Vitorias avultadas de Casás e Acasti Reformas no reinicio da División de Honra

Na Galega, o Meigallos estrea o casilleiro cun empate ante o Stellae B e o equipo amarelo golea inclemente ao Alto do Vento

División de Honra Cadete

Vitorias avultadas para dous dos equipos da provincia nunha táboa que ten claramente sabor lugués. O Casás lidera a lista con catro puntos de vantaxe agora que o Ribeira perdeu. Os de Nino aproveitaron para dar xogo e probar cousas novas nun duelo no que foron moi superiores ao rival, o Colegio Liceo. Golearon os lugueses, 8-1, pero tardaron en romper, non marcaron ata o 12' pero no descanso xa estaban 3-0. 

Sen forzar a máquina seguiron liderando o partido pero no tramo final ampliaron o resultado deixando marcar o último ao visitante.

Por debaixo do Casás segue o Ribeira, que perdeu nesta ocasión ante o Parrulo A, por 3-2. Partido moi igualado no que os lugueses deron o primeiro paso abrindo o marcador, resultado que foi empatado polo local ao minuto seguinte. Antes do descanso un gol en propia porta dos azuis rompeu a tendencia do equipo que viu antes do descanso como a vantaxe do rival chegaba a 3-1. Na segunda parte intentárono de novo pero só conseguiron marcar nos últimos segundos para achegarse no resultado.

O Burela sacou dobre renda do partido da fin de semana. Venceu 3-4 a un rival directo, ao que lle arrebatou a terceira praza. Costoulles entrar no partido aos laranxas, que empezaron perdendo 3-0. A falta de 5 minutos para o descanso conseguiron poñerse 3-1 e xa centrados na pelexa.

Na segunda parte xa foron claramente superiores xerando ocasións para poder gañar o partido e marcaron o gol da vitoria a falta de 5 segundos para o final. 

A outra goleada da sesión foi para o Acasti Reformas, que venceu 9-0 ao Narón e mantén a cuarta posición. Xogaron os de Lugo unha primeira parte cunha defensa alta que non lle permitiu ao rival saír da presión polo que crearon moitas opcións de gol que significaron facer a pausa co 5-0 no marcador.

Na segunda intentaron traballar a defensa en media pista buscando outros obxectivos diferentes, que tiveron éxito polo que o marcador ampliouse ata o 9-0.

Consulta a clasificación aquí

STELLAE 3 - 4 BURELA

Stellae FS-La Hacienda House.com: Pablo, Luis, Martín, Marco, Raúl, Anxo, Mateo, Rubén e Izan.
Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo, Walter, Raúl, Borja, Xosé, Alexandre, Hugo, Pedro, Filipe, Darío e Mauro.
Cancha: Beiro.

PARRULO A 3 - 2 RIBEIRA

Noterra-Parrulo A: Unai, Lucas, Alexandre, Rubén, Jorge, Pablo C, Diego, Cristian, Rodrigo, Pablo R e Martín.
Ribeira FS: Pablo D, Andrés, Sergio, Martín, Uriel, Iago, Pablo M, Roi, Marco, Jaime e Samuel.
Cancha: A Malata.

CASÁS 8 - 1 COLEGIO LICEO

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jorge, Jesús, Pablo Cabaleiro, Saúl, Pablo Carballo, Marcos, Héctor Manuel e Hugo.
Colegio Liceo: Diego M, Pablo, Diego R, Hugo, Mario, Christian, Roi e Pedro.
Cancha: Casa do Deporte.

ACASTI REFORMAS 9 - 0 NARÓN

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio V, Javier, Álex, David, Sergio S, Adrián F, Hugo, Marcos, Manuel José, Brais e Yago.
SDCyR Narón O Freixo: Pablo, Xavier, Martín, Álvaro, Juan Miguel, Thiago e Daniel.
Cancha: O Palomar.


Resultados xornada 17

Stellae 3 4 Burela
Parrulo A 3 2 Ribeira
Ventorrillo 1 2 Carballiño
5 Coruña A 3 0 Fisober
Casás 8 1 Colegio Liceo
Acasti Reformas 9 0 Narón
Próxima xornada
Ribeira - - Burela
Carballiño - - Parrulo A
Fisober - - Ventorrilo
Colegio Liceo - - 5 Coruña A
Narón - - Casás
Acasti Reformas - - Stellae

 

 

Liga Galega Cadete

Boas novas para os dous equipos que ocupan os extremos da táboa. O Casás B, que lidera cómodo goleou de forma inclemente ao Alto do Vento, pechando o resultado nun 8-1. Foron moi superiores os locais, que abriron a conta rapidamente para chegar ao descanso 4-1. Na segunda parte non deixaron ao rival ningunha oportunidade para recuperarse.

A outra boa nova foi a do Meigallos, que logrou o primeiro punto da tempada, e fíxoo ante o Stellae B, empatando 2-2 a domicilio. Foron os locais os que marcaron primeiro a dous minutos do descanso, deixando tempo para volver a empatar antes da pausa. Na segunda parte volveu ser o Stellae B o que se adiantou durante catro minutos ata que os sarriaos volveron marcar moito antes do final. 

Pola contra, non estivo afortunado o Ribeira B, que caeu ante o Betanzos por 3-1 nun partido moi igualado no que as porterías estiveron a cero ata o 17'. Abriu a conta o local e non foi ata avanzada a segunda metade que o Ribeira puido empatar. Nos últimos minutos o local escapou con dous goles máis, o último sobre a bucina.

Derrota máis avultada para o Concello de Begonte, que caeu 3-7 ante o Lago, principal rival do Casás B polo liderado. Empezaron moi ben os chairegos que malia encaixar o primeiro gol, en dous minutos déronlle a volta ao marcador. Non tardaría o visitante en empatar  pero a igualdade mantívose xa que xusto á volta de vestiarios había un 3-3 no electrónico. Nos últimos minutos o Lago tirou de forza para marcar os goles que avultaron o resultado.

Consulta a clasificación aquí

STELLAE B 2 - 2 MEIGALLOS

Stellae FS - Casa Pérez B: Márkel, Martín, Alejandro, Xabier, Julio, Javier, Leo, Diego, Manuel e Álvaro.
Os Meigallos FS: Víctor, Izan, Daniel, Alonso, Nicolás, Rubén, Milin, Julio José, Borja, Brais e Abdel.
Cancha: Valga.

BETANZOS 3 - 1 RIBEIRA B

Troula Betanzos FS: Martín A, Hugo R, Miguel, Diego, Martín B, Alvaro, Yago, Brais, Hugo G, Javier, David e Bruno.
Ribeira FS B: Hugo, Daniel, Brais, Iker, Miguel, Héctor, Pedro, Aarón, Mateo e Iago. 
Cancha: Municipal de Betanzos.

CASÁS B 8 - 1 ALTO DO VENTO 

Club Polideportivo Casás B: Pablo Carballo, Francisco, Jorge, Pablo Cabaleiro, Bruno, Samuel, Manuel e Ian.
AD Codima-Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez: Juan, Ramón, Pablo, Xoel, Uxío, Alexandre, Iker, Mauro e Tomás.
Cancha: Casa do Deporte.

BEGONTE 3 - 7 LAGO

Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Xabier, Alejandro, Antón M, Brais, Miguel, Antón L, Saúl e Samuel.
Ensino Lago DVSport: Eduardo, Xavi, Iago, Felipe, Nicolás, Álex, Naúl e Yago.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

Resultados xornada 17

Stellae B 2 2 Meigallos
Betanzos 3 1 Ribeira B
Casás B 8 1 Alto do Vento
Begonte 3 7 Lago DVSport
Composala D Hercules

Próxima xornada

Ribeira B - - Meigallos
Composala - - Betanzos
Lago DVSport - - Casás B
Begonte - - Stellae B
Alto do Vento D Hercules

 

 

Liga Cadete Feminina

A competición ligueira remata e é o tempo da Copa, que dará comezo a próxima fin de semana cos equipos da provincia repartidos en dous grupos.

 
GRUPO NORTE 1
Próxima xornada (24/02)
Ribeira - - Narón
  D Vilalba
 
GRUPO NORTE 2
Próxima xornada (24/02)
Burela - - Viaxes Amarelle
Dental Arias - - Castro