Os equipos de honra logran as catro vitorias da xornada e seguen liderando o grupo

O Castro derrota ao Burela no derbi feminino da xornada pero ambos manteñen posición por detrás do Amarelle

División de Honra Cadete

Gran xornada para os equipos da provincia que lograron completar as catro vitorias e manteñen copada a parte alta da clasificación.

O Casás venceu a domicilio ao Ventorrillo por 0-3. Xogaron os de Nino un partido moi serio ante un rival sempre complicado e malia que fallaron moito non estivo en perigo a vitoria en ningún momento. Marcaron un gol cedo pero os outros dous fixéronse máis de rogar e non subiron ao marcador ata os últimos minutos.

A segunda praza da táboa está reservada para o Ribeira, que asegurou a xornada cun 6-0 contundente. Xa non deu opción o equipo lugués, que dominou o marcador con tres goles nos primeiros 8 minutos. Antes da pausa fixou dous máis e ao regreso engadiu o sexto.

Completa o trío de cabeza o Acasti Reformas, que apañou outros tres puntos máis ante o Parrulo A a domicilio. Comezou o partido máis equilibrado, xa que aínda que o lugués se adiantou cunha acción do pivote e despois con outra a balón parado, o rival reaccionou cunha boa xogada de ataque posicional. Xusto antes do descanso o Acasti abriu fenda para dar paso a unha segunda na que o control foi branco, acumulando ocasións aínda que sen moito acerto debido á gran actuación do porteiro local. Aumentaron a fenda ata 1-5 pero preto do final o rival recortou distancias cun libre directo e cunha boa xogada colectiva.

Fóra dos postos altos pero achegándose está o Burela, que venceu 6-4 ao Narón. O equipo laranxa entrou con ansia e logrou poñer o marcador rapidamente ao seu favor cun 2-0. Chegou ao ecuador do primeiro tempo con dous tantos máis no peto pero o rival antes do descanso logrou achegarse ata o 4-2.

Logo do paso por vestiarios, volveron os locais a coller vantaxe aínda que o rival acurtou distancias nos últimos intres.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 6 - 0 COLEGIO LICEO

Ribeira FS: Pablo, Jonás, Andrés, Roi, Uriel, Pablo, Marco e Jaime.
Colegio Liceo: Diego M, Mario, Miguel, Pablo, Diego R e Pedro.
Cancha: O Palomar.

PARRULO A 3 - 5 ACASTI REFORMAS

Norterra - O Parrulo A: Pablo, Diego, Alexandre, Rubén, Jorge, Diego, Mikel, Lucas, Cristian, Rodrigo, Pablo e Martín.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio, Javier, Diego, Hugo, David, Adrián F, Pablo, Álex, Marcos, Adrián S e Brais.
Cancha: A Malata.

VENTORRILLO 0 - 3 CASÁS

Distrito Ventorrillo FS: Miguel, Hugo B, Nicolás, Álvaro, Hugo A, Martín, Hugo R, Pablo e Aarón.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos, Héctor, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Saúl e Manuel.
Cancha: Ventorrillo.

BURELA 6 - 4 NARÓN

Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo, Hugo, Raúl, Borja, Xosé, Pedro, Filipe, Darío e Mauro.
SDCyR. Narón O Freixo: Thiago, Alexandre, Jorge, Álvaro, Mateo, Pablo, Darek, Xavier e Marcos.
Cancha: Monte Castelo.


Resultados xornada 11

Carballiño 7 5 Fisober
Ribeira 6 0 Colegio Liceo
Burela 6 4 Narón
Parrulo A 3 5 Acasti Reformas
Ventorrilo 0 3 Casás
5 Coruña A 1 12 Stellae

Próxima xornada

Ventorrilo - - 5 Coruña A
Parrulo A - - Casás
Burela - - Acasti Reformas
Ribeira - - Narón
Carballiño - - Colegio Liceo
Fisober - - Stellae

 

Liga Galega Cadete

Co Casás B de descanso, os tres equipos da provincia restantes non trouxeron ningún punto nesta sesión. O Ribeira B caeu ante o Alto do Vento, un dos equipos que pelexa polo liderado, por 2-6.

Resistiron os lugueses os primeiros minutos pero a piques de chegar ao intermedio o rival abriu fenda ata o 0-3. Reaccionaron os ribeiraos xa avanzado o segundo tempo pero o rival non lles deixou aproximarse a abriron espazo con dous goles a escasos segundos do final.

O Begonte tamén caeu derrotado, nesta ocasión ante o Betanzos e iso que o partido estivo moi igualado ata o tramo final. Marcaron, nada máis comezar, en propia porta os chairegos, pero repuxéronse rápido e incluso acabaron por diante, un resultado que se mantivo ata ben avanzada a segunda parte cando o local logrou empatar. A partir dese momento o Troula abriu unha importante fenda da que o Begonte non puido repoñerse.

O Meigallos tampouco puido esta vez inaugurar o caixón dos puntos e foi derrotado polo Lago no Chanto. O equipo rival foi superior e marchou por diante no resultado a partir do minuto 2 de partido. Foron ao descanso 0-4 e aínda que o Meigallos marcou dous tantos, non foi suficiente.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA B 2 - 6 ALTO DO VENTO

Ribeira FS B: Hugo, Daniel, Alvaro, Marco, Miguel, Héctor, Pedro, Mateo, Iker, Carlos, Iván e Iago.
AD Codima - Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez: Juan, Ramón, Lucas, Mauro, Román, Iker, Pablo, Xoel e Uxío.
Cancha: Municipal de Lugo.

BETANZOS 6 - 3 BEGONTE

Troula Betanzos FS: Martín, Hugo, Yago, Diego, Martín, Álvaro, Brais P, Miguel, David, Brais S, Bruno e Alejandro.
Concello de Begonte FS: Iago, Brais, Xabier, Antón M, Antón L, Daniel, Alejandro e Miguel.
Cancha: Miño.

MEIGALLOS 2 - 6 LAGO

Os Meigallos FS: Víctor, Izan, Nicolás, Alonso, Julio, Yago, Daniel, Milin, Luca e Hugo.
Ensino Lago DVSport: Noé, Xavi, Iker, Felipe, Nicolás, Iago B e Yago V.
Cancha: O Chanto.

 

Resultados xornada 11

Composala 4 3 Hercules
Ribeira B 2 6 Alto do Vento
Meigallos 2 6 Lago DVSport
Betanzos 6 3 Begonte
Stellae B D Casás B
Próxima xornada
 
Betanzos - - Casás B
Meigallos - - Begonte
Ribeira B - - Lago DVSport
Composala - - Alto do Vento
Hercules - - Stellae B

 

 
 
 

Liga Cadete Feminina

O duelo da xornada foi o derbi entre o Castro e o Burela, no que as chairegas se fixeron co triunfo cun claro 3-0. Foron superiores as locais, que abriron o marcador no minuto 10 e xa estaban 2-0 catro minutos despois, o mesmo resultado co que foron ao descanso, xa que non pecharon o hat trick ata a segunda metade.

Derrota contundente para os outros dous equipos lugueses. O Vilalba caeu 10-1 contra o líder, o Amarelle. Tardaron e abrir a caixa dos goles pero una vez aberta non houbo maneira de pechala. No descanso xa estaban 4-0 e malia que o Vilalba marcou xusto á volta, non puido parar o paseo das coruñesas.

Tampouco tivo nada que facer o Dental Arias, que foi derrotado polo Narón por 10-0. Aínda que marcou dous goles de inicio o rival, fixéronse fortes as brancas antes do intermedio pero o Narón marcou dous goles que engrosaron un resultado que na segunda matade, sobre todo no tramo final, avultaríase moito.

Consulta a clasificación aquí

NARÓN 10 - 0 DENTAL ARIAS

ADCyR Narón O Freixo: Alba, Noa, Dafne, Adriana, Emma, Sara, Naiala, Antía e Ainoa.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Alba, Goya, Alexia, Anthea, Uxía, Nadia, Andrea e Xela.
Cancha: As Lagoas.

CASTRO 3 - 0 BURELA

FSF Castro Clínica García Rielo: Aroa G, Carla T, Mencía, Mara, Zoe, Marta, Aroa M, Lucía, Carla R, Paula, Jessica e María.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Marina, Claudia, Fátima, Antía, Sara F, Sara de la F e Mayra.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.

AMARELLE 10 - 1 VILALBA

Viaxes Amarelle FS: Icía, Irene, Elba, Antía, Aldara, Ruth, Marta, Valentina e Sila.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Laura V, Sofía, Lucía C, Sara, Iria, Lucía V, Laura P, Candela, Alejandra, Martina e Sabela.
Cancha: San Francisco Javier.


Resultados xornada 8

Viaxes Amarelle 10 1 Vilalba
Castro 3 0 Burela
Narón 10 0 Dental Arias
  D Ribeira
Próxima xornada 
Dental Arias - - Viaxes Amarelle
Vilalba - - Castro
Burela - - Ribeira
  D Narón