Boa sesión para o Casás, que venceu ao 5 Coruña con rotundidade a domicilio esta fin de semana. O conxunto amarelo está cuarto, a un punto do terceiro e xa está acomodado na categoría. Foron moi superiores os de Nino, de feito na segunda parte baixaron a presión para que non se fora o marcador e aproveitaron para probar cousas novas.
O Begonte pola súa parte foi superado de forma avultada polo líder, o Noia, equipo incuestionable esta tempada. O resultado foi de 10-1 e pouco tiveron que dicir os chairegos, que non conseguiron marcar ata que faltaban tres minutos e o eletrónico estaba en 10-0.
Malia o resultado, estiveron fortos os primeiros minutos, xa que non se abriría a caixa dos goles ata o 12'. Pero a partir de ahí, foi todo seguido e no intermedio estaban 7-0.
O Meigallos perdeu 1-4 co Hércules nun partido no que mereceu máis pero que pagamos moi caro os primeiros 12 minutos nos que saíron durmidos e o rival se puxo 0-3.
Xoel marcou un golazo e tiveron moitas ocasións pero non as aproveitaron. Aio final co 5 para 4, eles marcaron o definitivo 1-4.
5 CORUÑA 5 2 - 7 CASÁS
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Pablo, Hugo (5), Marcos (1), Xurxo, Jorge (1), Manuel e Francisco.
Cancha: San Franscisco Javier.
NOIA 10 - 1 BEGONTE
Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Anxo (1), Antón L, Xabier, Mario, Brais e Álvaro.
Cancha: Municipal de Noia.
MEIGALLOS 1 - 4 HÉRCULES
AJ Pombo Hércules FS: Yago, Álvaro (1), Fabio, Jesús (3), Marco, Diego e Daniel.
Cancha: O Chanto.
LIGA GALEGA CADETE NORTE |
---|
Resultados xornada 24
Lago DVSport | 4-5 | Colegio Liceo |
5 Coruña B | 2-7 | Casás |
Noia | 10-1 | Begonte |
Betanzos | 8-3 | Parrulo B |
Meigallos | 1-4 | Hércules |
Fisober | 5-0 | Compañía María |
D | Narón |
Próxima xornada
Lago DVSport | - | Compañía María |
Colegio Liceo | - | 5 Coruña B |
Casás | - | Narón |
Begonte | - | Betanzos |
Parrulo B | - | Meigallos |
Hércules | - | Fisober |
D | Noia |
Copa Feminina
Dobre partido esta fin de semana na feminina. O Castro empatou co Amarelle, no duelo que correspondía mentres o Burela caeu co mesmo equipo en partido adiado da sesión anterior.
As chairegas non logran co resultado de empate acceder ao liderado, que manteñen as coruñesas ferreamente amarrado.
O Castro foi por diante na primeira parte do partido pero trala pausa e o empate foron as de Coruña as que tiveron a vantaxe. Finalmente o lugués logrou o empate.
O Burela non tivo nada que facer co Amarelle, na disputa do partido adiado e caeu no Vista Alegre claramente ante o líder. Malia o resultado, as locais contiveron ao rival de forma clara dos único gol ata o intermedio. Foi a partir do minuto 43, cando o visitante asegurou a vitoria con tres tantos seguidos.
AMARELLE 3 - 3 CASTRO
FSF Castro Carnemax: María, Mara (1), Antía, Irene (2), Mencía, Aroa, Marta, Carla, Emma, Lucía e Zoe.
Cancha: Sagrada Familia.
BURELA 0 - 5 AMARELLE
Viaxes Amarelle FS: Lucía, Antía, Sofía C, Sara (2), Sofía R (2), Claudia (1) e, Irene.
Cancha: Vista Alegre.
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE |
---|
Resultados xornada 5
Amarelle | 3-3 | Castro |
Burela | 0-5 | Amarelle |
Próxima xornada
Castro | - | Burela |
D | Amarelle |