O Casás perdeu a oportunidade de poñese segundo mentres o Meigallos vence ao Betanzos

Aprazouse o duelo do Begonte masculino e o derbi feminino entre o Burela e o Castro

O Casás tivo esta fin de semana a oportunidade de poñerse segundo aproveitando o empate do Fisober pero caeu a domicilio contra a Compañía de María.

O cadete regalou a primeira parte xa que non deu entrado no partido e tres erros individuais acabaron con tres goles en contra. Na segunda conseguiron igualarse e ademais dispuxeron de dúas oportunidades claras para poñerse por diante pero ao final foi o local o que marcou os dous goles que lle deron a vitoria nos últimos intres.

Consulta aquí a clasificación

A vitoria da xornada foi para o Meigallos, que derrotou pola mínima diferenza ao Betanzos, co que comparte o fondo da táboa.

Partido que tivo unha parte para cada equipo, na primeira foron superiores os sarriaos e marcharon ao descanso cun 2-0 que puido ser maior vantaxe por varias xogadas claras que non aproveitaron incluíndo dous tiros ao pau. O rival tivo tamén algunha ocasión nas contras.

Na segumda parte eles apertaron máis pero ao Meigallos xa se lles empezaba a acabar a gasolina polo que o Betanzos logrou recortar nunha xogada a balón parado. Tiveron outras ocasións pero Álex fixo un moi bo partido baixo paus. Vitoria do Meigallos na que sufriron pero que lles dá forza para loitar pola permanencia.

COMPAÑÍA DE MARÍA 5 - 3 CASÁS

CD Compañía de María: Pedro, Marcos, Lucas (1), José (1), Mateo, Iago (2), Manuel, Hugo (1), Diego e Jorge.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Hugo (1), Pablo, Héctor (2), Manuel, Xurxo, Jorge, Unay e Francisco.
Cancha: Compañía de María.

MEIGALLOS 2 - 1 BETANZOS

Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Xoel (2), Tomás, Íker, Rubén e Alonso.
Troula Betanzos: Álvaro, Yago, Pablo C, Simón, Andrés, Miguel, Javier, Pablo G, Jaime (1) e Martín.
Cancha: O Chanto.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 21

Compañía María 5-3 Casás
Begonte A Lago DVSport
Parrulo B S 5 Coruña B
Hércules 2-7 Narón
Fisober 6-6 Noia
Meigallos 2-1 Betanzos
  D Colegio Liceo

               Próxima xornada 

Colegio Liceo - Casás
5 Coruña B - Begonte
Narón - Parrulo B
Noia - Hércules
Betanzos - Fisober
Meigallos - Compañía María
  D Lago DVSport

        

Copa Feminina

Non houbo competición de Copa esta fin de semana xa que o Burela e o Castro aprazaron o seu derbi no Vista Alegre para o venres 17.

Consulta aquí a clasificación

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE

              Resultados xornada 3

Burela A Castro
  D Amarelle

 Próxima xornada

Burela - Amarelle
  D Castro