Remata a Liga Feminina co Castro a un punto do campión e o Burela terceiro

Descanso nas categorías masculinas, nas que acabaron o derbi Begonte-Ribeira B, que fóra suspendido o mes pasado e no que venceron os visitantes

División de Honra Cadete

Xornada de parón na categoría aproveitando o Entroido. Só se celebrou un partido, que estaba pendente e que non afecta polo momento aos da provincia, que están os catro metidos nos cinco primeiros postos, separados no medio polo Stellae, que goleou no partido de recuperación.

Consulta a clasificación aquí


Resultados pendentes

Stellae 9 2 Ventorrilo

Próxima xornada

Stellae - - Burela
Parrulo A - - Ribeira
Ventorrillo - - Carballiño
5 Coruña A - - Fisober
Casás - - Colegio Liceo
Acasti Reformas - - Narón
 

Liga Galega Cadete

O Begonte e o Ribeira B aproveitaron a tarde do venres 9 para recuperar o resto do partido que tiñan pendente do 14 de xaneiro, cando tivo que ser suspendido polo estado da cancha. O visitante ía gañando 0-1 cando se parou o enfrontamento. 

Nesta segunda ocasión, a vitoria foi tamén para o Ribeira B, que venceu cun parcial de 2-3, polo que o resultado final do partido estableceuse en 2-4. Isto permite ao equipo azul superar na táboa ao Concello de Begonte por un punto.

Consulta a clasificación aquí

BEGONTE 2 - 4 RIBEIRA B

Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Xabier, Alejandro, Antón M, Brais, Miguel, Antón L, Saúl e Samuel.
Ribeira FS B: Hugo, Daniel, Álvaro, Mateo, Miguel, Héctor, Pedro, Aarón, Marco, Iker, Iván e Iago.
Cancha: Municipal de Baamone e Jonathan Carro.

 

Resultados pendentes

Begonte 2 4 Ribeira B

Próxima xornada

Stellae B - - Meigallos
Betanzos - - Ribeira B
Casás B - - Alto do Vento
Begonte - - Lago DVSport
Composala D Hercules

 

 

Liga Cadete Feminina

O Burela amosou que o Amarelle non é infalible xa que se rabuñou un punto no último partido desta primeira fase, na que rematou 3-3. As burelás lograron poñerse cunha vantaxe de 3-0 antes dos 20 minutos, pero antes da pausa recuperou distancia o equipo coruñés con dous tantos, que completou máis adiante co terceiro. O equipo laranxa queda na segunda terceira praza.

Estas están precedidas polo Castro, que tivo descanso esta fin de semana e que finaliza subcampión só un punto por debaixo do Amarelle.

Na parte baixa da táboa, o Vilalba venceu ao Dental Arias, que pecha a lista. As chairegas chegaron a abrir unha importante fenda de 0-4 antes dos 25 minutos pero no tramo final o equipo branco logrou maquillar o resultado con dous goles para chegar ao definitivo 3-5.

O Ribeira rematou a fase cunha derrota ante o Narón (3-0). As ribeirás aguantaron o marcador ata pasado o ecuador do duelo. Marcaron aos catro minutos do reinicio as de Narón pero non foi ata os últimos minutos que avultaron o resultado.

A próxima fin de semana descansarán, pero o 24 e 25 de febreiro dará comezo a fase de Copa, cos equipos da provincia divididos en dous grupos.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 3 - 3 AMARELLE

Pescado Rubén Burela FS: Lola, Sara F, Marina, Claudia, Antía, Sara de la F, Fátima, Mayra e Ilenia.
Viaxes Amarelle: Ruth, Irene, Elba, Alma, Sila, Icía, Martina e Aldara.
Cancha: Vista Alegre.

DENTAL ARIAS 3 - 5 VILALBA

ADC Lugo Sala Dental Arias: Natalia, Antía A, Goya, Xela, Anthea, Alexia, Nadia, Marina e Andrea.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Laura, Candela, Lucía V, Lucía C, Sofía, Alejandra, Sara, Olaya, Laura e Martina.
Cancha: O Palomar.

NARÓN 3 - 0 RIBEIRA

SDCyR Narón O Freixo: Alba, Noa, Dafne, Antía, Adriana, Sara, Ainoa, Naiala e Emma.
Ribeira FS- Lieders: Ainara, Carla D, Xenia, Carla V, Nerea, Alba, Alma e Antía.
Cancha: Municipal das Lagoas


Resultados xornada 14

Narón 3 0 Ribeira
Burela 3 3 Viaxes Amarelle
Dental Arias 3 5 Vilalba
  D Castro
 
 
GRUPO NORTE 1
Próxima xornada (24/02)
Ribeira - - Narón
  D Vilalba
 
GRUPO NORTE 2
Próxima xornada (24/02)
Burela - - Viaxes Amarelle
Dental Arias - - Castro