O Ribeira e o Castro, que venceron, uniranse ao Burela nos cuartos da competición copeira

Os equipos masculinos da provincia non xogaron esta fin de semana xa que entrarán directamente na fase de dieciseisavos o día 5 de maio

Eliminatorias Copa Galicia

Esta fin de semana disputouse a fase previa de Copa na que non houbo participación luguesa, xa que todos están clasificados para dieciseisavos, sesión que terá lugar o 5 de maio. Están previstos dous derbis, o Meigallos-Acasti Reformas e o Begonte-Casás. Ademais, o Burela xogará fóra co Alto do Vento e o Ribeira na casa co Compañía de María.

Fase previa

Narón 7 7 Stellae
5 Coruña A 7 3 Composala
Colegio Liceo 1 7 O Parrulo A

Dieciseisavos (5/05)

Narón - - Betanzos
5 Coruña A - - Ventorrillo
Os Meigallos - - Acasti Reformas
Ato do Vento - - Burela
Labor - - Valladares
Coruxo - - La Peña
Tui - - Baíña
Vigo 2015 - - Cios Vigo
Sala Ourense - - Maceda
Carballiño - - Chapela
Celanova - - Redondela
Parrulo A - - Lago
Hércules - - Fisober
Ribeira - - Compañía de María
Begonte - - Casás

 

Copa Feminina

O Ribeira e o Castro foron os vencedores da fase de oitavos da Copa feminina e xogarán na próxima sesión xunto ao Burela, que xa pasou directamente.

O equipo ribeirao venceu ao Dental Arias por 6-0. Abriu rapidamente a conta, no primeiro minutos e marcharon ao descanso 4-0, despois de dous goles xusto antes do asubío. Ao regreso marcaron o quinto e coroaron o resultado no último minuto.

O Castro tamén logrou o pasaporte para cuartos e fíxoo vencendo ao Narón por 1-4. Malia o resultado o partido estivo máis rifado do previsto. Marcaron primeiras, na primeira parte e non foi ata avanzada a segunda que empatou o local. A partir de aí abriría fenda do Castro pero con dificultades.

O que queda fóra e o Vilalba, que caeu co Amarelle por 4-1. Foron as vilalbesas as que inauguraron o marcador nada máis empezar e tiveron os tres puntos ata o minuto 36 cando empata o local. Tardou en abrir fenda para asegurar a vitoria.

Na próxima sesión de Copa, que terá lugar o día 12 de maio, o Ribeira recibirá ao Viaxes Amarelle e o Burela enfrontarse ao Castro.

Pero antes, esta fin de semana próxima será a semifinal de Liga, na que está clasifico o equipo chairego.

RIBEIRA 6 - 0 DENTAL ARIAS

Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla D, Alma, María, Antía, Xenia, Carla V e Nerea.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Alba, Goya, Marina, Anthea, Alexia, Nadia e Andrea.
Cancha: Municipal de Lugo.

AMARELLE 4 - 1 VILALBA

Viaxes Amarelle FS: Icía, Valentina, Irene, Elba, Sila, Ruth, Martina, Antía e Aldara.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Laura V, Sofía, Lucía C, Sara, Lucía V, Olaya e Laura P.
Cancha: Sagrada Familia.

NARÓN 1 - 4 CASTRO

SDCyR Narón O Freixo: Adriana, Alba, Noa, Dafne e Ainoa, Sara, Naiala, Antía e Emma.
FSF Castro Clínica García Rielo: Aroa, Marta, Mencía, Mara, Zoe, Aroa, Sheila e Emma.
Cancha: As Lagoas.
 
Resultados Oitavos 
Ribeira 6 0 Dental Arias
Viaxes Amarelle 4 1 Vilalba
Narón 1 4 Castro
Poio 7 1 Barro
Marín 14 0 Tui
Bembrive 7 3 Chapela
Cuartos (12/05)
Ribeira - - Viaxes Amarelle
Burela - - Castro
Ourense CF - - Poio
Marín - - Bembrive
 
Próxima xornada: Fase final Liga (28/04)
Viaxes Amarelle - - Poio
Marín - - Castro