O Burela métese en cuartos de Copa para resarcirse da derrota na final da liga

O Castro feminino caeu en semifinais na quenda de penaltis, por un, tras empatar no partido de volta a 3 co morrazo, mesmo resultado que no de ida

O Burela quere resarcirse da final de Liga facéndose coa Copa e así o equipo vén de vencer e incluso golear ao 5 Coruña para facerse cunha praza nos cuartos de final, que se disputarán a fin de semana do 21 de maio. Na seguinte sesión o rival será o Narón.

Partido no que os burelaos entraron un pouco dormidos ata os primeiros 10-15 minutos, cando meteron o primeiro gol e logo o segundo, que os traquilizou. Así, fixéronse co control do partido para chegar 2-0 ao descanso.

Na segunda parte ao comezar meteron xa o terceiro e partir de aí tiveron o encontro controlado con amplas vantaxes.

Eles meteron 2 goles en erros do Burela na saída de balón e aproveitaron para dar minutos aos que menos xogan.

BURELA 7 - 2 5 CORUÑA

Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo (1), Iago D (1), Iago L (3), David, Unai, Brais, Borja, Jocelino (2), Walter, Pedro e Nicolás.
Academia 5 Coruña: Xoel, Anxo, Iago, Rodrigo (1), Aarón, Miguel, Manuel (1), Brais e Lucas.
Cancha: Monte Castelo.

 

 
COPA CADETE

               Xornada de oitavos

Compañía de María 1-1 Parrulo A
Hércules 5-3 Noia
Narón O Freixo 3-3 Ventorrillo
Burela 7-2 5 Coruña
La Peña 2-4 Colegio SEK
Paz A 2-6 Carballiño
Sala Ourense 2-5 Campito
Celanova 9-1 Vigo 2015

Xornada de cuartos (21/05)

Parrulo A - Hércules
Narón O Freixo - Burela
Colegio SEKA - Carballiño
Campito - Celanova

 

Feminina

Na última fase polo Campionato de Liga, o Castro caeu ante o Morrazo na quenda de penaltis á que tiveron que recorrer para solvertar o dobre empate a tres.

Tanto no partido de ida como no de volta os dous equipos marcaron tres goles e finalmente foi o Morrazo o que se fixo co pase á final tras superar ao Castro nos penaltis por un.

Novamente os dous equipos estiveron tremendamente igualados, empatados case todo o partido e marcando incluso un gol en propia porta cada un. Ao final foi una lotería o que deixou ao Castro fóra.

CASTRO 3 - 3 MORRAZO

FSF Castro: María, Mara, Antía (1), Irene (1), Mencía, Aroa, Marta, Carla, Emma, Lucía e Zoe. Un en propia do rival.
Escola Futsal Morrazo T&S Asesores Moaña: Marta, Nuria, Ruth, Claudia (1), Sabela, Ainoa, Daniela F, Daniela R (1), Alba e María.
Penaltis. 4-5.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.
 
 
CAMPIONATO DE LIGA - FASE FINAL

              Semifinal ida 

Moaña 3-3 Castro
Amarelle 0-1 Poio

 Semifinal volta 

Castro 3-3 Moaña
Poio 3-3 Amarelle

Final ida (14/05)

Moaña - Poio

 

 

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - FASE FINAL

              Cuartos

Amarelle 19/05 Burela
Moaña 6-3 Chapela
Poio 8-2 La Peña
  D Castro