O Begonte perde o derbi cun descendido Meigallos pero conserva a categoría por un punto

O Castro feminino alzouse coa primeira praza da fase de Copa tras golear ao Burela e superar así ao Amarelle no gol average
castro burela cadete fs
photo_camera castro burela cadete fs

O Begonte conserva a categoría galega por un punto malia perder esta fin de semana ante un descendido Meigallos no Chanto.

Os cadete locais foron moi superiores e aínda que tardaron en abrir a caixa dos goles, foron dominadores. Gran responsabilidade na vitoria foi para Xoel López, que meteu 5 dos 6 tantos do Meigallos.

O Meigallos leva facendo bos partidos esta tempada pero faltoulle sempre o efecto anotador, que nesta ocasión si estivo presente. Foron dominadores do duelo e aínda que o Begonte achegouse nun momento (4-3), logo volveu coller as rendas para chegar á vitoria. Boas sensacións para rematar a Liga e antes de iniciar a Copa, na que compiten xa a próxima fin de semana.

Consulta aquí a clasificación

O Casás tivo un difícil rival para rematar a competición, na que se queda nun moi meritorio cuarto posto. O xogo na pista estivo moi igualado pero marcou a diferenza o acerto de cara a portería.

Aí o Noia non perdoa, razón pola que é líder indiscutible da competición. Malia o resultado avultado tardaron en chegar os goles. Ata o minuto 20 non entrou o primeiro, para o local, que fixo o segundo antes do intermedio. Ata o 5-0 chegaron no minuto 41, cando o Casás marcou o primeiro e en rápida sucesión pasaron a 7-2 a catro minutos do final, cando xa non quedaban máis opcións.

A próxima fin de semana terá lugar a fase de Copa en dezaseisavos de final. Participan Meigallos, Burela e Begonte, xa que Ribeira se retirou e Casás e Keeper Galicia perderon na Fase Previa.

NOIA 7 - 2 CASÁS

Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Martín. (1), Fernando (1), Miguel, Hugo (1), Marcos, Alejandro, Roi (2), César, Álvaro, Iván (2) e Daniel.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos (2), Manuel, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Héctor e Francisco.
Cancha: Municipal de Noia.

MEIGALLOS 6 - 3 BEGONTE

Os Meigallos FS: Álex, Íker, Jesús, Óscar, Tomás, Nicolás, Rubén, Alonso, Raúl (1), Xoel (5) e Gael.
Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Anxo (2), Antón L (1), Xabier, Saúl, Mario, Brais e Álvaro.
Cancha: O Chanto.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 26

5 Coruña B 4-10 Lago DVSport
Narón 3-2 Colegio Liceo
Noia 7-2 Casás
Meigallos 6-3 Begonte
Fisober 2-1 Parrulo B
Compañía María 3-2 Hércules
  D Betanzos

 

 
COPA CADETE

                 Xornada de dezaseisavos (30/04)

Lago - Compañía de María
Fisober - Parrulo A
Meigallos - Hércules
Noia - Colegio Liceo
Narón O Freixo - Stellae
Ventorrillo - Betanzos
Burela - Cidade de Narón
Begonte - 5 Coruña
La Peña S Cios VIgo
Redondela S Colegio SEK
Paz A - Tui
Carballiño - Maceda
Sala Ourense - Club Labor
Marín S Campito
Celanova - Bueu
Vigo 2015 - Beade

 

Copa Feminina

O Castro e o Burela xogaron entre semana o último partido de Copa, no que o equipo chairego venceu ao mariñao con contundencia.

8-1 foi o resultado co que as chairegas lograron rematar como líderes de grupo cos mesmo puntos que o Amarelle pero tendo os goles ao seu favor (2 goles máis que o coruñés e os memos en contra). O Burela pola súa parte non logrou puntuar e caeu derrotado nos catro partidos disputados. 

Esta fin de semana tocaba semifinal de Copa co Moaña pero o equipo lugués aprazou o duelo para o próximo sábado. Será a domicilio e pola tarde na sesión de ida xa que haberá que facer media cos resultados da volta, prevista para a fin de semana do 7 de maio.

CASTRO 8 - 1 BURELA

FSF Castro: María, Antía (4), Mara (1), Irene (2), Mencía, Aroa, Emma (1), Lucía e Zoe.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Claudia, Nerea (1), María, Laura, Iria, Claudia, Martina e Mayra.
Cancha: Monte Castelo.

 

Consulta aquí a clasificación

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE

              Resultados xornada 6

Castro 8-1 Burela
  D Amarelle

 

 
CAMPIONATO DE LIGA - FASE FINAL

              Semifinal ida (23/04) 

Moaña A Castro
Amarelle A Poio