Arranca a Copa feminina con vitoria ampla do Castro sobre o Dental Arias e do Burela ao Amarelle

O Ribeia cae ante o Burela no derbi da División de Honra e lle cede a segunda praza mentres na galega venceu ao Meigallos

División de Honra Cadete

O Casás volveu ser incuestionable e anotou tres puntos máis no bolso na procura do campionato de Liga, ao que xa só lle quedan catro xornadas. 1-10 foi o resultado final nun enfrontamento no que o equipo amarelo foi xusto de efectivos. Malia a falta de relevos, competiron de principio a fin e non baixaron os brazos. Chegaron ao intermedio 0-4 e malia que o rival marcou á volta de vestiarios, foi a única oportunidade que lle deixaron os de Nino de achegarse.

O derbi do Ribeira e o Burela saldouse coa vitoria dos laranxas, que lles arrebatan así á segunda praza da xeral. Partido moi igualado no que o mariñao tivo máis ocasións. Abriu o marcador nun rexeite pero empatou o Ribeira antes do descanso. Na segunda parte foi o equipo de Lugo o que dominou pero cando expulsaron a un dos laranxas, estes aguantaron e aínda puideron marcar a falta de 30 segundos o gol da vitoria nunha contra.

Na cuarta posición o Acasti Reformas volveu vencer nun partido con moitos goles, ante o Stellae. Na primeira parte os brancos puxéronse rapidamente 3-0 apertando en defensa alta e correndo nas transicións. Logo dun tempo morto, o rival meteuse no partido achegándose 3-2 polo que un reaxuste nas filas dos de Lugo supuxo un novo empurrón ata o 5-2 co que foron a vestiarios.

Durante a segunda parte seguiron facendo dano os ataques ás defensas con algún erro por parte dos equipos ata chegar ao 9-6 do final.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 1 - 2 BURELA

Ribeira FS: Pablo D, Andrés, Sergio, Martín, Uriel, Iago, Pablo M, Jonás, Roi, Marco, Jaime e Samuel.
Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Alexandre, Walter, Raúl, Borja, Xosé, Hugo, Pedro, Filipe, Darío e Mauro.
Cancha: Municipal de Lugo.

NARÓN 1 - 10 CASÁS

SDCyR Narón O Freixo: Thiago, Alexandre, Xavier, Álvaro, Raúl, Pablo, Jorge, Darek, Marcos e Mateo.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Marcos, Jesús, Héctor, Saúl, Pablo A e Hugo.
Cancha: As Lagoas.

ACASTI REFORMAS 9 - 6 STELLAE

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián, Javier, Álex, David, Sergio S, Sergio V, Pablo, Diego, Hugo, Marcos e Brais.
Stellae FS-La Hacienda House.com: Pablo, Luis, Martín, Marco, Raúl, Diego, Julio e Izan.
Cancha: O Palomar.


Resultados xornada 18

Ribeira 1 2 Burela
Carballiño 4 2 Parrulo A
Fisober 1 2 Ventorrilo
Colegio Liceo 1 4 5 Coruña A
Narón 1 10 Casás
Acasti Reformas 9 6 Stellae

Próxima xornada

Stellae - - Ribeira
Burela - - Carballiño
Parrulo A - - Fisober
Ventorrillo - - Colegio Liceo
5 Coruña A - - Narón
Casás - - Acasti Reformas
 
 

Liga Galega Cadete

O Casás B venceu ao Lago, o seu principal rival, e logra así deixar unha importante fenda de puntos. Gañaron os amarelos 3-5 nun partido de moito nivel, no que realizaron un gran traballo. Foi o rival o que abriu a conta pero os lugueses deron a volta ao marcador xa antes do intermedio. Na segunda parte, árida de goles, a emoción quedou para o final, ao que chegaron 2-3.

O Ribeira B tamén se fixo coa vitoria esta fin de semana, no derbi disputado co Meigallos, colista de grupo. Os azuis leváronse a vitoria por 4-2 nun partido no que foron dominadores e no que sentenciaron xa na primeira parte, que finalizou cun 4-1. Pouco máis deixaron para a segunda, na que o Meigallos puido achegarse cun último gol no ecuador.

O Begonte caeu derrotado ante o Stellae despois de remontar un partido que se lle puxo en contra. Moita igualdade en Baamonde, onde o rival púxose no intermedio 0-2. Na segunda parte remontaron para poñer as táboas no marcador pero o último gol, o que desfacía o empate, meteuno o Stellae a cinco minutos do final.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA B 4 - 2 MEIGALLOS

Ribeira FS B: Hugo, Héctor, Daniel, Mateo, Iago, Aarón, Álvaro, Marco, Iker, Miguel e Iván.
Os Meigallos FS: Víctor, Nicolás, Alonso, Borja, Brais, Izan, Daniel, Milin, Rubén, Julio José e Abdel.
Cancha: O Palomar.

LAGO 3 - 5 CASÁS B

Ensino Lago DVSport: Eduardo, Xavi, Iago, Felipe, Nicolás, Diego, Álex, Naúl e Yago.
Club Polideportivo Casás B: Pablo Carballo, Jorge, Samuel, Pablo Cabaleiro, Bruno, Manuel e Ian.
Cancha: Municipal das Pontes.

BEGONTE 2 - 3 STELLAE B

Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Xabier, Alejandro, Antón M, Brais, Miguel, Antón L e Saúl.
Stellae FS - Casa Pérez B: Pablo, Leo, Martín C, Diego, Julio, Aldán, Iván e Martín F.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

Resultados xornada 18

Ribeira B 4 2 Meigallos
Composala 1 3 Betanzos
Lago DVSport 3 5 Casás B
Begonte 2 3 Stellae B
Alto do Vento D Hercules

Próxima xornada

Stellae B - - Ribeira B
Meigallos - - Composala
Betanzos - - Hercules
Casás B - - Begonte
Alto do Vento D Lago DVSport

 

 

Copa Feminina

Arrancou a competición copeira na categoría cadete feminina cos equipos da provincia de Lugo divididos en dous grupos. No primeiro, no que están Ribeira e Vilalba, non houbo competición, xa que o equipo azul aprazou o enfrontamento co Narón e ao Vilalba tocoulle descansar.

Si houbo competición no segundo grupo, no que comezaron cun derbi provincial entre o Dental Arias e o Castro, no que o equipo chairego se fixo coa vitoria sentando as bases nos primeiros minutos con dous goles seguidos. O equipo lugués achegouse antes da pausa e no ecuador da segunda metade pero o Castro foi intratable e nos últimos minutos aproveitou para ampliar o marcador.

Burela venceu axustado a un minguado Amarelle, cun marcador de 3-2. Partido moi igualado na primeira metade e no que as laranxas tardaron en abrir a caixa dos goles, no minuto 19. Empatou o rival antes da pausa e na segunda parte marcaron cedo e mantiveron a vantaxe positiva ata que no último minuto o equipo coruñés meteu o segundo.

 
GRUPO NORTE 1
 
Resultados xornada 1
Ribeira A Narón
  D Vilalba
 
Próxima xornada 
Ribeira - - Vilalba
  D Narón

 

GRUPO NORTE 2

BURELA 3 - 2 AMARELLE

Pescados Rubén Burela FS: Lola, Sara F, Marina, Claudia, Antía, Sara de la F, Fátima e Ilena.
Viaxes Amarelle FS: Ruth, Irene, Elba, Sila, Aldara e Alma.
Cancha: Monte Castelo.

DENTAL ARIAS 3 - 8 CASTRO

ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Goya, Mónica, Xela, Anthea, Alba, Alexia, Nadia, Marina e Ainara.
FSF Castro Clínica García Rielo: María, Carla T, Mencía, Mara, Zoe, Aroa, Carla R e Paula.
Cancha: Casa do Deporte.
 
Resultados xornada 1
Burela 3 2 Viaxes Amarelle
Dental Arias 3 8 Castro
 
Próxima xornada
Dental Arias - - Viaxes Amarelle
Castro - - Burela