O Casás expulsa ao Ribeira da loita polo liderado de honra cunha vitoria avultada

Táboas no duelo do Begonte co Composala, no único partido dos lugueses na categoría Galega

División de Honra Cadete

O Casás expulsa ao Ribeira da loita polo liderado do grupo logo de derrotalo esta fin de semana en derbi local por 9-3. Os de Nino só saben o que é gañar desde que comezou a Liga e o Stellae é o único que lle fai sombra.

Fixeron unha primera parte espectacular os amarelos, que chegaron ata o 7-0. Despois tanquilizáronse e a segunda xa foi máis igualada. O Ribeira puido achegar distancias pero o Casás amosou que non está aí por casualidade e foi superior.

O Acasti Reformas goleou tamén, 11-6, ao Carballiño e firma a primeira vitoria da tempada para colocarse sexto. Primeira parte moi igualada a que xogaron os dous equipos e na que os brancos non atopaban o seu lugar. Aínda así foron ao descanso 4-2 por diante, unha diferenza máis pequena do que debería.

A segunda iniciouse coa mesma tónica, con ocasións nas transición, o que permitiu unha segunda parte máis aberta para os dous equipos. A medida que avanzaba o duelo os brancos melloraban e aumentaban a distancia no marcador. O rival optou por porteiro xogador e chegou a apurar o resultado ata o 8-6 pero a partir da aí o Acasti Reformas fíxose o dono e anotou tres goles máis.

Derrota pola contra para o Burela, que caeu ante o 5 Coruña sumando a segunda derrota consecutiva. Malia o resultado, o partido comezou máis igualado pero nos últimos minutos do primeiros tempo os laranxas encaixaron 3 goles de estratexia. Co 3-0 en contra, ao Burela costoulle entrar no partido pero dispuxo de ocasións. Foi o portero rival o que estivo máis acertado para parar o ataque laranxa. O gol entrou nos últimos dous minutos.

Consulta a clasificación aquí

5 CORUÑA A 4 - 1 BURELA

Academia 5 Coruña FS A: Xoel, Nico, Sergio R, Anxo C, Anxo L, Sergio V, Lucas e Roberto.
Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Alexandre, Mateo, Bruno, Borja, Gabriel, Hugo, Pedro, Filipe, Darío e Mauro.
Cancha: San Francisco Javier.

CASÁS 9 - 3 RIBEIRA

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos, Héctor, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Saúl e Unay.
Ribeira FS: Sedinam, Andrés, Sergio, Martín, Uriel, Pablo, Roi, Jaime e Álvaro.
Cancha: Municipal de Lugo.

ACASTI REFORMAS 11 - 6 CARBALLIÑO

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián F, Javier, Hugo, Marcos, Pablo, Diego, David, Sergio, Iker, Adrián S e Iago.
Carballiño FS -Gri Carballiño-: Xabi, Mateo, Adrián, Mauro, Alejandro, Nicolás, Daniel, Alexis, Edgar e Miguel.
Cancha: O Palomar.

 

Resultados xornada 3

Ventorrilo 6 0 Parrulo A
5 Coruña A 4 1 Burela
Casás 9 3 Ribeira
Acasti Reformas 11 6 Carballiño
Narón 1 6 Fisober
Stellae 7 4 Colegio Liceo
Próxima xornada
Parrulo - - Stellae
Burela - - Ventorrillo
Ribeira - - 5 Coruña
Carballiño - - Casás
Fisober - - Acasti Reformas
Colegio Liceo - - Narón

 

Liga Galega Cadete

Xornada moi descafeinada na categoría, na que só xogou para a provincia o Begonte, que sumou un punto fronte ao Composala. O Meigallos tivo descanso pola retirada do 5 Coruña B mentres que o duelo Casas B-Ribeira B foi aprazado.

Moita igualdade nun duelo no que o equipo lugués comezou cun gol madrugador, aos 8 mintuos, que sería rapidamente contestado. O empate no marcador mantívose ata os intres finais, cando o Begonte volveu adiantarse pero o Composala logrou empatar nos últimos segundos.

Consulta a clasificación aquí

BEGONTE 2 - 2 COMPOSALA

Concello de Begonte FS: Iago, Miguel, Antón M, Antón L, Xabier, Brais, Daniel, Samuel e Alejandro.
Composala Milongas: Martín, Xurxo, Carlos, Daniel, Hadrian, Manuel, Antonio, Enrique, Álvaro, Gabriel e Diego.
Cancha: Municipal de Baamonde.
 

Resultados xornada 3

Casás B A Ribeira B
Begonte 2 2 Composala
Lago DVSport 4 3 Hercules
Stellae B 1 4 Alto do Vento
Meigallos D Betanzos
Próxima xornada
Betanzos - - Stellae B
Composala - - Casás B
Hercules - - Begonte
Alto do Vento - - Lago DVSport
Ribeira B D Meigallos
 

Liga Cadete Feminina

Todo preparado xa para o comezo da competición feminina, que terá lugar a próxima fin de semana. Haberá dous grupos nesta fase inicial e cinco equipos da provincia de Lugo competirán no primeiro. Aos tradicionais Castro, Ribeira e Burela únense o Dental Arias, o Begonte e o Vilalba.

A competición prolongarase ata febreiro, cando se fará unha segunda fase cos mellor clasificados.

Primeira xornada 

Vilalba - - Viaxes Amarelle
Burela - - Castro
Hercules - - Begonte
Dental Arias - - Narón
  D Ribeira