o Acasti Reformas venceu ao Meigallos (5-7) nun partido con moita igualdade.

Comezaron dominando os de Lugo, que marcaron xa na primeira xogada e en dous minutos estaban 0-2, o que os confiou un pouco e baixaron a intensidade. Iso fixo que o sarriao recuperase terreo para poñer o empate antes do intermedio.

Na segunda parte houbo moita igualdade e os marcadores foron subindo de forma repartida ata o 5-5 que figuraba no 44'. Nos últimos minutos o equipo lugués deu un último arreón para marcar dous goles máis e facerse coa vitoria e botar así ao Meigallos da competición.

Moito máis desigual foi o partido entre o Begonte e Casás. O equipo amarelo, campión da División de Honra, enfrontouse a un dos de abaixo da Galega e o marcador quedou en 1-7. Ao conxunto lugués custoulle máis na primeira parte, que finalizou 1-2, pero á volta de vestiarios, comezou a recuperación para, nos últimos catro minutos, meter tres goles.

A próxima fin de semana volverá haber dobre derbi. O Acasti Reformas enfrontarase ao Burela, que venceu en partido adiantado; e o Ribeira, que pasou por abandono do rival, fará o mesmo co Casás.

MEIGALLOS 5 - 7 ACASTI REFORMAS

Os Meigallos FS: Luis, Alonso, Borja, Nicolás, Brais, Gael, Izan, Rubén, Milin, Julio e Abdel.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Iker, Javier, Diego, Hugo, Marcos, Sergio, Brais, Álex, Iago, Gael e Sergio.
Cancha: O Chanto.

BEGONTE 1 - 7 CASÁS

Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Xabier, Alejandro, Antón M, Brais, Miguel, Antón L, Saúl e Samuel.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos, Saúl, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Héctor e Manuel. 
Cancha: Municipal de Baamonde.

Resultados Dieciseisavos 

Narón 5 3 Betanzos
5 Coruña A 6 6 Ventorrillo
Os Meigallos 5 7 Acasti Reformas
Ato do Vento 0 3 Burela
Labor 6 3 Valladares
Coruxo S La Peña
Tui 1 3 Baíña
Vigo 2015 6 1 Cios Vigo
Sala Ourense 2 10 Maceda
Carballiño 5 8 Chapela
Celanova 7 4 Redondela
Parrulo A 1 1 Lago
Hércules 1 8 Fisober
Ribeira S Compañía de María
Begonte 1 7 Casás

Próxima xornada: Oitavos (12/05)

Narón - - 5 Coruña A
Acasti Reformas - - Burela
Labor - - Coruxo
Baíña - - Secundino Basalo
Vigo 2015 - - Maceda
Chapela - - Celanova
Parrulo A - - Fisober
Ribeira - - Casás
 

Liga Feminina

O Marín fíxose co título de campión galego de Liga logo de vencer ao Viaxes Amarelle por 2-5. Non chegou o Castro á final xa que caeu precisamente co campión a pasada semana.

 
Semifinal Liga
Viaxes Amarelle 4 0 Poio
Marín 2 1 Castro
Final Liga
Viaxes Amarelle 2 5 Marín
 
 
 

Copa Feminina

A próxima fin de semana terá lugar a sesión de cuartos da Copa Feminina na que o Ribeira recibirá ao Viaxes Amarelle. Burela e Castro pelexarán entre eles por un posto na semifinal.
 
Próxima xornada: Cuartos (12/05)
Ribeira - - Viaxes Amarelle
Burela - - Castro
Ourense CF - - Poio
Marín - - Bembrive