Os tres puntos na xornada masculina foron para o Casás, que venceu ao Lago

O Begonte caeu ante un equipo da zona media da táboa e o Meigallos cun dos que pelexa polo ascenso

O Casás fixo valer a súa posición de privilexio na táboa, na que é cuarto para levarse a vitoria esta fin de semana ante o Lago, situado xusto por abaixo.

Competiron ao máis alto nivel os cadetes de Nino, que non tiveron rival. Malia o resultado o partido empezou mal para o equipo, xa que foi o visitante o que abriu a conta e estivo por diante na primeira parte. Xusto antes do intermedio deron a volta ao marcador para poñerse por diante e xa non houbo marcha atrás.

Consulta aquí a clasificación

O Begonte caeu co Narón por 1-5. Foi moito mellor na primeira parte xa que marcou primeiro o equipo chairego e suxeitou o resultado ata case o intermedio, cando empatou o visitante. Xa na segunda parte o Narón colleu vantaxe e nos últimos minutos avultaron o marcador.

O Meigallos tampouco puido levantar a súa posición e caeu co Fisober, un dos equipos que pelexa polo ascenso, por 3-1. Marcaron posición os locais xa nos primeiros minutos xa que antes dos dez de partido xa estaban 2 goles arriba. Antes do intermedio marcaron de novo e xa só quedou o gol dos sarriaos, mediada a segunda parte.

CASÁS 6 - 3 LAGO

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo (3), Héctor (1), Manuel (1), Pablo Carballo, Jorge, Cabaleiro e Marcos.
Los Tres Monos Lago DVSport: Anxo, Destaw (1), Alejandro, Sergio, Daniel (1), Xavi, Hugo (1 de penalti), Nicolás, Adrián e Diego.
Cancha: Casa do Deporte.

BEGONTE 1 - 5 NARÓN

Concello de Begonte FS: Brais, Antón M (1), Álvaro, Antón L, Xabier e Sául.
Cidade de Narón: Iván, Diego (1), Íker, Nicolás (1), Edgar (1), Santiago, Gabriel e Matías (2).
Cancha: Municipal de Baamonde.

FISOBER 3 - 1 MEIGALLOS

Fisober FSF: David, Juan, Pablo, Iago L, Iago I (1), Xavier, Javier (2), Adrián e Pablo.
Os Meigallos FS: Álex, Rubén, Jesús, Alonso (1), Romás, Julio, Milin e Nicolás.
Cancha: O Conco.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 23

Compañía María 2-3 Colegio Liceo
Casás 6-3 Lago DVSport
Begonte 1-5 Narón
Parrulo B 3-5 Noia
Hércules 2-4 Betanzos
Fisober 3-1 Meigallos
  D 5 Coruña B

Próxima xornada

Lago DVSport - Colegio Liceo
5 Coruña B - Casás
Noia - Begonte
Betanzos - Parrulo B
Meigallos - Hércules
Fisober - Compañía María
  D Narón

                         

Copa Feminina

O partido previsto do Burela co Amarelle foi aprazado para o venres seguinte.

Consulta aquí a clasificación

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE

              Resultados xornada 4

Burela A Amarelle
  D Castro

 Próxima xornada

Amarelle - Castro
  D Burela