O Casás cumple e convértese no campión da última tempada da División de Honra

Fin de ciclo tamén na categoría Galega, na que co campión, o equipo B dos amarelos, de descanso, só houbo dúas derrotas e un aprazamento para os de Lugo

División de Honra Cadete

Tal e como apuntaban os números, o Casás converteuse esta fin de semana no campión da División de Honra, na última tempada antes da súa desaparición. O equipo amarelo tivo que esperar ata a última sesión de Liga para levantar o trofeo de campión xa que o Burela estaba, e quedou, só a dous puntos. A vitoria do equipo local foi avultada, 8-2, aínda que tardou moito en romper.

Os nervos pasaron factura e non foi ata os últimos segundos da primeira parte que o Casás logrou marcar. Non asumiron riscos os lugueses na primeira parte pero na segunda destapáronse e foron pola vitoria ao grande, con catro goles só nos últimos cinco minutos e despois de encaixar o do empate á volta do descanso. Sen dúbida unha gran festa para o equipo amarelo, que remata campión nas dúas categorías cadetes.

Moito preto quedou o Burela, ao que lle faltaron dous puntos para facerse co título. Nesta última sesión venceu 2-3 ao Narón a domicilio.

Foi un partido feo, cos locais sempre defendendo en media pista e o Burela tendo o control do partido pero sen ocasións claras. Conseguiron poñerse 2-0 e recortaron distancias xusto antes do descanso. Na segunda parte foi a mesma tónica e conseguiron empatar nunha xogada de estratexia. Arriscaron nos últimos minutos xa que só lles valía a vitoria para acceder ao título se fallaba o Casás e así marcaron o 2-3 a falta de 3 minutos.

A terceira praza da xeral foi para o Acasti Reformas, que foi o único dos da provincia en perder esta fin de semana. Non tiñan ningunha opción máis os de Lugo polo que non xogarse nada tamén tivo algo que ver neste resultado (2-5) co Parrulo.

O equipo do Lugo Sala comezou marcando pero antes do descanso xa estaban empatados. Na segunda o rival colleu a dianteira e xa non lograron achegarse.

Cunha ensalada de goles rematou o Ribeira na cuarta posición da táboa da División de Honra. Acabou o partido cun 10-11 no marcador ante o Colegio Liceo, un dos equipos da zona baixa. Xogábase a cuarta praza co Stellae, que perdeu co 5 Coruña, polo que apertou nun partido aberto e algo tolo, no que as defensas estiveron moi mal nos dous equipos e no que todos estiveron acertados de cara a porta.

Os goles comezaron xa na primeira parte e estes foron aumentando de forma parella, alternando na primeira parte entre ambos. Ao final foron 3-5 ao descanso e, malia que o Ribeira traballou para chegar ao empate, volveu abrir fenda o local, antes de que nun último arreón pasasen de estar 10-8 a 10-11 e levarse a vitoria in extremis. 

Consulta a clasificación aquí

NARÓN 2 - 3 BURELA

ASDyR Narón O Freixo: Thiago, Adrián, Alexandre, Marcos, Mateo, Álvaro e Raúl.
Pescados Rubén Burela FS. Gabriel, Walter, Raúl, Borja, Filipe, Xosé, Hugo, Pedro, Darío e Mauro.
Cancha: As Lagoas.

ACASTI REFORMAS 2 - 5 PARRULO A

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio V, Diego, Hugo S, David, Sergio S, Adrián, Manuel José, Manuel, Yago, Iago, Gael e Hugo F.
Norterra Parrulo A: Pablo, Diego, Alexandre, Rubén, Jorge, Lucas P, Rubén, Lucas R, Pablo e Martín.
Cancha: O Palomar.

CASÁS 8 - 2 VENTORRILLO

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jorge, Hugo, Marcos, Saúl, Pablo Carballo, Pablo Cabaleiro, Héctor e Unay.
Distrito Ventorrillo: Miguel, Aarón, Nicolás, Álvaro, Hugo A, Martín e Nicolás R.
Cancha: Municipal de Lugo.

COLEGIO LICEO 10 - 11 RIBEIRA 

Colegio Liceo: Diego M, Xosé, Asier, Joel, Diego R, Mario e Pedro.
Ribeira FS: Pablo, Andrés, Sergio, Martín, Álvaro, Iago, Pablo, Jonás, Roi, Marco e Samuel.
Cancha: Liceo La Paz.


Resultados xornada 22

Fisober 5 6 Carballiño
Colegio Liceo 10 11 Ribeira
Narón 2 3 Burela
Acasti Reformas 2 5 Parrulo A
Casás 8 2 Ventorrillo
Stellae 5 6 5 Coruña A

 

 
 

Liga Galega Cadete

Última xornada tamén na categoría Galega, aínda que aprazouse para a próxima fin de semana o duelo do Alto do Vento-Ribeira B, que non terá ningunha repercusión na clasificación final do grupo.

O Casás B, que é campión desde hai semanas, non xogou nesta última sesión pero si o fixeron os peor clasificados da provincia, o Meigallos e o Begonte, que perderon e non foron quen de abrir a conta.

O equipo de Sarria, que pecha a clasificación, caeu ante o Lago, un dos equipos de arriba, por 4-0. Fixeron forza os locais, que impediron marcar aos ponteses ata o ecuador do partido, cando meteron dous seguidos. Na segunda parte tamén se defenderon ben pero nos últimos intres entraron dous máis.

O Concello de Begonte tamén tivo un rival da parte alta, o Betanzos, que foi moi superior e gobernou o partido desde o inicio, con dous goles madrugadores, resultado que se mantivo ata que faltaban dez minutos da segunda parte, cando o Betanzos colleu vantaxe rapidamente con cinco goles case seguidos.

Consulta a clasificación aquí

BEGONTE 0 - 8 BETANZOS

Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Xabier, Alejandro, Antón M, Miguel, Antón L e Sául.
Troula Betanzos FS: Martín, Yago, Miguel, Diego, Martín, Álvaro, Javier, David, Bruno e Alejandro.
Cancha: Municipal de Baamonde. 

LAGO 4 - 0 MEIGALLOS

Ensino Lago DVSport: Eduardo, Xavi, Iago, Felipe, Raul, Noé, Diego, Álex, Nicolás e Yago.
Os Meigallos FS: Izan, Alonso, Borja, Nicolás, Brais, Rubén, Milin, Julio e Abdel.
Cancha: Municipal das Pontes.

 

Resultados xornada 22

Hercules 3 9 Composala
Alto do Vento A Ribeira B
Lago DVSport 4 0 Meigallos
Begonte 0 8 Betanzos
Stellae B D Casás B

 

 

Copa Feminina

Penúltima xornada de Copa nesta fase de grupos co vitoria do Ribeira sobre o Vilalba (1-3) que deixa ás azuis como campioas do grupo a falta dunha sesión, na que descansarán. Venceron en tres dos catro partidos disputados e sacan vantaxe suficiente.

Nesta ocasión, o Ribeira marcou primeiro e non tardou o equipo vilalbés en empatar, pero antes do descanso as de Lugo puxéronse por diante. Resultado xusto co que chegaron case ao final, cando marcaron o 1-3.

GRUPO NORTE 1
 

VILALBA 1 - 3 RIBEIRA

Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Laura V, Candela, Lucía V, Lucía C, Iria, Sofía, Sara, Olaya, Sabela, Laura P e Martina.
Ribeira FS Lieders: Saínza, Carla D, Alba, María, Carla V, Alma, Xenia, Nerea e Antía.
Cancha: Municipal de Vilalba.

Resultados xornada 5

Vilalba 1 3 Ribeira
  D Narón
Próxima xornada
Narón - - Vilalba
  D Ribeira
  

 

GRUPO NORTE 2

No grupo 2, disputouse o partido adiado da pasada fin de semana e aprazouse outra máis. Concretamente adiouse o duelo entre o Burela e o Castro, que se disputan a primeira praza empatados a puntos, xunto co Amarelle.

Nesta ocasión o Amarelle fixo dobrete cos equipos da provincia. Venceu con rotundidade ao Dental Arias, por 6-0. As de Lugo puxéronlle as cousas difíciles pero preto do intermedio as coruñesas lograron firmar un 3-0 que se dobraría no tramo final do partido.

O Amarelle disputou o duelo pendente co Burela, no que as laranxas venceron 0-3 para poñerse arriba na xeral. As visitantes abriron rápido o marcador para asegurar os tres puntos, con dous goles antes dos dez minutos pero non foi ata a segunda parte que completaron o marcador cun máis.

AMARELLE 0 - 3 BURELA

Viaxes Amarelle FS: Ruth, Martina, Elba, Sila, Aldara, Icía, Valentina, Antía e Irene.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Sara, Claudia, Fátima, Antía, Sara, Marina, Mayra e Ilena.
Cancha: Barrio das Flores.
 

AMARELLE 6 - 0 DENTAL ARIAS

Viaxes Amarelle FS: Icía, Elba, Antía, Sila, Aldara, Martina, Irene e Ariana.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Goya, Alexia, Xela, Anthea, Nadia e Andrea.
Cancha: Sagrada Familia.
 
 
Resultados xornada 4
Viaxes Amarelle 0 3 Burela
Resultados xornada 5
Viaxes Amarelle 6 0 Dental Arias
Burela A Castro
 
Próxima xornada
Castro - - Viaxes Amarelle
Dental Arias - - Burela