O Burela clasifícase para oitavos de Copa logo de vencer ao Alto do Vento en partido adiantado

Na feminina, o Castro apéase da loita polo título de Liga, ao perder en semifinais contra o Marín 
DHC-Burela-Fisober-FER (9)
photo_camera Imaxe de arquivo

Eliminatorias Copa Galicia

O Burela súmase ao Ribeira como equipo clasificado en oitavos de final da Copa Galicia de fútbol sala cadete. Mentres que o lugués pasa sen saír ao parqué logo da retirada do Compañía de María, o mariñao gañouse ao praza derrotando ao Alto do Vento en partido adiantado xa que a xornada de dieciseisavos será o próximo domingo día 5 de maio.

Venceu o equipo laranxa por 0-3 cos tres goles no tramo final. Os dous equipos proceden de categorías diferentes, xa que o local é de Liga Galega e o Burela de División de Honra. Primeira parte moi igualada, na que non se notou a diferencia de categoría. O rival creou tres ocasións claras que parou o porteiro e o equipo laranxa non o intentou. Na segunda parte cambiou o conto e o Burela cercounos no sen campo.

A próxima fin de semana será a seguinte sesión, con dobre duelo lugués Meigallos-Acasti Reformas e Begonte-Casás.

ALTO DO VENTO 0 - 3 BURELA

AD Codima-Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez: Juan, Ramón, Xoel, Uxío, Mauro, Yago, Iker, Pablo e Lucas.
Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Walter, Pedro, Filipe, Mauro, Gabriel, Alexandre, Raúl e Darío.
Cancha: Fontiñas.

Dieciseisavos (5/05)

Narón - - Betanzos
5 Coruña A - - Ventorrillo
Os Meigallos - - Acasti Reformas
Ato do Vento 0 3 Burela
Labor - - Valladares
Coruxo - - La Peña
Tui - - Baíña
Vigo 2015 - - Cios Vigo
Sala Ourense - - Maceda
Carballiño - - Chapela
Celanova - - Redondela
Parrulo A - - Lago
Hércules - - Fisober
Ribeira S Compañía de María
Begonte - - Casás

 

Liga Feminina

Malas noticias para o equipo feminino do Castro, que caeu na semifinal de Liga ante o Marín por un apertado 2-1. O local marcou nada máis iniciado o segundo tempo e despois dunha gran igualdade na cancha durante os primeiros 25 minutos. O conxunto chairego logrou achegarse no 36' pero non puido facer máis e queda fóra da pelexa polo título, que disputarán Amarelle e Marín.

MARÍN 2 - 1 CASTRO

Enrique y Novás Marín Futsal: Ainoa, Sela, María, Yaiza, Clara, Aitana, Uxía, Flavia, Daniela e Sabela.
FSF Castro Clínica García Rielo: Aroa G, Carla T, Mencía, Mara, Zoe, María, Sheila, Marta, Aroa M, Carla R e Emma.
Cancha: As Lagoas.
 
Semifinal Liga
Viaxes Amarelle 4 0 Poio
Marín 2 1 Castro
Final Liga
Viaxes Amarelle - - Marín
 
 
 

Copa Feminina

A próxima fin de semana haberá descanso para os lugueses e haberá que esperar ata o 12 de maio para seguir coa celebración da Copa onde Burela e Castro mediranse entre eles para entrar nas semifinais. O Ribeira, tamén clasificado, loitará co Amarelle.
 
Resultados Oitavos 
Ribeira 6 0 Dental Arias
Viaxes Amarelle 4 1 Vilalba
Narón 1 4 Castro
Poio 7 1 Barro
Marín 14 0 Tui
Bembrive 7 3 Chapela
Cuartos (12/05)
Ribeira - - Viaxes Amarelle
Burela - - Castro
Ourense CF - - Poio
Marín - - Bembrive