O Burela, único supervivente da Copa masculina trala derrota de Meigallos e Begonte

O Castro feminino, que xa están en semifinais de Copa, empatou co Moaña no partido de ida na loita por entrar na final de Liga

O Burela é o único equipo que sobrevive na competición de Copa trala derrota esta fin de semana de Meigallos e Begonte. Anteriormente, o Ribeira retirouse e caeron derrotados o Keeper Galicia e o Casás.

O Burela xogou un partido moi cómodo, que controlou de principio a fin e só a falta de puntería fixo que o marcador non fose máis amplo, en especial na primeira metade, que rematou 2-0. Os rivais eran flouxos a nivel táctico, máis centrados no fútbol campo.

Iago López volveu facer unha gran actuación marcando 4 dos goles, os outros dous foron un dobrete de do Cidade de Narón.

Para o Concello de Begonte, despois de conseguir a permanencia, que era un obxectivo moi difícil, o equipo disputou a Copa con moitas ganas.

Malia que non acadaron a vitoria, xa que caeron 4-6 co 5 Coruña, o equipo fixo un gran papel dando a cara contra un equipo de División de Honra. Os chairegos foron ao descanso co marcador por diante pero a segunda parte foi máis difícil manter o resultado xa que frouxearon e dous erros en defensa fixeron que o partido rematase co marcador en contra.

Tamén queda apeado o Meigallos, que caeu co Hércules 3-7. O rival dominou a primeira parte levándose un parcial de 1-4 ao descanso, co gol dos sarriaos xusto antes da pausa. Na segunda estivo algo máis igualada a contenda pero o Meigallos non puido levantar a fenda que tiña en contra.

O Hércules aproveitou ben as súas ocasións e o Meigallos non fixo o seu mellor partido. Empezaron ben, creando ocasións claras e apertando ao rival. O primeiro gol do rival procede dunha xoganda na que se leva un do Hércules o balón coa man e o árbitro non ve nada.

O 0-2 foi unha xogada a balón parado e aí foi o tempo no que o Meigallos de veu abaixo ata que encaixou o 0-4. Unha xogada colectiva foi a responsable do gol antes do descanso pero na segunda o Hércules aproveitaron moi ben os espazos e as contras e xa non houbo partido.

MEIGALLOS 3 - 7 HÉRCULES

Os Meigallos FS: Álex, Jesús (1), Óscar (2), Xoel, Tomás, Íker, Julio José, Nicolás, Rubén, Alonso e Raúl.
Hércules Sport Sala: Mateo, Lucas (1), Sergio, Fabio (3), Gerardo (1), Daniel (1), Jesús e Javier (1).
Cancha: Novo Chanto.

BURELA 6 - 0 NARÓN

Pescados Rubén Burela FS: Brais, Mateo (2), Pedro, Iago (4), David, Unai, Borja, Jocelino, Walter, Iago, Hugo e Alexandre.
Cidade de Narón: Iván, Diego, Brais, Matías, Edgar, Adrián, Santiago, Gabriel, Íker, Nicolás e Sergio.
Cancha: Vista Alegre.

BEGONTE 4 - 6 5 CORUÑA

Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Anxo, Antón L, Xabier (2), Saúl, Mario, Brais (2) e Álvaro.
Academia 5 Coruña: Nicolás, Leo (1), Anxo, Rodrigo (1), Aarón (1), Miguel, Manuel, Pablo, Brais (2), Iago e Lucas. Un en propia do Begonte.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

 
COPA CADETE

                 Xornada de dezaseisavos 

Lago 4-8 Compañía de María
Fisober 1-2 Parrulo A
Meigallos 3-7 Hércules
Noia 4-3 Colegio Liceo
Narón O Freixo 5-1 Stellae
Ventorrillo 4-3 Betanzos
Burela 6-0 Cidade de Narón
Begonte 4-6 5 Coruña
La Peña S Cios VIgo
Redondela S Colegio SEK
Paz A 3-2 Tui
Carballiño A Maceda
Sala Ourense 3-3 Club Labor
Marín S Campito
Celanova 4-2 Bueu
Vigo 2015 5-2 Beade

 Xornada de oitavos (7/05)

Compañía de María - Parrulo A
Hércules - Noia
Narón O Freixo - Ventorrillo
Burela - 5 Coruña
La Peña - Colegio SEK
Paz A - Carballiño/Maceda
Carballiño - Maceda
Sala Ourense - Campito
Celanova - Vigo 2015

 

Feminina

Esta fin de semana xogáronse os cuartos de final do campionato de Copa. O Castro ten o seu pase directo ás semifinais pero o Burela aprazou o duelo ata o día 19 deste mes.

Tamén se disputaron esta fin de semana o partido de ida das semifinais da Liga, que se aprazaron do 23 de abril. O Castro empatou a domicilio co Morrazo de Moaña por 3-3.

O Castro comezou perdendo o partido cun gol madrugador e outro en propia porta pero antes do descanso comezou a pechar a fenda. Á volta de vestiarios igualou o marcador e púxose por diante minutos despois pero pouco antes do final o equipo e Moaña marcou o gol do empate. Gran actuación de Mencía, que marcou os tres goles do Castro.

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - FASE FINAL

              Cuartos

Amarelle A Burela
Moaña 6-3 Chapela
Poio 8-2 La Peña
  D Castro

 

MORRAZO 3 - 3 CASTRO

Escola Futsal Morrazo T&S Asesores Moaña: Marta, Nuria, Ruth, Claudia (2), Sabela, Ainoa, Daniela, Emma R, Emma S, Alba, María e Daniela. Un en propia do Castro.
FSF Castro: María, Antía, Mara, Irene, Zoe, Aroa, Marta, Carla, Emma, Lucía e Mencía (3).
Cancha: O Rosal.
 
 
CAMPIONATO DE LIGA - FASE FINAL

              Semifinal ida 

Moaña 3-3 Castro
Amarelle 0-1 Poio

 Semifinal volta 

Castro - Moaña
Poio - Amarelle