O Ribeira finaliza primeiro nun dos grupos de Copa e falta rematar o outro por dous aprazamentos

O equipo B da masculina perdeu o partido adiado co Alto do Vento por 8-6 despois de ser superior durante toda a primeira parte

Eliminatorias Copa Galicia

A próxima fin de semana terá lugar a Fase Previa da Copa Galicia, na que non estarán nesta primeira quedan ningún da provincia. Si o estarán na segunda sesión o día 5 de maio.

Fase previa (21/04)

Narón - - Stellae
5 Coruña A - - Composala
Colegio Liceo - - O Parrulo A

 

 
 

Liga Galega Cadete

O Ribeira B caeu derrotado ante o Alto do Vento e remata a Liga como quinto de grupo no partido adiado da pasada fin de semana, cando se celebrou a última xornada para todos. 

O equipo lugués comezou controlando o partido claramente e con acerto a porta xa que chegou a poñerse na primeira parte 1-6. Xa antes do intermedio o rival comezou a achegarse e logrou o empate despois de dúas vermellas ao Ribeira B. Nos dous últimos minutos ampliaron o resultado para levarse a vitoria. 

Consulta a clasificación aquí

ALTO DO VENTO 8 - 6 RIBEIRA B

AD Codima-Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez: Juan, Iker, Pablo, Xoel, Uxío, Ramón, Yago, Lucas, Mauro e Román.
Ribeira FS B: Hugo,  Pedro, Daniel, Brais, Marco, Héctor, Aarón, Álvaro, Mateo, Iker, Iván e Iago.
Cancha: Santa Isabel. 

 

Resultados xornada 22 adiado

Alto do Vento 8 6 Ribeira B

 

 

Copa Feminina

Na feminina, o Ribeira calsificou primeiro de grupo, con catro vitorias, aínda que nesta sesión tocoulle descansar. Si xogaron o Narón e o Vilalba. O equipo ferrolán venceu ao chairego son solvencia e despois de chegar ao intermedio con catro de vantaxe. As de verde rematan na última praza.

GRUPO NORTE 1
 

NARÓN 6 - 0 VILALBA

SDCYR Narón O Freixo: Adriana, Noa, Dafne, Antía, Emma, Sara, Naiala e Ainoa.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Sofía, Lucía V, Lucía C, Sara, Iria, Olaya, Sabela, Sabela e Laura.
Cancha: As Lagoas.

Resultados xornada 6

Narón 6 0 Vilalba
  D Ribeira
 

 

GRUPO NORTE 2

Todo por saberse no segundo grupo, debido a dous aprazamentos. O Dental Arias, último polo momento e o único que rematou, caeu ante o Burela, que lidera agora mesmo a clasificación. Foi o único partido porque quedan dous máis do Castro, outro do Burela e un máis do Amarelle.

O equipo laranxa foi superior neste partido indo sempre por diante no marcador e abrindo fenda desde o principio.

Os partidos pendentes celebraranse na noite do luns e o martes, xa que a próxima fin de semana disputaranse os oitavos de final e está todo por decirdir.

DENTAL ARIAS 1 - 6 BURELA

ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Goya, Alexia, Xela, Anthea, Sheila, Uxía e Nadia.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Sara, Claudia, Fátima, Antía, Mayra e Ilena.
Cancha: Municipal de Lugo.
 
 
Resultados xornada 
Castro A Viaxes Amarelle
Burela A Castro
Dental Arias 1 6 Burela