O Burela continúa buscando a Copa polo que venceu ao Narón na fase de cuartos

Na feminina, as mariñás caeron ante o Amarelle en partido copeiro adiado e deixan só ao Castro para representar á provincia nas semifinais
DHC_Ribeira-Burela_Noe-16
photo_camera DHC_Ribeira-Burela_Noe-16

O Burela xa está na fase de cuartos e segue coa intención de levarse a Copa xa que a Liga se lle escapou no último partido.

Así, na fase de cuartos, venceu ao Narón por 2-6  nun encontro de dominio visitante cos locais en media pista agardando para saír á contra e con xogo directo ó pivote. Dous erros graves en defensa propiciaron o momentáneo 2-0, que obrigou a remar e mellorar as prestacións ofensivas para irse ao descanso 2-2. Na segunda metade aumentaron a intensidade e superioridade como reflicte o marcador final de 2-6.

O seguinte duelo, a próxima fin de semana, será contra o Parrulo A a domicilio.

NARÓN 2 - 6 BURELA

SDCYR Narón O Freixo: Rubén, Martín, Hugo, Rafael (1), Alexandre (1), Pablo, Joel, Marcos e Mateo.
Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Jocelino (2), Iago D, Iago L (2), David (2), Brais, Walter, Pedro, Raúl e Nicolás.
Cancha: As Lagoas.
 
COPA CADETE

               Xornada de oitavos

Compañía de María 1-1 Parrulo A
Hércules 5-3 Noia
Narón O Freixo 3-3 Ventorrillo
Burela 7-2 5 Coruña
La Peña 2-4 Colegio SEK
Paz A 2-6 Carballiño
Sala Ourense 2-5 Campito
Celanova 9-1 Vigo 2015

Cuartos 

Parrulo A 3-2 Hércules
Narón O Freixo 2-6 Burela
Colegio SEKA 2-6 Carballiño
Campito 5-3 Celanova

Semifinais 

Parrulo A - Burela
Carballiño - Campito

 

Feminina

Coa Liga xa rematada, só sobrevive o Castro, que pasou directamente ás semifinais de Copa xa que o Burela caeu o pasado mércoles, en duelo adiado, ante o Amarelle, que será o próximo rival das chairegas.

As da Mariña acudiron á cita cun banco moi reducido e non puideron parar a un equipo difícil que comezou marcando cedo. Empataron as mariñás pero xa antes do descanso o equipo coruñés liderou o marcador para rematar 4-1 a dous minutos do final e sen dar opcións.

AMARELLE 4 - 1 BURELA

Viaxes Amarelle FS: Lucía, Emm (3), Antía, Irene, Sila (1), Sofía C, Claudia, Sara e Sofía R.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Claudia (1), Nerea, María, Martina e Iria.
Cancha: Sagrada Familia.
 
 
CAMPIONATO DE LIGA - FASE FINAL

              Semifinal ida 

Moaña 3-3 Castro
Amarelle 0-1 Poio

 Semifinal volta 

Castro 3-3 Moaña
Poio 3-3 Amarelle

Final

Moaña 4-3 Poio

 

 

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - FASE FINAL

              Cuartos

Amarelle 4-1 Burela
Moaña 6-3 Chapela
Poio 8-2 La Peña
  D Castro

               Semifinais

Castro - Amarelle
Moaña - Poio