A División de Honra escollerá ao campión na última sesión, que será en abril

Penúltima xornada tamén na Galega, na que o Ribeira B goleou e o Meigallos logrou o terceiro punto da tempada cun novo empate

División de Honra Cadete

Coa derrota do Stellae, os equipos da provincia están colocados nos catro primeiros postos da táboa cunha clara superioridade co resto. A falta dunha xornada o Casás non ten asegurado o título xa que o Burela está a só dous puntos. Esta fin de semana o equipo amarelo volveu vencer e fíxoo ante o colista, o 5 Coruña.

Partido moi tenso no que tiveron a fortuna os de Casás de adiantarse no marcador nos primeiros minutos. Xusto antes da pausa marcaron o segundo e aí entraron nun xogo de idas e voltas no que os de Nino foron moi solventes abrindo fenda nos minutos finais.

O Burela, que non o dubidou tanto, foi claramente superior ao Colegio Liceo ao que dominou no campo e no marcador durante a primeira parte, que rematou 3-2 e que se retomou cun 4-2. No tramo final o rival logrou ir arriba e poñerse 4-4 pero nun último arreón os burelaos romperon o partido con dous goles no último minuto. Foi un partido lento onde eles propoñían moito pero non lograban achegarse. O equipo mariñao ten asegurada a segunda praza se non logra facerse co título na última sesión.

Terceiro será finalmente o Acasti Reformas, que non puido pasar do empate co Ventorrillo. Partido no que os locais ocupáronse de adiantarse no marcador para empatar o lugués nos minutos seguintes. Dominaron a primeira parte os nosos que acumularon un gran número de ocasións sen materializar. A segunda parte foi máis igualada intentando os locais aproveitar as transicións despois de roubar a pelota. Empataron cun penalti o 2-2 e logo o terceiro foi nunha transición. Malia intentalo non se levaron a vitoria.

Con este resultado o conxunto do Lugo Sala deixa os deberes feitos para a próxima sesión, a última, que será despois de Semana Santa.

O Ribeira, o cuarto clasificado, venceu por un apertado 4-3 ao Fisober. Empezou frouxo o equipo  malia marcar o primeiro, polo que o rival logrou adiantalo antes da pausa, á que chegaron 1-3, dous goles consecuencia de fallos defensivos por algo de apatía.

No último tramo, o Ribeira sacou forza e orgullo para darlle a volta ao marcador en menos de cinco minutos. O equipo azul cercou atrás ao rival e golpeou ata subir os goles que necesitaba para a vitoria. O rival sacou porteiro xogador pero o Ribeira defendeu ben facéndose cos tres puntos logo de varias xornadas de derrotas consecutivas e xa sen posibilidade de ser campións.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 8 - 4 COLEGIO LICEO

Pescados Rubén Burela FS. Xosé, Walter, Raúl, Borja, Filipe, Gabriel, Mateo, Hugo, Pedro, Darío e Mauro.
Colegio Liceo: Diego, Iago, Asier, Joel, Hugo, Christian e Adrián.
Cancha: Vista Alegre.

VENTORRILLO 3 - 3 ACASTI REFORMAS

Distrito Ventorrillo: Miguel, Martín, Hugo B, Nicolás, Hugo A, Javier, Hugo R, Aarón, Álvaro e Nicolás.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio V, Javier, Diego, Álex, David, Adrián, Pablo, Hugo, Iago e Brais.
Cancha: Ventorrillo.

5 CORUÑA 2 - 6 CASÁS

Academia 5 Coruña FS A: Xoel, Sergio R, Nico, Anxo, Lucas, Sergio V, Roberto, Hugo, Aitor e Jacobo.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jorge, Pablo Cabaleiro, Marcos, Saúl, Pablo Carballo, Hugo e Héctor.
Cancha: San Francisco Javier.

RIBEIRA 4 - 3 FISOBER

Ribeira FS: Pablo, Andrés, Sergio, Roi, Samuel, Jonás, Martín, Marco, Jaime e Uriel.
Fisober FSF: David, Adrián, Mario, Juan, Pablo, Iago, Lucas e Rubén.
Cancha: Casa do Deporte.


Resultados xornada 21

Carballiño 7 4 Stellae
Ribeira 4 3 Fisober
Burela 8 4 Colegio Liceo
Parrulo A 5 1 Narón
Ventorrillo 3 3 Acasti Reformas
5 Coruña A 2 6 Casás
Próxima xornada
Fisober - - Carballiño
Colegio Liceo - - Ribeira
Narón - - Burela
Acasti Reformas - - Parrulo A
Casás - - Ventorrillo
Stellae - - 5 Coruña A

 

 
 

Liga Galega Cadete

Pouco queda por solucionarse na Liga Galega. O Casás B non xogou porque xa ten finalizada a competición como campión. Si o fixo o Ribeira B, que remata na quinta praza despois de golear de forma indiscriminada ao Hércules (10-0). Malia o resultado final tardaron en chegar os primeiros goles, e só dous entraron antes da pausa. Na segunda parte, o Ribeira B apertou e amontonou os goles no marcador.

Coa tranquilidade que dá non ter descensos, o Begonte non xogou tampouco, que tiña descanso, pero si o fixo o Meigallos, que rabuñou un novo punto despois de empatar co Alto do Vento, un dos equipos da parte alta, por 4-4. Os sarriaos ocupan a última posición da táboa e aínda non lograron gañar.

Foi un partido moi igualado, no que os dous foron á par no resultado, estando sempre o equipo de Sarria por diante no marcador. O Alto do Vento marcou o tanto do empate a catro minutos do final.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA B 10 - 0 HÉRCULES

Ribeira FS B: Hugo, Pedro, Daniel, Brais, Marco, Héctor, Aarón, Mateo, Iker, Miguel, Iván e Iago.
Aj Pombo Hércules FS: Mateo, Pablo P, Pablo A, Olaya, Edu, Iago e Félix.
Cancha: O Palomar. 

MEIGALLOS 4 - 4 ALTO DO VENTO

Os Meigallos FS: Luis, Alonso, Milin, Borja, Brais, Izan, Rubén, Julio, Nicolás, Abdel e Gael.
AD Codima-Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez: Juan, Yago, Xoel, Uxío, Mauro, Iker e Mahiloc.
Cancha: O Chanto.

 

Resultados xornada 21

Composala A Stellae B
Ribeira B 10 0 Hercules
Meigallos 4 4 Alto do Vento
Betanzos 9 4 Lago DVSport
Casás B D Begonte

Próxima xornada

Hercules - - Composala
Alto do Vento - - Ribeira B
Lago DVSport - - Meigallos
Begonte - - Betanzos
Stellae B D Casás B

 

 

Copa Feminina

Na terceira xornada de Copa o Vilalba perdeu co Narón no grupo 1 e queda no fondo da táboa xa que o Ribeira, que está primeiro, tiña descanso. Comezaron marcando as vilalbesas avanzado o primeiro tempo, pero antes da pausa o Narón xa lle dera a volta ao marcador. Abriu fenda o equipo visitante na segunda parte e aínda que o Vilalba achegouse non puido paliar a vantaxe que tiña.

Pouca competición tamén no grupo 2, no que o Burela e o Dental Arias suspenderon o partido polo que só quedou a derrota do Castro co Amarelle. Están deste modo os dous empatados na táboa, cunha derrota cada un, co equipo da Coruña por riba.

Resultado moi curto neste duelo na parte alta, na que o único gol foi no minuto 9.

GRUPO NORTE 1
 

VILALBA 3 - 6 NARÓN

Grupo Forma-T Vilalba FS: Iria, Laura, Sofía, Lucía C, Sara, Candela, Alejandra, Lucía V, Olaya, Sabela, Laura e Martina.
SDCyR Narón o Freixo: Alba, Noa, Dafne, Antía, Adriana, Sara, Naiala, Emma e Ainoa.
Cancha: Municipal de Vilalba.
 

AMARELLE 1 - 0 CASTRO

Viaxes Amarelle FS: Ruth, Irene, Elba, Alma, Sila, Icía, Martina e Aldara.
FSF Castro Clínica García Rielo: Aroa G, Carla, Mencía, Mara, Zoe, María, Marta, Aroa M e Lucía.
Cancha: Sagrada Familia.
 
Resultados xornada 3
 
Vilalba 3 6 Narón
  D Ribeira

 Próxima xornada 

Narón - - Ribeira
  D Vilalba
 
GRUPO NORTE 2
 
 
Resultados xornada 3
Viaxes Amarelle 1 0 Castro
Burela S Dental Arias
 Próxima xornada
Viaxes Amarelle - - Burela
Castro - - Dental Arias