O Castro golea de novo e o Ribeira vence axustado na xornada de Copa disputada a fin de semana

Nas categorías masculinas non houbo competición e pararán dúas semanas polo descanso de Pascua

División de Honra Cadete

Parón de dúas xornadas na competición ligueira debido ás citas nacionais e para coller forzas para a última sesión de Liga, que será o 7 de abril. O campión será un lugués, pero aínda non se sabe si será o Casás, que lidera polo momento, ou o Burela. A terceira praza será seguro para o Acasti Reformas mentres que o Ribeira defenderá a cuarta ante o Stellae.

Será a derradeira sesión da categoría, que desaparecerá o próximo ano.

Consulta a clasificación aquí

 

 
Próxima xornada
Fisober - - Carballiño
Colegio Liceo - - Ribeira
Narón - - Burela
Acasti Reformas - - Parrulo A
Casás - - Ventorrillo
Stellae - - 5 Coruña A

 

 
 

Liga Galega Cadete

Tamén fai parón de dúas semanas a Galega, a falta dunha xornada para o remate oficial. O único duelo pendente, o Composala-Stellae B, previsto para o pasado luns foi suspendido e non ten data de recuperación polo momento, resultado que non afectaría moito á situación. Como non haberá descensos agás nos arrastres, tranquilidade antes da última sesión da categoría, na que o campión é desde hai unhas semanas o Casas B.

Consulta a clasificación aquí

Resultado adiado

Composala S Stellae B

Próxima xornada

Hercules - - Composala
Alto do Vento - - Ribeira B
Lago DVSport - - Meigallos
Begonte - - Betanzos
Stellae B D Casás B

 

 

Copa Feminina

O Ribeira venceu ao Narón por un axustado 2-4 e lidera a táboa do grupo Norte 1 logo do partido disputado esta fin de semana antes do descanso de Semana Santa. Abriu cedo o equipo local a conta pero dous goles seguidos das de azul déronlle a volta ao marcador aínda que acabaron empatados xusto antes do descanso.

Na segunda parte a fortuna trouxo un gol para as visitantes en propia porta das locais e finalmente ampliaron a vantaxe a cinco minutos do final co cuarto.

No grupo Norte 2 vitoria abrumadora do Castro sobre o Dental Arias (12-0) nunha clasificación aínda sen ter nada claro xa que o Burela acumula dous partidos sen xogar, xa que a pasada semana suspendeuse o que tiña co Dental Arias e aprazou o duelo desta co Amarelle para o día 2 de abril. Superioridade manifesta das chairegas, que están líderes aínda que son as únicas que teñen todos os partidos disputados.

GRUPO NORTE 1
 

NARÓN 2 - 4 RIBEIRA

SDCyR Narón o Freixo: Alba, Noa, Dafne, Antía, Ainoa, Sara, Naiala, Adriana e Emma.
Ribeira FS Lieders: Saínza, Carla, Xenia, Nerea, Ainara, Alba, Alma, María e Antía.
Cancha: As Lagoas.

Resultados xornada 4

Narón 2 4 Ribeira
  D Vilalba
 Próxima xornada 
Vilalba - - Ribeira
  D Narón

 

GRUPO NORTE 2

CASTRO 12 - 0 DENTAL ARIAS

FSF Castro Clínica García Rielo: Aroa G, Carla T, Mencía, Mara, Zoe, Aroa M, Sheula e Carla R.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Alexia, Nadia, Xela, Anthea, Alba, Goya, Sheila e Mónica.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.
 
 
 
Resultados xornada 4
Viaxes Amarelle A Burela
Castro 12 0 Dental Arias
Próxima xornada
Viaxes Amarelle - - Dental Arias
Burela - - Castro