O Begonte xogará pola permanencia na última sesión contra un descendido Meigallos

Derrota dos tres equipos da provincia, malia que o de Sarria foi o que tivo máis preto puntuar

Os tres equipos da provincia na categoría xogaron a penúltima xornada de liga sen sacar de renda ningún punto.

O Casás, que pase o pase na útlima sesión será cuarto, cae ante o Narón por un abrumador 0-7. En ningún momento estiveron os de Nino no partido e malia que melloraron na segunda metade, non foron capaces nin de abrir o marcador.

Derrota tamén avultada para o Begonte, que caeu na casa contra o Betanzos por 3-10 o que deixa ao equipo ao bordo do descenso, que se xogará a próxima fin de semana, na última sesión. Os chairegos buscarán en Sarria os tres puntos que lles asegurarían a permanencia sempre e cando o Parrulo B gañe.

Partido moi desigual no que os de Begonte abriron a conta dos goles no minuto 8 e así estiveron ata o 20'. O Betanzos, por medio de Jaime, deulle a volta ao marcador en cinco minutos para poñelo 1-5. Na segunda parte seguiron abrindo fenda os visitantes sen dar moitas opcións aos locais.

O Meigallos, xa descendido, fixo un bo partido, pero acabaron perdendo co Parrulo, seguindo a tónica xeral desta tempada. Os de Sarria empezaron nervosos e iso les levou a encaixar o primeiro tanto. Empataron os de Éric cun gran gol pero antes do descanso xa volvían estar por debaixo.

Á volta de vestiarios volveron empatar e comezou un tempo de dominio no que houbo moitas opcións de gol que non atoparon o oco entre os tres paus. Nunha xornada polémtica, cunha man, entra o terceiro gol do Parrulo e despois o cuarto. Os sarriaos saíron con porteiro xogador e así marcaron o terceiro pero xa non houbo tempo para máis.

Consulta aquí a clasificación

CASÁS 0 - 7 NARÓN

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Manuel, Unay, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro e Francisco.
Cidade de Narón: Iván, Diego (1), Brais (2), Íker (1), Edgar (1), Santiago, Gabriel, Matías (1), Nicolás e Sergio (1).
Cancha: Somos Fútbol.

BEGONTE 3 - 10 BETANZOS

Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Anxo (2), Antón L (1), Xabier, Mario, Brais e Álvaro.
Troula Betanzos FS: Miguel, Yago (2), Pablo (1), Andrés, Simón, Álvaro, Javier V, Brais, Javier L (1), Pablo, Jaime (4) e Bruno (2).
Cancha: Municipal de Baamonde.

PARRULO B 4 - 3 MEIGALLOS

Hormigones Laracha O Parrulo B: Íker, Alexandre, Diego, Jorge (1), Yago, Álvaro, Adrián, Martín, Rodrigo, Jesús e Carlos (3).
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Xoel, Tomás, Alonso, Gael (2), Nicolás e Íker. Un en propia porta do rival.
Cancha: O Chanto.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 25

Lago DVSport 9-0 Compañía María
Colegio Liceo 8-3 5 Coruña B
Casás 0-7 Narón
Begonte 3-10 Betanzos
Parrulo B 4-3 Meigallos
Hércules 4-6 Fisober
  D Noia

Próxima xornada

5 Coruña B - Lago DVSport
Narón - Colegio Liceo
Noia - Casás
Meigallos - Begonte
Fisober - Parrulo B
Compañía María - Hércules
  D Betanzos

 

Copa Feminina

O Castro e o Burela disputarán hoxe o último partido de Copa, antes de xogar a próxima fin de semana a fase final do campionato de Liga. O Castro gañe ou perda entraría na fase final como segundo clasificado xunto ao Amarelle, que xa terminou e que está primeiro. O Castro podería empatar a puntos co Amarell e habería que ir ao gol average para establecer o campión de grupo.

Consulta aquí a clasificación

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE

              Resultados xornada 6

Castro A Burela
  D Amarelle

 

 
CAMPIONATO DE LIGA - FASE FINAL

              Semifinal ida (23/04) 

Moaña - Castro
Amarelle - Poio