Copa
O Burela non logrou o título de Copa para resarcirse do de Liga, que se lle escapou no último partido, tal e como pasou tamén nesta ocasión, xa que caeu ante o Carballiño por 3-9.
O Burela comezou marcando o primeiro tanto e con moitas ocasións, dous paus incluídos, pero despois os xogadores fóronse do partido, cunha gran falta de actitude que fixo que o rival remontase xa antes da segunda parte, pasando de 1-2 1-4 en dous minutos. O Burela achegouse de novo pero a arbitraxe non axudou á recuperación e o Carablliño volveu coller vantaxe de cara ao final engrosando o marcador ata o 3-9, un dos goles en propia porta do Burela.
O Burela, que felicitou ao rival polo título, viron como estes chegaban e remataban dentro da área aproveitándose das contras e de fallos dos mariñaos.
BURELA 3 - 9 CARBALLIÑO
Carballiño FS -Gri Carballiño-: Mateo (1), Diego, Mauro (1), Yago, Lucas (2), Nicolás, Daniel T, Adrián (1), Daniel G (1), Pablo (2), Ángel e Edgar. Un en propia do Burela.
Cancha: Municipal de Bueu.
COPA CADETE |
---|
Xornada de oitavos
Compañía de María | 1-1 | Parrulo A |
Hércules | 5-3 | Noia |
Narón O Freixo | 3-3 | Ventorrillo |
Burela | 7-2 | 5 Coruña |
La Peña | 2-4 | Colegio SEK |
Paz A | 2-6 | Carballiño |
Sala Ourense | 2-5 | Campito |
Celanova | 9-1 | Vigo 2015 |
Cuartos
Parrulo A | 3-2 | Hércules |
Narón O Freixo | 2-6 | Burela |
Colegio SEKA | 2-6 | Carballiño |
Campito | 5-3 | Celanova |
Semifinais
Parrulo A | 3-7 | Burela |
Carballiño | 6-3 | Campito |
Final (11/06)
Burela | 3-9 | Carballiño |
Feminina
O Castro feminino fíxose co título de campión de Copa logo de vencer este domingo ao Poio por 4-3. Un partido durísimo para as chairegas, que abriron a conta pero chegaron ao descanso co marcador en contra (1-2).
Tralo paso por vestiarios volveron con forza e empataron nada máis pisar de novo o parqué. Aos dous minutos volvían estar por detrás pero no tramo final volveu cambiar o conto. Primeiro empataron cando faltan cinco minutos e tres despois metían o tanto que lles daba o título.
CASTRO 4 - 3 POIO
ED Poio Pescamar: Estela, Irene (2), Sara, Luna, Andrea, Olalla, Ángela, Celia e María (1).
Cancha: Municipal de Bueu.
COPA GALEGA CADETE FEMININA - FASE FINAL |
---|
Cuartos
Amarelle | 4-1 | Burela |
Moaña | 6-3 | Chapela |
Poio | 8-2 | La Peña |
D | Castro |
Semifinais
Castro | 4-2 | Amarelle |
Moaña | 2-4 | Poio |
Final (11/6)
Castro | 4-3 | Poio |
Campionato de España
O Ribeira FS cadete masculino participará na Final Four do Campionato de España de Clubs de Base de fútbol sala que se celebrará os días 17 e 18 de xuño.