O Ribeira faise co liderado da División de Honra logo de derrotar ao Casás no derbi por 3-2

Na Galega, o enfrontamento entre estes mesmos clubs rematou cunha clara vitoria dos amarelos

División de Honra Cadete

O liderado da categoría volve ser azul e caeu esta fin de semana nas mans do Ribeira, que venceu ao Casás en duelo directo e ao que lle arrebata a primeira praza.

Resultado moi axustado para un partido moi igualado, de poder a poder e de tensión e no que o Ribeira soubo aproveitar mellor as oportunidades.

Comezaron marcando os de César, que só puideron sacar de renda un gol, que serían dous xusto á volta da pausa. As portas non quixeron participar no xogo e non foi ata os minutos finais que o 2-0 rematou sendo un 3-2 logo dun intercambio de goles nos últimos tres minutos. A igualade foi máxima e o partido podería ter caído para calquera dos dous.

Foi unha xornada de resultados moi axustados xa que o Burela sacou a vitoria tamén cun resultado de 3-2. Nesta ocasión os goles foron os protagonistas da primeira parte, xa que os laranxas, que foron por diante acabaron indo ao descanso co 2-2. no marcador. Finalmente marcaron o gol da vitoria xusto á volta de vestiarios e o marcador non se moveu máis. 

Pola súa banda, o Acasti Reformas non puido pasar do empate co Carballiño, co que comparte zona na táboa. Xogaron ambos unha primeira parte equilibrada que rematou cun resultado favorable para os locais de 2-1 grazas ao seu acerto de cara a porta. Os brancos puideron levarse un resultado mellor pero non estiveron acertados.

A segunda parte comezou cun gol que poñía o empate no marcador para que o Acasti Reformas puidera poñerse por diante mediante unha falta directa. Cando parecía segura a vitoria, o rival volveu empatar e co xogo de porteiro xogador o equipo lugués marcou o gol do empate a falta duns segundos.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 3 - 2 5 CORUÑA A

Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Mateo, Walter, Raúl, Pedro, Gabriel, Alexandre, Hugo, Borja, Filipe, Darío e Mauro.
Academia 5 Coruña FS A: Sergio V, Luis, Sergio R, Anxo, Lucas, Xoel, Hugo, Aitor e Jacobo.
Cancha: Vista Alegre.

RIBEIRA 3 - 2 CASÁS

Ribeira FS: Pablo D, Jonás, Andrés, Sergio, Uriel, Iago, Samuel, Pablo M, Martín, Roi, Marco e Jaime.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos, Héctor, Pablo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Saúl e Manuel.
Cancha: O Palomar.

CARBALLIÑO 4 - 4 ACASTI REFORMAS

Carballiño FS Gri Carballiño: Xabi, Mateo, Adrián, Mauro, Daniel, Nicolás, Alejandro, Pablo, Edgar e Iker.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio V, Javier, Álex, Hugo, Sergio S, Adrián F, Pablo, Diego, Marcos e Adrián S.
Cancha: Paco Chao.


Resultados xornada 14

Parrulo A 5 2 Ventorrilo
Burela 3 2 5 Coruña A
Ribeira 3 2 Casás
Carballiño 4 4 Acasti Reformas
Fisober 1 3 Narón
Colegio Liceo 5 7 Stellae

Próxima xornada

Stellae - - Parrulo A
Ventorrillo - - Burela
5 Coruña A - - Ribeira
Casás - - Carballiño
Acasti Reformas - - Fisober
Narón - - Colegio Liceo

Liga Galega Cadete

Tamén houbo derbi esta fin de semana entre o Ribeira B e o Casás. O equipo amarelo foi claro vencedor amosando a superioridade que o mantén terceiro na xeral a dous puntos do líder, o Alto do Vento. Por outra banda, o equipo azul segue na parte morna ocupando o sétimo banzo.

Malia o resultado, foi o Ribeira o que se puxo por diante claramente con dous goles seguidos nos primeiros tres minutos. Antes dos dez xa estaba de novo o Casás coas táboas no marcador e foron ao descanso 2-3. 

O Casás B fixo unha mellor segunda parte na que  foi por diante facendo máis pronunciada a fenda nos minutos finais, cando entraron tres goles tamén seguidos.

O Begonte continúa na súa discreta oitava praza logo de perder ante o Composala por 5-1. Tardaron os goles en chegar e non o fixeron ata dous minutos antes do descanso cando o equipo compostelán puxo o 2-0. Ampliou a distancia á volta pero o Begonte reaccionou no tramo final, e logo foi contestado con dous goles máis ata o 5-1 do final. 

O colista, o Meigallos, descansou.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 3 - 9 CASÁS B

Ribeira FS B: Hugo, Daniel, Álvaro, Mateo, Miguel, Héctor, Pedro, Marco, Iker, Carlos, Iván e Iago.
Club Polideportivo Casás B: Rodrigo, Samuel, Pablo, Bruno, Ían, Francisco, Rubén e Jacobo.
Cancha: Municipal de Lugo.

COMPOSALA 5 - 1 BEGONTE

CD Composala Milongas: Martín, Carlos, Enrique, Álvaro, Hadrián, Xurxo, Manuel, Mateo, Antonio, Gabriel, Daniel e Diego.
Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Brais, Antón L, Miguel, Xabier, Alejandro, Antón M e Samuel.
Cancha: Carmen Estévez.

 

Resultados xornada 14

Ribeira B 3 9 Casás B
Composala 5 1 Begonte
Hercules S Lago DVSport
Alto do Vento 4 2 Stellae B
Meigallos D Betanzos

Próxima xornada

Stellae B - - Betanzos
Casás B - - Composala
Begonte - - Hercules
Lago DVSport - - Alto do Vento
Ribeira B D Meigallos
 

Liga Cadete Feminina

O Castro segue na procura de achegarse ao liderado e esta fin de semana pasou por riba do Dental Arias, ao que goleou cun 0-8. Pouco puideron dicir as do Lugo Sala, que viron como as chairegas tardaban en abrir a conta pero logo eran inflexibles. 

0-2 foi o resultado no intermedio para logo, en dez minutos, transformalo en 0-6. Nos minutos finais fixeron un novo arreón para marcar dous goles máis.

Non houbo máis puntos para os equipos da provincia, xa que o Burela, que está situado no terceiro lugar, descansou e os outros dous perderon.

 O Ribeira fíxose forte ante o líder, o Viaxes Amarelle, co que perdeu pero cun axustado 1-2. O equipo lugués foi o que marcou en primeiro lugar, no ecuador do partido e antes do descanso. No mesmo minuto marcou o local, que na xogada seguinte marcou o da vitoria, porque o marcador xa non se moveu máis.

O Vilalba caeu co Narón por 1-4. Foron superiores as visitantes, que marcaron nada máis comezar e co 0-2 mantiveron o xogo estable ata xusto antes do descanso, cando completaron o triplete. No ecuador da segunda parte o Vilalba tivo a súa para logo encaixar o cuarto a falta de 12 minutos.

Consulta a clasificación aquí

DENTAL ARIAS 0 - 8 CASTRO

ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía A, Antía T, Goya, Uxía, Xela, Alba, Nadia e Anthea.
FSF Castro Clínica Gracía Rielo: Sheila, Aroa M, Mencía, Zoe, Carla R, Aroa G, Carla T, Mara e Paula.
Cancha: Casa do Deporte.

VIAXES AMARELLE 2 - 1 RIBEIRA

Viaxes Amarelle FS: Ruth, Marta, Elba, Alma, Sila, Icía, Irene e Aldara.
Ribeira FS- Lieders: Ainara, Carla D, Alba, María, Carla V, Alma, Miriam e Nerea.
Cancha: San Francisco Javier.

VILALBA 1 - 4 NARÓN

Grupo Forma- T Vilalba FS: Celtia, Laura V, Sofía, Lucía, Sara, Iria, Candela, Alejandra, Olaya, Sabela, Laura P e Martina.
SDCyR Narón O Freixo: Laura, Noa, Dafne, Naiala, Ainoa, Alba, Sara, Antía, Adriana e Emma.
Cancha: Municipal de Deportes de Vilalba.


Resultados xornada 11

Dental Arias 0 8 Castro
Viaxes Amarelle 2 1 Ribeira
Vilalba 1 4 Narón
  D Burela
Próxima xornada
Ribeira - - Castro
Narón - - Viaxes Amarelle
Burela - - Dental Arias
  D Vilalba